-Qué destacaría das festas das Dores deste ano?

Penso que o principal destas festas é que son inclusivas. Dende o primeiro momento tivemos claro que tiñan que ser unhas festas para todo tipo de público, que ninguén se sentira excluído.

- Na oferta que propoñen, considera que foron quen de pechar unha programación para todos os públicos?

Sin lugar a dúbidas tratamos de facer un programa moi variado. Temos algo para todos os gustos. Dende rock ata folk, pasando por bandas de música e unha gran variedade de orquestras.

- Houbo algo que tiveran en mente nun principio e que finalmente non se puido levar a cabo?

Moitas cousas pero se tivera que destacar algo, é que queríamos facer un concerto con algunha banda ou grupo punteiro da actualidade, pero finalmente non nos alcanzaba o presuposto. Non é doado a día de hoxe facerse cos servizos de agrupacións de alto caché. Con todo, pensamos que as actuacións que se levarán a cabo cumplirán con creces as expectativas, tanto as nosas como as de todos os veciños e visitantes.

- Qué tal foi a aportación e compromiso/colaboraciónveciñal cos festexos? Quedan cubertaseconómicamente as Dores 2019?

Para o pouco tempo que tivemos, tendo en conta que ao petitorio somentes se lle adicou un mes, polo que non se pudo ir por todos os sitios, estamos moi satisfeitos. Sen dúbida os veciños portáronse moi ben. Ata hai xente que nos chama para que vaiamos cobrarlle a cuota. Eu penso que mais cedo que tarde conseguiremos cubrir o que tiñamos previsto

- Entón, quere dicir que a xente ainda pode seguir facendo aportacións nestes días?

Dende logo que si, tanto no número de conta como a través dos membros da comisión.

- Cales foron as principais dificultades coas que se atoparon durante estas últimas semanas?

A maior dificuldade foi a falta de tempo e non dar feito todo o que queríamos. A decisión mais dolorosa foi ter que vender as barras, pero se non non dábamos chegado ao orzamento que tiñamos previsto. Sei que haberá xente que non comparta esta decisión, pero ten que quedar claro que nos, todo o que fixemos, foi en beneficio de todo o pobo, nunca miramos polos intereses de ninguén máis que polos de outro. Queremos as mellores festas para todos.

- Qué mensaxe ten para os veciños, veciñas, e visitantesque se acheguen durante estos días?

Que disfruten das festas todo o que poidan, tanto da música e das atraccións como das tendas, bares, restaurantes, locais e gastronomía do pobo, que en Lalin cómese moi ben. Xa o deberían de saber, e se non, é unha boa ocasión para comprobalo.

- Ainda estamos arrancando As Dores 2019, e seguro que aínda queda traballo por diante estos días, pero vese á fronte da comisión de 2020?

O primeiro ten que ser sair ben destas, e para o ano xa veremos.

Todos os membros da comisión pasamos dous meses moi estresantes, foi unha carreira contrarreloxo. Foron días de traballo ata altas horas da madrugada, perdemos de estar coas nosas familias e algún mesmo ata quedou sen vacacións para sacar adiante todo esto. Pero con todo, estaremos máis que recompensados co disfrute e agradecemento do pobo de Lalin, que as veces é crítico pero a hora da verdade non falla.

Somentes me queda darlles de novo as grazas a todos os veciños, veciñas e empresas de Lalin, que colaboraron dunha forma exemplar coa comisión, e por suposto, a todos os meus compañeiros da organización, foi un auténtico luxo traballar ao seu carón. Esta experiencia foi inolvidable.