Grúas Lalín está centrada na asistencia en viaxe 24 horas, traballando coas empresas e aseguradoras máis importantes do país, así como con varias internacionais.

En Grúas Lalín Deza dispoñen dunha ampla frota de vehículos ofertando servizos tales como asistencia na estrada para motos, coches e vehículos de pequenas dimensións; asistencia na estrada para furgonetas, autobuses, cabezas tractoras e vehículos de grandes dimensións; servizo de guindastres e autogrúas para rescate, asistencia de coches taller; góndolas para o traslado de maquinaria de obra, pas, tractores, rozadoras; aluguer de carretillas de brazo de ata 21 metros; guindastres con cesto para subir material a alturas; transporte de mercadorías especiais. Actualmente contan con máis de 40 vehículos e teñen presenza en tres das catro provincias galegas -Lalín, Silleda,San Cibrao das Viñas, Monterroso e Chantada-.

Contan con persoal altamente cualificado, condutores especializados en transportes especiais, e diferentes modelos de camións que se adaptan a cada carga, respectando en todo momento a normativa do Real Decreto 563-2017 sobre estiba e suxeición de cargas no transporte terrestre.