Sergio Ariel e Amor Herrera, integrantes de La Pequeña Gran Compañía foron os encargados de abrir a programación deste verán en Soutomaior. O Concello deseñou unha axenda na que teñen cabida todos os públicos e gusto. Así o ao longo de xullo e agosto ofreceranse dende sesión de cinema, a concertos con música en directo, espectáculos infantís e representacións teatrais, entre outros, todo elo ao aire libre. No caso de mal tempo e se o desenvolvemento da propia actividade o permite trasladaríase ao multiusos de Arcade o á Casa de Cultura de Soutomaior, avisándose con antelación. Para a segunda sesión de Soutonight haberá que esperar ao vindeiro venres 24, ás 22.30 horas no peirao de Arcade, actuará Terapia de Grupo e xa en agosto, o día 14, á mesma hora, en Talo Río, Pop Rock & Café con Leche. O gaiteiro Óscar Ibáñez pechará a programación de verán cun concerto o sábado 29.

Esta noite terá lugar a primeira proxección de cinema infantil. Será en Talo río, ás 22.30 horas, e poderá verse "Cómo entrenar a tu dragón". A programación para os máis pequenos da casa continúa en agosto con outra sesión de cine: "La gallina turuleta", o sábado 15, ás 22.30 horas en Romariz; en con dous musicais: A Casa do Terror a cargo de Xoán Curiel e A Banda do Verán, o sábado 1 e o sábado seguinte O Libro da Selva de Avento Producciones, ambos no peirao de Arcade ás 22.30 horas.

Tampouco faltará o teatro nin os títeres. O venres 31 de xullo representarase "¡Limpa-limpa!", ás 22.30 horas no peirao de Arcade, e o venres 7 de agosto os Romeiros do Caracol en Romaríz, ás 21.30 horas.

Deporte

O Concello de Soutomaior puxo en marcha novamente o programa Maís Kaiak que se desenvolve durante os meses de xullo e agosto na praia do peirao de Arcade e na zona recreativa de Comboa.

Ademais, o domingo 26 de xullo, dende ás 10.00 horas, celébrase un torneo de tenis e pádel e o 8 de agosto, a partir das 16.30 horas, Liga Nacional de Billarda no campo do Salgueirón.