O Concello de Nigrán promociona desde este verán o seu patrimonio histórico-artístico máis descoñecido a través do proxecto '7 miradas, 7 parroquias', un traballo divulgativo froito da investigación previa do historiador tudense Suso Vila e da restauradora nigranesa Celia Casás. O proxecto materialízase na dixitalización dun libro-guía, carteis con códigos QR en cada punto físico para chegar ao mesmo e folletos que sintetizan as particularidades de cada unha das sete parroquias de Nigrán, todo elo dispoñible en castelá, galego e inglés.

Tendo en conta que o municipio forma parte do Camiño Portugués pola Costa cada vez máis en auxe, a maioría dos detalles analizados concéntranse precisamente nos templos de Nigrán ao seren os máis descoñecidos, especialmente as súas tallas ou mesmo elementos da súa construción propios de diferentes períodos históricos. "Os mesmos veciños de Nigrán descoñecemos o valor da nosa arte sacra; coñecela, difundila e poñela en valor é o primeiro paso para protexela. A iniciativa xurdiu do meu propio descoñecemento ante todos eses elementos que levaba anos contemplando sen coñecer a súa orixe e o seu valor real", sinala o alcalde, Juan González.

Así, tras unha primeira fase de investigación e recadación de datos ao longo de meses nas sete parroquias por parte de Suso Vila e Celia Casás, procederon a elaborar o material divulgativo no que se destacan os elementos máis valiosos e descoñecidos de cada parroquia.

En Panxón, por exemplo, o coñecido como arco visigótico, que podería ser de época altomedieval, recentes estudos o rexuvenecen tres centurias e contradín a teoría xeral de que foi construído entre o S.V e o VII.E na Capela das Angustias destaca unha imaxe da Virxe das que pola súa data e forma encaixa dentro do arte medieval. Unha talla pétrea cuxas características sinalan que foi realizada no século XVI, o que nos indica que foi trasladada dende outra igrexa ou existía outra capela das Angustias anterior a actual do século XVIII.