Particulares da bisbarra con coñecementos de costura decidiron de maneira altruísta por a disposición do ben común as súas máquinas de coser para fabricar mascarillas, batas e outros materiais de protección, insuficientes durante parte desta crise sanitaria, para protexer ante posibles contaxios de Covid-19 aos profesionais que, neste estado de alarma, teñen que seguir traballando para que ningunha persoa quede desatendida; sen comida, medicamentos, auga quente, gasolina ou mesmo a súa atención médica.

Entre eles hai profesionais da costura, propietarios de mercerías, de tendas de roupa... que cos seus negocios pechados traballan de balde.

Un exemplo é o que se está dando no Condado e noutros concellos dos arredores como Mos, Redondela ou Gondomar, onde un grupo de cincuenta persoas cosen batas homologadas que entregan a área sanitaria de Vigo.

Explican que a Xunta paga o material e elas, altruistamente, poñen a man de obra. As teas córtanas nun local de Ponteareas.

A iniciativa xurdiu por mor da necesidade que tiñan nas residencias de anciáns de batas e máscaras.

Trátase dunha cadea humana de máis de trinta mulleres e dezasete homes que traballa na confección de batas para o persoal sanitario da área sanitaria de Vigo.

Unha modista con taller en Mondariz, Loli Barral, foi a encargada de cortar o patrón da primeira remesa de 60 batas, aínda que, por medo a contaxiar á súa nai, que padece pneumonía crónica, tivo que deixar de colaborar ao non poder desprazarse a Ponteareas. Aínda que non por iso deixou de axudar, pois agora cose máscaras gratuítas para todos os que o necesiten.

Tamén Nieves Comesaña, que rexenta unha mercería en Gondomar, decidiu facer mascarillas e distribuílas gratuitamente.

Tamén é o caso dunhas veciñas da parroquia porriñesa de Cans, da Asociación de Veciños O Castelo de Cans, que se organizaron para facer 30 traxes de protección, Equipos de Protección Individual (EPI) pensando en axudar a previr contaxios póndoos a disposición do persoal dos centros de saúde do Porriño e Ponteareas.

Pantallas de protección

Outro elemento importante para evitar a propagación do Covid-19 son as denominadas pantallas de protección. Son varias as firmas que se involucraron tamén na súa elaboración. É_o caso en Salvaterra de Miño da empresa Abril Publicidad que as fabricou e as reparte nos establecementos do municipio nos que os operarios están máis expostos. Tamén o Centro Galego de Robótica Educativa, situado na Cañiza, doou pantallas de protección homologadas ao Concello,fabricadas con impresoras 3D. Colaboran veciños e institucións da Cañiza como o colexio da localidade.

O comercio pide que non se caia na compra online

O comercio local, agás o ligado á alimentación e pouco máis, está pechados por obrigación, polo ben común e non por vontade propia. Por iso, o pequeno comercio pide á veciñanza que a pesar de que o tempo de confinamento se dilate non se caia na compra online, ou a lo menos, non na compra online compulsiva do que é prescindible. Moitos postos de traballo dependen de que cando as tendas volvan abrir vaiamos mercar a elas e non teñamos xa mercado roupa, tecnoloxía, mobles, xoguetes ou calquera outro útil a través da Rede.

Confección segura

As autoridades sanitarias advirten que non todas as mascarillas, confeccionadas a partir de diferentes materiais como tea, están homologadas se non pasaron control algún, quedando sen garantía a súa eficacia para evitar o paso de partículas virales a través delas. Debido a iso, non todas están recomendadas para o colectivo sanitario ou as persoas afectadas polo COVID-19.

Aínda que non existen estudos científicos específicos sobre a eficacia destas mascarillas fronte ao coronavirus, si que existen investigacións que valoraron a súa eficacia para limitar a difusión de virus. Inflúen factores como a porosidade ou impermeabilidade do material e o seu axuste á cara.