A crise do coronavirus non afecta a todas e todos por igual. Nos distintos municipios da bisbarra existen persoas maiores que viven soas, familias que co avance das semanas en estado de alarma ven como os seus xa escasos recursos económicos se esgotan, entre outras situacións particulares de vulnerabilidade, que fan aínda máis difícil a corentena decretada para evitar a expansión da Covid-19. Desde as distintas Administracións locais tómanse medidas para tratar de axudar á veciñanza e, ao mesmo tempo, frear os contaxios.

Nigrán

Para non deixar abandoadas ás persoas con máis dificultade, no municipio de Nigrán púxose en marcha un servizo de apoio ás familias en situación de especial vulnerabilidade ante o coronavirus. Intégrano voluntarios, Protección Civil e tamén os propios concelleiros do goberno local.

A súa labor comezou por contactar telefonicamente con todas as familias susceptibles de precisar axuda e, a continuación, iniciaron as entregas; alimentos e medicamentos.O número habilitado é o 986383930, operativo de 9. 00 a 14.00 horas.

O goberno de Nigrán habilitouse unha partida orzamentaria inicial de 10.000 euros destinada a toda continxencia que poida xurdir relacionada coa pandemia.

Salvaterra de Miño

O Concello de Salvaterra de Miño a través do departamento de Servizos Sociais e da súa alcaldesa, Marta Valcárcel, intensificou o contacto coa poboación máis vulnerable para que estas persoas estean o mellor atendidas posible nestes momentos de illamento.

Para atender ás máis de 60 persoas usuarias do seu servizo de axuda a domicilio, o Concello de Salvaterra coordinou coa empresa que sexan as propias auxiliares as que lle fagan a compra e lle acheguen os medicamentos que necesiten.

Por outro lado, o Concello contacta con todas as persoas que son usuarias de teleasistencia e están en listaxe de agarda no Servizo de Axuda no Fogar e que se atopen en situación de vulnerabilidade para porse a súa disposición.

Ponteareas

No Concello de Ponteareas, a Concellería de Mocidade e Voluntariado puxo en marcha un servizo especial ante a crise do Covid-19 para axudar ás persoas máis vulnerables, que durante o estado de alarma non poden saír do seu domicilio para cuestións de primeira necesidade.

Este servizo, que inclúe accións como a adquisición de produtos de alimentación, medicinas ou retirada de lixo das vivendas, está destinado a persoas de avanzada idade, familias monoparentais con dependentes a cargo ou persoas con mobilidade reducida ou patoloxías crónicas. O teléfono para solicitalo é o 687 764 516, de luns a venres, en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas. Nesta iniciativa involucrouse tamén, coordinada coa Oficina Municipal de Voluntariado, a asociación Ponte Solidario.

Por outra parte, a Concellería de Medioambiente de Ponteareas coordina coa empresa concesionaria de limpeza actuacións de desinfección diaria nas rúas e espazos públicos de Ponteareas, especialmente en zonas de supermercado, farmacias, panadarías e mercado municipal. Ademais, estanse pulverizando os colectores e procedendo ao lavado dos mesmos tanto no casco urbano como nas parroquias. Nos últimos días sumouse ás tarefas de desinfección diaria un tractor con atomizador, unha sulfatadora de grandes dimensións con capacidade para 1.500 litros, que foi facilitado desinteresadamente por adegas Martín Codax.

Ponteareas lembra tamén que están interrumpidos e suspendidos os prazos dos procedementos administrativos e de presentación de documentación así como os prazos de prescripción e caducidade. Igualmente decidiu suspender o cobro de taxas e impostos municipais. A medida do Concello e do Oral afecta, entre outros, ao recibo do lixo, imposto de vehículos, taxas da escola infantil, conservatorio e escola de música, mercado e terrazas. Analiza os casos nos que aplicará bonificacións e realizará un novo calendario de pagamentos.

Gondomar

Pola súa parte, o Concello de Gondomar tamén leva a cabo medidas de higienización e desinfección en todo o termo municipal. Organizou un dispositivo extraordinario para a desinfección de rúas, prazas, zonas contiguas a supermercados, farmacias, panaderías, centro de saúde, estación de autobuses, etc. Así mesmo a empresa concesionaria da recollida de lixo FCC, intensifica a limpeza dos contedores.

Gondomar tamén realiza desinfección de marquesiñas do transporte público, estación de autobuses, paradas de taxis, zonas verdes frecuentadas e utilizadas para o paseo de animais domésticos.

O operativo, supervisado polo goberno local, está integrado por operarios da empresa de limpeza FCC (que desinteresadamente achegan dous vehículos especializados en pulverización e desinfección de espazos públicos) e por operarios do propio Concello de Gondomar do departamento de Educación e do departamento de Vías e obras, que reforzan este dispositivo. O Concello contratou tamén dous vehículos co fin de poder incrementar o dispositivo que se repetirá coa periodicidade que aconsellen técnicos de saúde pública e ambientais.

A Guarda

O Concello da Guarda agradece a solidaridade das empresas do municipio que están colaborando na doazón de material para o seu uso na prevención contra o coronavirus por parte da Policía Local, GES, Servizos Sociais e o Servizo de Axuda no Fogar. Entre o material atópanse equipos de teleasistencia, mascarillas ou luvas de látex, material para facer fronte e previr o contaxio do persoal que presta nestes intres servizos públicos.

A Guarda, ao igual que moitos outros concellos, creou unha Comisión Municipal de Seguemento da evolución do COVID-19, e nos primeiros días do confinamento fixo unha chamada á poboación a quedar na casa logo de detectar as forzas de seguridade e o persoal municipal presenza nas rúas de persoas dos grupos de risco.

Asimesmo, o Concello da Guarda ten adoptado medidas en canto á limpeza de espazos públicos e municipais como a praza de abastos, as instalacións dapolicía local e do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES).

Redondela

O Concello de Redondela, ademais de medidas de desinfección e axuda á veciñanza, foi un dos primeiros da área de tomar medidas para retrasar o cobro dos impostos á cidadanía durante a crise do Covid-19. Reorganizou a cobranza de impostos e taxas. Entre as medidas adoptadas, atópase un aprazamento do período de pago do imposto de vehículos de tracción mecánica, cuxo cobro estaba previsto a partir do 6 de abril e queda prorrogado ata novo aviso. O atraso faise extensible a outros de carácter individual como a taxa municipal da escola de música, cuxos recibos non se pasarán ata que se restablezan as clases de maneira habitual. Ademais recalculará a taxa por ocupación da vía pública dos postos da feira tanto en Redondela como en Chapela, ambas as citas canceladas.

Arbo

Para garantir a atención as persoas de máis de 70 anos ou aos colectivos máis vulnerables, o Concello de Arbo págalle aos taxistas do municipio para que se encarguen de realizarlles a compra nos supermercados máis cercanos e nas farmacias do municipio e llos leven á casa.

Ademáis, Arbo adoptou como primeira medida axilizar o pago aos proveedores do Concello para que poidan manter a súa actividade empresarial.

Igualmente puxo en marcha medidas de desinfección das rúas, marquesiñas e praza de abastos e colocou desinfectante de mans na praza de abastos.

Mos

O Concello de Mos aplica medidas extraordinarias de desinfección das súas instalacións municipais. Tamén desde o Centro de Información á Muller (CIM) de Mos habilitou un móbil 24 horas para protexer ás mulleres vítimas de violencia de xénero durante o confinamento.

Mos aprazou o cobro de varios impostos e taxas municipais e para resolver dúbidas ofrece o enderezo electrónico: dudastributoscovid19@concellomos.es.

A maiores, a Concellería de Política Social de Mos creou a tarxeta monedeiro "Mos Axuda-producto fresco" para que 70 familias mosenses usuarias deste departamento poidan adquirir alimentos frescos de primeira necesidade como froitas, verduras, peixe, carne, embutidos€ etc. nos supermercados do municipio.

Entre as accións promovidas polo Concello de Mos para facer máis levadeiro o estado de alarma á veciñanza está a que implica á Policía Local de Mos que felicitará o aniversario aos nenos do municipio, menores de 10 anos, que cumpran anos durante o confinamento, previa solicitude das súas familias. Farao unha patrulla activando as sereas e luces do coche oficial ás oito da tarde.

Baiona

O Concello de Baiona puxo en marcha un grupo de voluntariado para traballar, coordinadamente co Concello, para axudar ás persoas que máis o necesiten nestas semanas de confinamento. A Concelleiría de Servizos Sociais de Baiona elaborou unha listaxe cos datos das persoas interesadas en unirse e que chamaron ao teléfono 986385926.

Por outra banda, o alcalde, Carlos Gómez Prado, anunció ayer a través de un bando anunciou o peche da porta do parking do Aral para limitar a entrada só aos que teñan chave. Os usuarios que non a teñan deben solicitala.

A Cañiza

O Concello da Cañiza creou unha comisión de seguemento ante a crise do Covid-19, operativa diariamente, para facer balance da progresión do virus na Cañiza e para informar e resolver as situación de emerxencia que se poidan suceder.

O concello activou un servizo de auxilio que contempla o suministro de alimentos, medicinas e produtos de primeira necesidade a persoas que estean en situación de risco.Habilitado no teléfono 605 255 026.

Ademais operarios municipais de obras e servizos lavan e desinfectan as beirarrúas e entradas dos locais comerciais que permanecen abertos do centro urbán.

Porriño

O Concello de O Porriño habilitou unha partida de 20.000 euros mediante crédito extraordinario para atender ás familias máis desfavorecidas e persoas con dificultades económicas para que poidan abastecerse de alimentos frescos e productos básicos.Complementa á axuda periódica que distribue o Banco de Alimentos "SOS Porriño". Máis información no teléfono 986 33 50 00 (extensión 6).

Ademais, Porriño está a levar a cabo labores de desinfección nas instalación municipais e puntos de maior afluencia de persoas.

Por outra banda, Porriño axiliza o pago de facturas a provedores por un importe de 400.000 euros, correspondientes a facturas del primer trimestre de este año, para inxectar liquidez na economía local, prácticamente paralizada por el actual estado de alarma.

Soutomaior

Persoas e establecementos de Soutomaior realizaron doazóns ao Concello ou aos centros de saúde, tanto alimentos como mascarillas e outro material de protección.

A través de Protección Civil lévanse a cabo actuacións de compra e servizo a domicilio a persoas maiores de medicinas e alimentos. Os teléfonos habilitados para que as persoas vulnerables o soliciten son: 626 47 73 55 e 652 49 32 68.

O Concello encargouse de fornecer de alimentos ás persoas máis necesitada.Tamén leva a cabo labores de desinfección en edificios do centro urbán de Arcade e Soutomaior, así como noutras zonas do rural coa colaboración de operarios municipais.

O Concello de Soutomaior tamén decidiu aprazar o cobro das taxas municipais e elaborar un novo calendario fiscal.

O Rosal

O Concello do Rosal reforzou os equipos de limpeza para levar a cabo diferentes accións de desinfección. Desinfecta as rúas de máis tránsito no núcleo urbán, así como as de aqueles barrios onde hai maior concorrencia e movemento de xente. Ademais fumiga as zonas estratéxicas como o centro de saúde e elementos sensibles, como poden ser bancos, pasamáns, papeleiras, etc€

Aos operarios con mochila de desinfección ou hidrolimpadoras súmase tamén un operativo de limpeza posto en marcha grazas a inestimable colaboración da Asociación de Adegas do Rosal. Así estanse a desinfectar diferentes rúas cun tractor con cisterna e unha mangueira de baldeo coa que se limpan rúas e zonas cunha solución de líquidos desinfectantes. Esta maquinaria é conducida por un operario das adegas, mentres que un operario municipal encárgase de manexar a mangueira e realizar as labores de desinfección.

Por outra banda, o Concello do Rosal pide colaboración vecinal para axudar ás persoas que se atopan nunha situación máis vulnerable neste escenario de alerta sanitaria. Para eses casos está habilitado o teléfono 986 62 50 00, en horario de 9.00 a 14.00 horas e de luns a venres.

O Rosal tamén aprobou un recoñecemento extraxudicial de crédito co que pagar coa maior axilidade facturas pendentes e paliar, na medida do posible, o efecto económico negativo que a alerta sanitaria está tendo en empresas e autónomos.

Tui

Para axudar ás persoas en situación de vulnerabilidade, maiores ou con algunha discapacidade o Concello de Tui facilita tres vías de contacto: O seu departamento de Servizos Sociais, a Policía Local ou Protección Civil para notificar as situacións particulares de necesidade.

A praza de abastos de Tui tamén é das que ofrece servizo de encarga por teléfono. Algúns dos postos tamén ofrecen reparto a domicilio. Cando as persoas acudan a realizar a compra deben manter a distancia social de seguridade e empregar luvas para coller os produtos.

O Concello de Tui procede diariamente á desinfección de contedores e dos accesos a edificios públicos coma a casa do concello, a policía local, ou o centro de saúde, así coma as entradas ás farmacias.

Por outra banda, o concello tudense recibiu nos últimos días material de protección tanto das distintas administración coma de persoas voluntarias e empresas, que logo se distribúe entre os propios servizos municipais, centro de saúde, residencias de maiores, farmacias ou supermercado.

Salceda de Caselas

Ante a crise do Covid-19, o Concello de Salceda foi dos primeiros da área en tomar decisións como a propia creación do comité de seguemento ou a realización de xuntanzas de coordinación coas forzas de seguridade. A coordinación coa garda civil está a ser tamén fundamental no seguemento do cumprimento das normas do estado de alarma que salvo excepcións, que xa teñen sido postas en coñecemento das autoridades, se está a respetar pola maioría da poboación de Salceda.

Tanto os servizos sanitarios como a propia alcaldesa, Loli Castiñeira, están en contacto coas dúas residencias de maiores existentes no municipio.

O Concelllo de Salceda de Caselas mantén aberta a súa praza de abastos para abastecer produtos de primeira necesidade .

Asimesmo o Concello realiza traballos de limpeza e desinfección nos lugares de máis afluencia de persoas ao seguir abertos para cubrir as necesidades básicas, para unha maior seguridade.

Salceda mantén a atención telefónica ou a través da sede electrónica e eliminou a denominada "zona azul" para aparcamento durante o estado de alarma.

A recomendación do Concello ao tecido industrial e comercial de Salceda que teñan permitida a apertura é que aplique as medidas de responsabilidade e contención social.

Tomiño

O Concello de Tomiño desinfecta as zonas rurais ademais dos núcleos urbanos . Nas tarefas de limpeza participan tanto a empresa concesionaria do servizo como operarios municipais e varias empresas que voluntariamente puxeron a disposición tractores e outras medios axeitados para desinfectar tanto zonas de afluencia de persoas como tendas ou estancos como contenedores de lixo.

Tomiño mantén abertas ao público as instalacións de Benestar Social a través do teléfono 986623211, cunha actividade de gran intensidade (de luns a venres, de 9 a 14 horas) co fin de poder atender ás persoas usuarias deste servizo, a través dos seus programas. A situación socio sanitaria a causa da crise do coronavirus requeriu que o Concello entregase axudas extraordinarias a familias en risco de exclusión social.

Igualmente, para axudar á veciñanza nesta situación de dificultades económicas, o Concello de Tomiño suspendeu o cobro de todos os impostos e taxas do Concello como mínimo ata o 30 de abril.

Por outra parte, os mercados municipais de Goián e Tomiño puxeron en funcionamento o servizo de pre-encarga que permite chamar para encargar a compra e pasar a recollela cando estea preparada.

Covelo

O Concello de Covelo emitiu un bando para informar á súa veciñanza do número de casos infectados por coronavirus no municipio e as medidas que está a tomar para evitar contaxios. As persoas contaxiadas están ailladas nos seus domicilios e contan con colectores de lixo individualizados, ademais de recibir a domicilio os alimentos e medicamentos.

Os servizos da Xunta realizan dúas veces a semana labores de desinfección no entorno da residencia de maiores e no centro médico. Pola súa banda, o Concello de Covelo encárgase de desinfectar os lugares máis utilizados como farmacia, o supermercado, a entidade bancaria, a casa do concello ou a praza central.

O Concello está a recibir, a través da Xunta e doutras canles, material de seguridade para o persoal de Protección Civil, Axuda no Fogar, o servizo de recollida de lixo, o abastecemento de auga ou de desinfección de rúas e colectores. Utilizarán mascarillas, lentes, luvas ou monos.

O grupo de Protección Civil encárgase de atender no domicilio a todas as persoas vulnerables e que non poden desprazarse a adquirir alimentos ou medicamentos.

Cerdedo-Cotobade

O Concello de Cerdedo-Cotobade puxo en marcha durante o estado de alarma e con motivo da suspensión da actividae educativo un servizo de axuda coas tarefas escolares en colaboración cos centros de ensino e as Anpas da localidade. Con el persegue axudar ás familias da localidade que non dispoñan de wifi, impresora ou outros equipos informáticos. O teléfono habilitado para estes casos é o 986760001.

Por outra banda, Cerdedo-Cotobade restrinxiu a súa atención ao público para frear a expansión do coronavirus e emitiu á veciñanza recomendacións sobre como depositar os residuos nos colectores para evitar contaxios; tales como non tocar directamente coas mans as tapas dos colectores ou lavar as mans axeitadamente despois de ir tirar o lixo. Igualmente, suspendeu o servizo de recollida de voluminosos e o punto limpo e lembra a prohibición de deixar enseres tirados no chan.

Non obstante, o Concello leva a cabo tarefas de desinfección, tamén dos colectores e as súas inmediacións.

Claves

A domicilio Os concellos, como administracións locais máis próximas á veciñanza, puxeron en marcha operativos, en moitos casos, coa axuda de voluntarios, para atender as necesidades básicas (alimentos, medicamentos...) das persoas maiores e máis vulnerables e levarlle o que necesitan aos seus domicilios.

Desinfección Os servizos de limpeza municipal inclúen a desifencción das zonas de máis confluencia de persoas como as prazas de abastos, a entrada de supermercados ou farmacias, así como de outras instalacións públicas, así como os contenedores de lixo.

Suspensión de impostos Moitos concellos decidiron pospor a cobranza de varias taxas ou impostos municipais como medida de apoio á veciñanza con dificultades económicas xeralizadas.

Outras accións Algúns concellos habilitan teléfono de atención psicolóxica, outros crean tarxetas monedeiro para mercar productos frescos e outros sorprenden polo aniversario á cativada.