CEIP Pintor Laxeiro » Debuxo 1º e 2º EP
Sen peregrinos non hai Camiño!
» Unha homenaxe aos que fan camiño feita por Clara Rey-Cabarco

A obra «De viaje a Santiago», de Clara Rey-Cabarcos. / A.Villar
No ano 2024, segundo a Oficina de Acollida do Peregrino de Compostela, recorreron o Camiño case medio millón de persoas. Concretamente, 499.928, un 12% máis que o ano anterior. O 44% eran españois e o resto, estranxeiros, o que demostra o gran poder de atracción que exerce a ruta máis aló das nosas fronteiras.
Este ano, aínda que falta moito para rematalo, xa fixeron o Camiño 36.921 persoas; unha cifra algo inferior que no 2024, pero tendo en conta o mal tempo que pasamos nesta entrada de ano. Ademais, a ruta máis escollida está sendo o Camiño Francés, o favorito tódolos anos, seguido do Camiño Portugués.
Está claro que sen os peregrinos o Camiño de Santiago non sería o mesmo e Clara Rey-Cabarcos, alumna da clase de 1ºB de EP do CPR Pintor Laxeiro, quixo renderlles homenaxe no seu debuxo.
Na súa peza premiada na categoría de 1º e 2º EP, «De viaje a Santiago», a nena reflictiu o camiñar de dous peregrinos e as súas inconfundibles mochilas, onde levan todo o necesario para aguantar centos de kilómetros de travesía ata Compostela. Tampouco faltan outros símbolos típicos, como o poste que sinala a dirección e un montonciño de pedras enriba del. Segundo di a tradición, estas colócanse para indicar aos que veñen detrás que ese é o camiño correcto a seguir.

Debuxo vencedor. / PI
«O Camiño de Santiago forma parte da nosa cultura e patrimonio e con este concurso achegáronse a coñecer un pouco a súa historia», recoñece a titora de Clara, Rosario de Fátima Álvarez Villalaín.
A pesar da súa curta idade (non teñen máis de sete anos), os alumnos de 1º de EP do Pintor Laxeiro acolleron o concurso Escola en Camiño con «moito entusiasmo», participando «case toda a clase».
A súa idade tampouco lles impediu aprender a facer unha «boa presentación e expresar o significado do Camiño a través dos seus debuxos», tal e como nos conta a sú atitora e como podemos comprobar a través do debuxo de Clara. O elemento principal da súa peza son os dous peregrinos, pero a imaxinación desta cativa completou a escea pouco a pouco coas árbores e coa estrada sobre a que camiñan.
- Consiguen detener al conductor de un camión que circulaba sin control por la A-55 debido a una crisis diabética
- Un hombre afronta una multa de 225.000 euros por pilotar ilegalmente un dron desde el Castro de Vigo
- Le imponen 5.500 euros por dejar el coche «aparcado» en un taller de Vigo durante seis meses
- María José Crispín, doctora experta en nutrición: «Ya no se recomienda hacer cinco comidas al día»
- Melody pone en jaque su participación en Eurovisión: «No voy a ir a Basilea, es el momento de decirlo»
- El pueblo donde mejor se come de Galicia: un tesoro 'infravalorado' en plena Ribeira Sacra
- Hallan semen de tres varones distintos en el caso de la violación de San Campio
- Padín forzó al «Pitanxo» a la zozobra final con el buque ya escorado y con sobrepeso