Cee Saladino Cortizo » Premio Educación Especial

Navegando da sorpresa á ilusión

» Jonathan Ferreira ilustra un xeito curioso de facer o Camiño: en barco!

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez; e o director comercial de Prensa Ibérica Galicia, Pedro Costa, entregan o galardón a Jonathan Ferreira, alumno do CEE Saladino Cortizo.

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez; e o director comercial de Prensa Ibérica Galicia, Pedro Costa, entregan o galardón a Jonathan Ferreira, alumno do CEE Saladino Cortizo. / A.Villar

Vigo

«Falaramos algunha vez do Camiño de Santiago na aula, posto que un dos chicos realizouno en dúas ocasións coa asúa familia, pero nunca profundizaramos nos detalles», expresa Andrea, a titora de Jonathan Ferreira, alumno do CEE Saladino Cortizo e gañador na categoría de Educación Especial da presente edición de Escola en Camiño. 

Por este motivo, cando Andrea presentou o concurso na aula, a primeira reacción foi «sorpresa e desconcerto», pero «deseguido se interesaron pola temática e todo se converteu nunha nova aprendizaxe e descubremento con moita alegría e satisfacción».

Así, os estudantes do CEE Saladino Cortizo puxéronse mans á obra xunto a súa titora e aprenderon sobre a historia e a cultura de Galicia, as súas paisaxes e mesmo sobre xeografía, explorando o Camiño Portugués e Francés. « Primeiro visionamos un vídeo sobre a historia do Camiño, os seus diversos recorridos e as formas de realizarlo e despois fixemos unha posta en común sobre o tema», explica Andrea.

«Camibarco», debuxo gañador da categoría de Educación Especial.

«Camibarco», debuxo gañador da categoría de Educación Especial. / PI

Nesa conversa xurdiron múltiples dúbidas, o que motivou unha profunda labor de investigación para atopar respostas. O que máis lle chamou atención a todos foron as diferentes formas de facer o Camiño. A máis coñecida é a pé, pero existen modalidades de peregrinaxe a cabalo, en bicicleta... e ata en barco! O alumno Jonathan Ferreira non dubidou en realizar a súa peza para o concurso baseándose nesa curiosa forma de emprender o Camiño. O seu debuxo, titulado «Camibarco», mostra a un grupo de tres peregrinos a bordo dunha especie de catamarán, surcando o mar en dirección Compostela. 

Existen diversas empresas adicadas a organizar estas travesías marítimas, que parecen gañar cada vez máis adeptos. Para conseguir a Compostela deste xeito hai que recorrer un mínimo de 100 millas náuticas. As credencias consíguense nos diversos portos da rede Northmarinas.

A mestra Andrea asegura que é o Camiño é «historia e cultura de Galicia» e por iso é importante que os estudantes aprendan máis sobre el e todo o que arrodea esta tradición.

Tracking Pixel Contents