Compañía de María de Cangas » Debuxo 1º e 2º EP

Creatividade, contorna e cultura propia

» Dúas alumnas do centro foron premiadas pola súa interpretación orixinal e única dos símbolos do Camiño

As estudantes de 2º de EP do Compañía de María recollen o premio por «Camiño dos desexos» e «Vieira andante».

As estudantes de 2º de EP do Compañía de María recollen o premio por «Camiño dos desexos» e «Vieira andante». / A.Villar

O colexio Compañía de María de Cangas foi gañador por partida dobre nesta cuarta edición de Escola en Camiño. Na categoría de 1º e 2º de EP, destacaron os traballos das alumnas Candela Gómez e Elisa López, das clases A e B de segundo de Primaria. 

«A iniciativa foi acollida con ganas polos nenos. Son cursos os que lles gusta moito debuxar. Ademais, o tema encantoulles, pois está relacionado coa parte cultural da nosa terra», explícannos as súas titoras, Davinia Fernández Rodríguez (2ºA) e Ana Dolores Pérez Vázquez (2ºB). 

Ambas mestras pensan que é importante que os cativos entendan que o Camiño «non é só unha ruta, senón unha experiencia que conecta persoas de diferentes lugares, linguas e culturas» e cren que, ao coñecelo, «tamén se senten máis conectados coa súa terra, co seu patrimonio, e valoran a riqueza que temos ao noso redor».

As estudantes de 2º de EP do Compañía de María recollen o premio por «Camiño dos desexos» e «Vieira andante».

As estudantes de 2º de EP do Compañía de María recollen o premio por «Camiño dos desexos» e «Vieira andante». / PI

Tanto o debuxo de Elisa, no que se atreve a empregar un bolígrafo 3D para outorgarlle relieve e textura á obra, coma o de Candela, onde vemos unhas esponxosas nubes feitas con algodón e mesmo unha cunha de verdade, son unha boa mostra da «mirada curiosa e creativa» que ten a rapazada.

Grazas ao concurso, moitos ampliaron os seus coñecementos sobre a ruta xacobea e algún escoitou por primeira vez que era iso da peregrinación a Compostela. «Ademais, esta actividade favoreceu o traballo en grupo, o respecto polas ideas dos demais e a expresión das emocións», contan Davidia e Ana.

Tracking Pixel Contents