CEP Altamira » Premio Especial Camiño Lúdico

Aprender xogando, o mellor método de todos!

«A participación e axuda das familias foi fundamental»

Ainara Gándara recolle o premio especial «Camiño Lúdico».

Ainara Gándara recolle o premio especial «Camiño Lúdico». / A. Villar

O CEP Altamira de Salceda de Caselas foi premiado por partida dobre: a clase de 2ºB logrou o Premio Especial Camiño Lúdico cun divertido debuxo que asemella un taboleiro do Xogo da Oca, pero con elementos do Camiño de Santiago. 

María Cid Novoa, titora da clase premiada, afirma que «o coñecemento do Camiño de Santiago é importante dende o momento no que somos galegos, formando parte da nosa contorna e da nosa historia, da nosa cultura». Ademais, a mestra recoñece que «moitas veces centrámonos en traballar contidos na aula moi afastados do alumnado, sen percatarnos do relevante que é o que nos rodea e o que nos identifica». A participación e axuda das familias tamén foi «un factor fundamental para poder complementar o traballo da aula».

Traballo vencedor.

Traballo vencedor. / PI

Con todo, a acollida por parte dos estudantes foi «moi positiva». Como a meirande parte deles xa coñecían a información relacionada co Camiño«polo traballo realizado anos pasados por mor do Ano Xacobeo así como o traballo a nivel centro», á hora de afrontar o concurso, primouse a parte lúdica do proceso. 

«A elaboración do produto final iniciouse dende un punto de vista motivador, invitando ao alumnado a plasmar nun debuxo as cousas máis básicas que soupesen, e complementando todo elo co traballo realizado a través dos elementos transversais, proxecto competencial, ciencias naturais e sociais…Ì, relata María Cid, «o obxectivo era facer de guías na súa creación correlacionando este traballo con contidos traballados na aula e dotalos, deste xeito, de significatividade».

Tracking Pixel Contents