IES Ribeira do Louro » Debuxo 1º e 2º ESO
Anime e tradición danse a man no Obradoiro
Carla San Andrés fusiona o Camiño coa cultura manga

Carla San Andrés, alumna de 2º da ESO no IES Ribeira do Louro, recolle o galardón. / Alba Villar
‘Chegada a Santiago’ é unha proposta do máis orixinal na que Carla Sanandrés, alumna de 2º da ESO no IES Ribeira do Louro, reinterpreta o momento da chegada dos peregrinos a Compostela con frescura, imaxinación e moita creatividade.
O debuxo amosa a Praza do Obradoiro como un espazo de encontro único, onde o tradicional dá paso á fusión coa cultura xuvenil contemporánea. Nesta escena, recoñecemos personaxes inspirados no anime, o popular estilo de animación xaponés caracterizado polos seus trazos expresivos, ollos grandes e cores intensas. Series como Dragon Ball, Naruto ou One Piece fixeron deste estilo un fenómeno global, moi presente na vida diaria da mocidade actual.

‘Chegada a Santiago’, debuxo de San Andrés. / FdV
Ao incorporar estes referentes á súa obra, Carla logra unir dúas realidades aparentemente afastadas: a tradición xacobea, símbolo de historia e espiritualidade, e o anime, expresión da cultura popular moderna. A súa praza do Obradoiro está chea de vida, onde peregrinos de mochila e bastón conviven cun personaxe de cabelos erguidos e expresións propias do manga, mentres outros capturan o momento co móbil ou consultan guías de viaxe ilustradas.
Non faltan os elementos icónicos do Camiño: a cuncha de vieira, os sendeiros marcados, as mochilas, e o propio espírito de chegada, que Carla recrea cunha ollada desenfadada, colorida e moi persoal.
Con ‘Chegada a Santiago’, Carla San Andrés ofrece unha mirada nova, chea de talento e sensibilidade, que conecta pasado e presente a través da linguaxe universal da arte.
- Muere Amaya, la mujer del ingeniero vigués que hace cuatro meses hizo un llamamiento desesperado para salvarle la vida
- Cortan 600 olivos plantados hace cinco años en dos fincas del Pazo de Cascaxide
- Pide ayuda para encontrar un sobre con dinero que perdió en Cambados
- Las gallinas de los corrales de 40 concellos de Galicia, confinadas para frenar la gripe aviar
- Cinco familias demandan por acoso escolar al Compañía de María de Cangas
- Condenados en Vigo por educar a su hijo en casa: «Es una desescolarización irresponsable»
- El vendaval bufa sobre Galicia con rachas de 160 km/h; ahora viene la lluvia
- Muere a los 44 años el hijo del armador argentino y cliente del naval vigués José Américo Moscuzza