Centros educativos de primaria e secundaria de toda a provincia peregrinaron dende os seus pupitres a través da historia e o patrimonio do país. Paso a paso, pedra a pedra, conformaron o seu propio “bó Camiño”, demostrando que a creatividade ten canteira.
A II Edición de Escola en Camiño, organizada por FARO DE VIGO, pon en marcha de novo este singular proxecto educativo que ten a ruta Xacobea no centro de acción. O Camiño de Santiago fala de arte, cultura, paisaxe, gastronomía, e tamén de valores coma o compañeirismo ou a superación dun mesmo. Que mellor forma de reivindicalo que a través dos ollos dos nosos escolares, para divulgar entre as xeracións máis novas a dimensión cultural, social, económica e humanística do Camiño de Santiago.
Os proxectos premiados de escola en camiño, elexidos entre máis de 1000 participantes
Durante o curso 2023/24, o xurado recibiu máis de mil traballos en diferentes formatos, todos da man de estudantes que, xunto aos seus profesores, tomaron diferentes direccións, tantas como Camiños levan a Compostela, para elaborar os proxectos que, por fin, teñen a súa recompensa.
Os gañadores
O xurado, composto por membros de FARO resolveu onte os vencedores, repartidos nas seguintes categorías: Debuxo, Literario, Audiovisual, e Reportaxe.
Os afortunados son:
PREMIOS AUDIOVISUAL:
COLEGIO VIGO. “Escola en Camiño” 2º ESO en colaboración con 1º BACH
CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios. Érika Rodríguez e Antía Sánchez, 3º ESO
CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios. Nayra de Miranda e Zoe Blas, 2º ESO
Colegio Monterrey. “En Camiño”. 2º ESO
CPR PLURILINGÜE PADRES SOMASCOS. O noso especial camino pola costa E. Especial
PREMIOS LITERARIOS:
CEIP CALDELAS DE TUI. Viaxe de Zoe e A Ruta de Sabela 5º E.P.
CPR SAGRADA FAMILIA – ALDÁN. 5º e 6º PRIMARIA. Pola producción literaria
CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios. 2º ESO. Polos seus poemas
CPR Plurilingüe Possumus. 3º ESO. Polos seus escritos
DEBUXO:
1º Y 2º E.P.:
SCIENTIA LALÍN. LEYRE REY VILARIÑO
CPR BARREIRO. GALA GONZÁLEZ
CEIP DE RUBIANS. SILVIA IOANA VARELA
3º Y 4º E.P.:
COLEXIO ÁNGEL DE LA GUARDA. Carlos Prado
SEI SAN NARCISO. Ayril González
CEIP CARLOS CASARES. Lucas Pérez Ramilo
5º Y 6º E.P.:
CPR SAN FERNANDO. Adriana Liboreiro
CPR SAGRADO CORAZÓN DE JESÚS DE PONTEVEDRA. Valeria García
CPR SAGRADO CORAZÓN DE JESÚS DE PONTEVEDRA. Laura Bello
1º Y 2º ESO:
IES VALADARES. Sandra Alonso e Isabella Martínez
COLEGIO VIGO. Diego Fernández Bugía
IES BEADE. Ángela de la Torre Barreiro
3º Y 4º ESO:
CPR PADRE MÍGUEZ. María Pilar Viñas e Cristina López Ramírez
IES CHAPELA. Irene Signo
CPI PLURILINGÜE ALFONSO VII. Paula Gómez Trigo
ESPECIAIS
CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios. Haikus do Camiño de Santiago. 2º ESO
CEIP DE SEIXO. Pola serie de comics
SCIENTIA – LALÍN. Xeila Taboada. Infografía
CEIP JOSEFA ALONSO – André Alonso. Infografía
CPR MONTERREY – Noa Nogueira. Infografía
IES ESCOLAS PROVAL. Isis Acea. Premio especial á creatividade
E claro, se temos gañadores ben seguro haberá entrega de premios! Pero como o curso xa rematou, esta se celebrará nunha gala na volta ás clases, no ano escolar que entra a partires de setembro.
Agora comeza o verán, a mellor época para a peregrinaxe a Santiago. Facemos Camiño?