O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, felicitou este xoves en Vigo a todos os rapaces que participaron na iniciativa "Escola en Camiño", na que cerca de 500 nenos e nenas presentaron arredor dunha centena de traballos nos que puideron apoiarse na hemeroteca de FARO DE VIGO. O novo presidente do Executivo galego quiso agradecer a todos os participante a difusión los valores de respecto, convivencia e superación que inculcan as rutas xacobeas e por aprender da aventura que significa Camiñar a Galicia.

Durante o acto de entrega dos trinta premios 'Escola en Camiño' organizado por el Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña, Rueda aproveitou para animar a todos os rapaces a facer o Camiño de Santiago e seguir aprendendo: "Sodes o futuro de Galicia e tamén do Xacobeo porque construir Camiño é construir Galicia", dixo.

Nesta iniciativa educativa, os alumnos de ducias de centros galegos de Infantil, Primaria, Eso e Bacharelato compuxeron os seus propios traballos, todos eles dispoñibles na nosa web. Desde reportaxes a podcast, pasando por infografías, fotos, entrevistas e ata traballos de investigación. Casi unha vintena de colexios uníronse a esta iniciativa.

"Presumindo do Camiño e explicando o Camiño nos coñecen moito mellor por ahí fóra. Vos preguntades en cualquera parte do mundo polo Camiño de Santiago e casi todos saben que é e que acaba nun sitio que se chama Compostela, que está en Galicia e que é a súa capital", engadiu o presidente.

O presidente agradeceu aos mozos e mozas a sñua participació e loou o valor do traballo de todo o profesorado para sacar o mellor de iniciativas como esta.