A Bandeira celebra medio século de historia arredor da Empanada
Mañá será o día grande da cita gastronómica, Festa declarada de Interés Turístico Nacional

Presentación da L Festa da Empanada da Bandeira | AMANDA CASTRO / BERNABÉ
M. González
A Bandeira vive estes días unha edición moi especial da súa festa máis emblemática. A Festa da Empanada alcanza este 2026 a súa 50ª edición, medio século de historia no que esta celebración soubo converter unha tradición gastronómica nunha auténtica festa popular, capaz de reunir cada ano a milleiros de persoas arredor da gastronomía, a música e a cultura galega.

Mañá será o día grande da celebración. | ÁNGEL ABELEDO / BERNABÉ
Declarada Festa de Interese Turístico Nacional, a celebración esténdese do 20 ao 23 de agosto e presenta un amplo programa pensado para todas as idades.
O Bandeirock, celebrado onte na Carballeira da Pomba, foi o encargado de abrir a programación musical cunha noite dedicada ao rock e á escena galega. A festa continúa hoxe cunha xornada marcada pola tradición e a música folk. Desde as 17.00 horas haberá xogos tradicionais con Sororas, seguidos do XIII Campionato de Tiro á Corda. Ás 20.30 horas chegará un dos grandes momentos da xornada coa XXXVI Esmorga Folk, que reunirá na Carballeira da Pomba a Cantos da Terra, Banda da Loba, De Vacas, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, LAW, Mediarea e As Estraloqueiras.
A programación alcanzará o seu momento culminante mañá sábado, coa celebración da L Festa da Empanada. A xornada comezará ás 12.00 horas coa misa e procesión, seguida do concerto da Banda de Veteranos da Bandeira. Xa pola tarde, ás 16.00 horas, terá lugar a entrega das empanadas participantes no concurso e, ás 18.00 horas, a gran festa, presentada por Cristina Collazo e Josito Porto. O coñecido actor e humorista Carlos Blanco será o encargado do pregón desta edición tan simbólica, antes do tradicional concurso e da posterior subasta das empanadas.
A celebración continuará pola noite coa Cea de Peñas, amenizada por Leña Verde e Os Atrevidos, e unha gran verbena na Carballeira da Pomba con Olympus e París de Noia.
O domingo 23 poñerá o broche final con pasarrúas, bandas de música, concertos e fogos de artificio.
- Marruecos recupera el abastecimiento de almeja fina y se aprovecha de la crisis del sector marisquero gallego
- Raúl Pérez rescata de la ría de Arousa un albariño con más de 15 años de crianza bajo el mar
- Un motorista herido tras chocar contra un furgón de limpieza en Vigo
- Muere un hombre en un atropello en Cambados
- Povisa, 53 años después: del hospital de los médicos vigueses a la incertidumbre de Vivalto
- «Nuevo Zumaya», otro que marcha a Namibia: Galicia pierde cuatro veces la capacidad de la flota de Gran Sol con los éxodos a África
- El nuevo «Silicon Valley» gallego se estrena en Vigo
- EE UU aborda y destruye el atunero ecuatoriano «Montecristi» por su supuesta vinculación con el narcotráfico