Todo a punto en Cuntis para festexar as patronais
A programación inclúe actos relixiosos, bandas de música, actvidades deportivas e infantís, propostas culturais e grandes verbenas entre os días 15 e 18

Ambiente nunha das verbenas do ano pasado. | CONCELLO DE CUNTIS
Moncho González
Cuntis prepara unha intensa programación para celebrar as súas Festas Patronais, que se desenvolverán do 15 ao 18 de agosto cunha proposta pensada para diferentes públicos e idades. Durante catro xornadas, as rúas e prazas da localidade acollerán actos relixiosos, pasarrúas, concertos, actividades deportivas e culturais, propostas especialmente dirixidas ás familias e, por suposto, grandes noites de música e verbena.
O programa comezará o sábado 15 de agosto coa Banda de Música da Lama, encargada do pasarrúas das 10.30 horas. Ao mediodía terá lugar a misa solemne na honra de Santa María. A continuación celebrarase a procesión, acompañada do baile de cabezudos no adro da igrexa durante a recollida dos Santos, e posteriormente a banda ofrecerá un concerto na Praza das Árbores.
A tarde abrirase cunha das propostas destinadas ao público infantil: ás 18.00 horas, a Praza de Ferrol acollerá o espectáculo de maxia de Dani García. Ás 19.30 horas, o campo da Ran será escenario dun partido amistoso entre o Concello de Cuntis e o Atl. Cuntis-Praiña SPC. A música tradicional terá tamén o seu espazo ás 20.00 horas, coa actuación da Banda de Acordeóns da Agrupación Municipal de Música e Baile Tradicional de Cuntis e, a continuación, da Agrupación Municipal. A primeira gran noite festiva chegará ás 22.30 horas con Igloo, Artística 80 e Chocolate Disco Móbil.
O domingo 16 volverá ter como protagonista a música de banda, neste caso coa Banda de Música Municipal de Ribadumia. Ás 12.00 horas celebrarase a misa solemne na honra de San Roque, cantada pola coral Cantares das Burgas de Cuntis, seguida da procesión e do concerto na Praza das Árbores.
A programación familiar terá neste día unha das súas citas máis orixinais coa proposta «Entre Augas e Xogos», organizada pola ACX Río Gallo. A partir das 18.00 horas desenvolveranse xogos populares no casco histórico, inspirados no lecer das antigas termas romanas. Ás 19.30 horas, o escape room «O segredo das termas perdidas», con saída desde a Praza das Árbores, convidará os participantes a resolver enigmas e descubrir os misterios relacionados coas antigas termas.
Pola noite, a música tomará o relevo coa Orquestra Gran Parada, Kid Mount e XMasada65. Ademais, entre os días 15 e 18 poderá visitarse na rúa Colón a exposición fotográfica «Xóvenes Cuntienses no século XX», unha proposta que recupera imaxes e lembranzas da historia recente da localidade.
O luns 17 comezará coa Banda de Música Xuvenil de Barro, encargada do pasarrúas, seguida da misa solemne na honra da Nosa Señora do Carmen, cantada pola coral Santa Eulalia de Portela. A continuación celebraranse a procesión e o concerto da banda na Praza das Árbores.
A programación infantil continuará ás 17.00 horas coa Festa na Piscina, na Piscina Municipal con inchables, pista americana acuática, zona de salto, obstáculos e tobogán. A entrada será libre ata completar o aforo. Xa ás 20.00 horas, a sesión de Leite con Jalletas servirá como antesala da noite, que a partir das 22.30 horas contará con América de Vigo e Mega CDC Disco Móbil.
O martes 18 terá como protagonista matinal a Banda de Música Municipal de Caldas de Reis. Tras o pasarrúas celebrarase a misa solemne na honra de San Antón, cantada polo coro de San Mamede de Piñeiro, seguida da procesión e do concerto na Praza das Árbores.
A tarde estará dedicada á participación e á solidariedade coa proposta «Tarde solidaria». Desde as 18.00 horas desenvolverase o Circuito da Empatía, un obradoiro para achegarse á realidade das persoas con demencia; haberá tamén xogos tradicionais con Asanog e unha viaxe virtual á memoria mediante gafas de realidade virtual. Ás 20.30 horas, Priscilla Dance ofrecerá unha sesión de zumba para todos os públicos na Praza de Ferrol.
O peche chegará ás 22.30 horas coa verbena a cargo da Banda Gaudí e Orquestra Cinema.
- El convento de Vilavella vuelve a la vida: GBC Hoteles invierte casi 10 millones para convertir el edificio del siglo XVI en un complejo hotelero con spa
- Detenido un conductor de madrugada por saltar por las escaleras de Joaquín Loriga en una persecución policial
- Evacúan de madrugada a un vigués de un velero fondeado en Arneles en la ría de Aldán
- Volotea cancela la venta de 32 rutas para este invierno
- El germen de un icono futbolístico y urbanístico de Vigo
- Lalín dijo sí a sus dos primeras novias
- Evacuado un marinero por un accidente a bordo de un palangrero a 15 millas al oeste de las Cíes
- El calor se ceba con Cíes y Ons: cinco urgencias atendidas en menos de media hora en el Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia