O mellor escaparate para a cidade de Pontevedra
As Peregrinas converten a cidade nun gran escenario para gozar do verán

Charangas dinamizando as rúas. | GUSTAVO SANTOS
Moncho González
As festas da Peregrina converten durante once días a capital do Lérez nun espazo aberto á cultura, ao encontro e á convivencia, onde a programación festiva serve de punto de partida para descubrir unha cidade que leva anos consolidándose como un dos grandes destinos urbanos de Galicia.

Cabezudos percorrendo a Boa Vila. | GUSTAVO SANTOS
As rúas do centro histórico énchense de visitantes chegados de toda Galicia, do resto de España e do estranxeiro. Moitos escollen estas datas para regresar á cidade, outros aprovéitanas para coñecela por primeira vez e non son poucos os peregrinos do Camiño Portugués que prolongan a súa estancia para coincidir coa celebración. O resultado é unha cidade que vive practicamente as vinte e catro horas do día, cun ambiente que se estende moito máis alá dos escenarios e das actividades programadas.

Peregrinos chegando á cidade do Lérez. |
A hostalaría convértese nun dos grandes motores destes días. Restaurantes, cafeterías e terrazas viven unha das semanas de maior actividade do ano, cunha intensa afluencia de público desde primeira hora da mañá ata ben entrada a noite. A ocupación hoteleira aumenta considerablemente e numerosos visitantes optan por facer de Pontevedra o seu centro de operacións para descubrir tamén outros puntos das Rías Baixas, reforzando o papel da cidade como destino turístico de referencia durante o verán.
O comercio local tamén experimenta un importante impulso. As rúas comerciais rexistran un elevado tránsito de persoas, os escaparates convértense nun atractivo máis para quen pasea polo centro e moitos establecementos amplían os seus horarios para aproveitar o continuo movemento de veciños, veciñas e visitantes.
Pero se hai algo que distingue Pontevedra é que todo sucede a poucos minutos andando. A aposta polo modelo urbano peonil fai posible que visitantes e pontevedreses percorran con comodidade o centro histórico, pasando dun concerto na Praza de España a unha actuación na Ferraría, dunha exposición a unha terraza ou dun espectáculo infantil a unha visita ao Santuario da Virxe Peregrina. Esa proximidade contribúe a crear un ambiente difícil de atopar noutras cidades e converte a experiencia da festa nun auténtico paseo pola historia, pola cultura e pola gastronomía local.
Tradición e modernidade, patrimonio e música, cultura popular e grandes concertos, convien en armonía demostrando que é posible manter vivas as raíces sen renunciar a unha programación contemporánea e aberta a públicos moi diversos. Esa combinación explica que a celebración siga sendo unha das citas imprescindibles do calendario festivo galego.
Porque, ao final, a Peregrina transforma a Boa Vila nun lugar que durante once días se converte no mellor escaparate posible de todo o que Pontevedra ten para ofrecer.
- Piden el cese del jefe de gabinete del vicepresidente de la Diputación de Pontevedra y él alega que era un «trend» de TikTok
- Adiós al bosque que plantó y cuidó durante décadas Arturo, un vecino de As Lagoas: Adif taló la mayoría de los 50 ejemplares de árboles que era refugio climático y de aves
- El conductor de un vehículo persigue al de un autobús hasta la estación de Cangas y le rompe una puerta y el limpiaparabrisas
- La isla de Ons pierde parte de su luz: adiós a Áurea Reiriz Otero, farera, percebeira, cantadora y pandeireteira
- El IES que se quedó sin cafetería: «Sin poder vender bollería o refrescos, las cuentas no salen»
- Las zonas de bajas emisiones ya son una realidad en Vigo: así funciona la primera fase y vehículos afectados
- Fallece en Vigo Antón Pulido, referente del arte gallego, a los 81 años de edad
- Un coche impacta contra un céntrico supermercado de Vigo y hiere a una empleada