Vilanova de Arousa enche de plans o verán
O municipio ofrecerá ata mediados de septembro unha programación cultural que reúne concertos, gastronomía e actividades para todos os públicos

SENDA DO ARINO. / Turismo Vilanova de Arousa
En Vilanova de Arousa, o verán chega acompañado dunha ampla programación cultural que levará música, espectáculos, gastronomía e propostas familiares a diferentes espazos do municipio. As Sonatas de Verán prolongaranse ata o 16 de setembro con propostas para todas as idades.
Xa se celebraron as primeiras citas, como O Son de Vilanova Fest, o XV Encontro de Palilleiras, o concerto de Vilamariachi e a quinta edición do Festivalle. Nas últimas semanas tamén tiveron lugar o Encontro de Legionarios, o concerto de Antonio Barros, o XI Encontro de Vehículos Antigos Monte Lobeira e, o pasado sábado 18, a actuación de Pirata Cojo no Xardín Umbrío.
Unha programación para todos os gustos
A actividade continúa este sábado 25 de xullo coa celebración do Bivalbos Fest, que comezará no Terrón ás 23.00 horas. Ao día seguinte, o Xardín Umbrío acollerá a actuación de M80, prevista para as 21.00 horas.
Agosto arrancará o sábado día 1 co IV Certame de Boleros e Canción Mariñeira, ás 21.00 horas no Xardín Umbrío. O domingo 2, o mesmo espazo acollerá ás 22.00 horas o concerto de Chaladura Rock.
Un dos momentos centrais do verán chegará coa XXXII Festa Gastronómica do Mexillón e o Berberecho, declarada Festa de Interese Turístico Nacional. A carpa gastronómica permanecerá instalada na Praza do Castro do xoves 6 ao domingo 9 de agosto, de 12.30 a 16.00 e de 20.00 a 00.00 horas. Pola súa banda, a Feira de Oportunidades desenvolverase no Xardín Umbrío do venres 7 ao domingo 9, de 10.00 a 14.30 e de 16.30 a 23.00 horas.
A música acompañará toda a celebración. O venres 7 actuará a Orquestra Panorama no Parque do Cabo, ás 23.00 horas. O sábado 8, Take It Easy ofrecerá un concerto ás 13.30 horas no Xardín Umbrío e Treixadura subirá ao escenario da praza do Castro ás 22.00 horas. O domingo 9, a animación comezará ás 12.30 horas co pasarrúas de Mekánika Rolling Band. O pregón lerase ás 13.30 horas na praza do Castro e, pola noite, Roi Casal actuará ás 21.00 horas no Xardín Umbrío.
A segunda metade de agosto manterá a intensidade da programación. Añoranza actuará o sábado 15 ás 22.00 horas no Xardín Umbrío e, ao día seguinte, será a quenda de Luar na Lubre, ás 21.00 horas no mesmo escenario.
O sábado 22, Tolemia’s Consort trasladará a música á praza da Pastoriza, cunha actuación ás 21.00 horas. O domingo 23 chegará unha das propostas máis destacadas: Montserrat Martí Caballé presentará no Xardín Umbrío, ás 21.00 horas, a homenaxe musical «Querida Montserrat, Querido Luciano», dedicada á súa nai, a soprano Montserrat Caballé, e ao tenor italiano Luciano Pavarotti.
A recta final do mes estará protagonizada polo Festival Vilablues, que se celebrará o venres 28 e o sábado 29 de agosto con entrada gratuíta. O domingo 30, o Mago Teto levará a súa maxia ao Xardín Umbrío cun espectáculo ás 21.00 horas.
En setembro continuarán as actividades para todos os públicos. O sábado 5 celebrarase a Festa da Bicicleta, con saída desde a Estación Marítima ás 20.00 horas. Ao día seguinte, Uxía Lambona e a Banda Molona ofrecerán un concerto familiar no Xardín Umbrío ás 20.00 horas.
O domingo 13, a Orquestra Aché actuará no marco das festas da Pastoriza, no Xardín Umbrío, ás 21.00 horas. As Sonatas de Verán despediranse o mércores 16 de setembro, coincidindo coas festas patronais de San Cipriano, coa actuación da Orquestra Marbella na praza do Castro ás 21.00 horas.
Con esta programación, as Sonatas de Verán ofrecen motivos para seguir gozando da vila ata a chegada do outono.
- Eclipse de Sol en Vigo y Galicia | Consejos, horarios y dónde ver el eclipse solar del 12 de agosto
- Se entrega en la Guardia Civil tras 20 días fugado el conductor que embistió a un coche de la Policía Local en Salceda
- Restaurantes y hoteles vigueses ya cuentan con una lista negra de clientes conflictivos
- Los camiones del Combo Dominicano se atascaron en Trives pero la orquesta tiró de entrega y talento para mantener la gira: «Nos hicisteis disfrutar igual que siempre»
- Roca Rey y José Tomás, dos figuras para dos «No hay billetes»
- El parque acuático de Monterrei dispara la afluencia de visitantes con los nuevos toboganes: «es mucho más completo»
- Rumbo directo a Vigo desde Irlanda: The Corrs deja 'sin aliento' a Castrelos
- Rebajan la pensión de 13.000 euros mensuales de una viguesa y sus hijos porque deben adaptarse al nuevo «nivel de vida»