Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Concello de Vigo amosa a maior mostra de arte galega na Casa das Artes

A Colección Municipal de Arte Galega está aberta ao público desde o mes de xuño. Conta con máis de 70 obras e pezas inéditas de creadores como Lugrís, Laxeiro ou Berta Cáccamo

Unha das salas expositivas da CMAG-Vigo.

Unha das salas expositivas da CMAG-Vigo. / FdV

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

O pasado 12 de xuño, a Colección Municipal de Arte Galega de Vigo (CMAG), aloxada no primeiro andar da Casa das Artes, abriu as súas portas para mostrar ao mundo unha das maiores exposicións da nosa comunidade con obras dos principais artistas galegos contemporáneos.

A exposición, que é de carácter permanente, reúne máis de 70 obras de pintura e escultura producidas entre 1940 e finais do século XX. O público poderá seguir a través delas o abraiante proceso evolutivo e transformador da plástica galega, e recoñecer a inmensa vitalidade artística que agromou en Galicia durante toda aquela época.

Ademais, a mostra está estruturada baixo un criterio cronolóxico e temático, a través de sete capítulos diferentes que parten de Urbano Lugrís «entre o real e o onírico» e conclúen cun espazo dedicado á liberdade expresiva dos anos 90. Entre os nomes que se poden atopar están os da pintora Berta Cáccamo, Isaac Díaz Pardo, Fernando Álvarez de Sotomayor ou Urbano Lugrís.

Fitos da exposición

A Colección Municipal de Arte Galega destaca pola súa extensión e pola calidade das obras que contén, e por iso mesmo está considerada como unha das máis importantes de Galicia.

O alcalde, Abel Caballero, visitando a exposición o día da inauguración.

O alcalde, Abel Caballero, visitando a exposición o día da inauguración. / FDV

Un dos fitos principais da exposición é que, por primeira vez, presenta nunha sala monográfica toda a obra de Urbano Lugrís que pertence ao Concello de Vigo. Pero iso non é o único tesouro que se agocha no primeiro andar, completamente renovado, da Casa das Artes.

Por unha banda, os visitantes poderán contemplar a escultura «Natureza», do vigués Camilo Nogueira, restaurada e exposta agora, máis de dez anos despois, en Vigo. A obra mestra de Laxeiro, «A barca espacial», de propiedade municipal, tamén forma parte da colección e non estivo practicamente nunca exposta a público. O mesmo ocorre coa obra «Talismanta», de Berta Cáccamo, en proceso de adquisición polo consistorio vigués; ou cunha selección de obras en papel do polifacético artista compostelán Isaac Díaz Pardo.

Obras expostas na CMAG.

Obras expostas na CMAG. / FdV

Tamén é inédito un impoñente retrato da última época do pintor Sotomayor, doado ao Concello de Vigo.

A exhibición, que suma máis de 70 pezas e obras artísticas, complétase ademais cunha especial selección de creacións do colectivo Atlántica, presentada en diálogo co movemento precursor das históricas exposicións da Praza da Princesa.

Cronoloxía da nosa arte contemporánea

A exposición organízase en sete capítulos por orde cronolóxica, a partir de 1940:

  1. Urbano Lugrís, entre o real e o onírico
  2. O academicismo da posguerra
  3. Entre dous exilios: a definiciónda arte galega
  4. Entre a abstraccióne a nova figuración
  5. Novos camiños da figuración
  6. Das mostras da Praza da Princesa ao Grupo Atlántica
  7. A liberdade expresiva dos noventa

Entrada gratuíta

A Casa das Artes de Vigo está no número 15 da rúa Policarpo Sanz, nun edificio racionalista alzado no ano 1939 e que exerceu como Banco de España ata mediados da década dos 80.

Un grupo de visitantes explora a Colección Municipal de Arte Galega de Vigo.

Un grupo de visitantes explora a Colección Municipal de Arte Galega de Vigo. / FdV

A entrada é gratuíta e o horario de visita é de luns a venres de 18:00 a 21:00 horas; martes e xoves, de 11:00 a 14:00 horas; sábados, de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas e os domingos e festivos de 12:00 a 14:00 horas.

Ademais de acoller a Colección Municipal de Arte Galega, a Casa das Artes é sede da Fundación Laxeiro, do Arquivo Fotográfico Pacheco e da Colección Torras, estreada en 1998 grazas á doazónque fixo o artista vigués Luis Torras á cidade. Está integrada por 67 cadros en total.

Tracking Pixel Contents