Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Así vive Marín as Festas do Carme

O Concello reforza o transporte público e os aparcadoiros gratuítos estes días. Esta noite toca verbena con Los Players e a gran tirada de fogos de artificio no Paseo Alcalde Blanco

Pregón protagonizado polo  Marín Club de Fútbol. | RAFA VÁZQUEZ

Pregón protagonizado polo Marín Club de Fútbol. | RAFA VÁZQUEZ

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

b.c. |

O Concello de Marín celebra por todo o alto desde o pasado día 9 de xullo as Festas do Carme, unha cita que enaltece a tradición mariñeira da vila, ao tempo que ofrece diversas propostas culturais e musicais aos veciños e veciñas e aos seus visitantes.

Festa do Viño na Alameda de Marín a pasada fin de semana, parte da programación das Festas do Carme. | PEDRO MINA

Festa do Viño na Alameda de Marín a pasada fin de semana, parte da programación das Festas do Carme. | PEDRO MINA

A Batalla das Flores foi o pistoletazo de saída das festas, que este ano tiveron como pregoeiros aos integrantes do Marín Club de Fútbol, xa que lograron nesta tempada conseguir o ascenso a Preferente. «Este ascenso no es solo de los jugadores. No es solo del entrenador. No es solo de la directiva. Este ascenso es de Marín. De los que llenasteis San Pedro. De los que volvisteis con vuestros hijos. De los que nunca os fuisteis. De los que mantuvisteis viva la llama cuando era mucho más difícil creer. Y también de quienes hoy ya no están con nosotros», afirmou o presidente do clube, Miguel Pazos Beis, no seu discurso. «Cuando veamos a nuestra Virgen del Carmen surcar la ría, cuando escuchemos las sirenas de los barcos, cuando veamos nuestras calles llenas, sentiremos algo especial. Porque la emoción del Carmen y la alegría del ascenso se unen en un mismo sentimiento».

Así vive Marín  as Festas do Carme

Así vive Marín as Festas do Carme

A lectura do pregón foi o pasado venres na Alameda, un espazo onde se desenvolveu durante a finde, como parte da programación do Carme, a V Festa do Viño da IXP Ribeiras do Morrazo. Ademais, o venres tamén tivo lugar o Marín Dance Festival, no Parque Eguren.

A música foi sen dúbida un dos grandes piares dos festexos. Marín acolleu os shows das orquestras máis famosas, como Orquestra Arizona, Panorama, Olympus, París de Noia e Marbella. Hoxe será o último baile, amenizado por Los Players, a partir das 23:00 horas. A medianoite será a gran tirada de fogos de artificio desde o Paseo Alcalde Blanco, para despedir as festas como merece ata o ano que vén.

A programación para este xoves complétase cos actos litúrxicos, as ofrendas á Virxe e a procesión marítima. Ás 10:00 horas será a entrega de Reais Despachos na Escola Naval Militar e, en Seixo, o pasarrúas acompañado pola Banda de Música Cultural de Arcade. De seguido, ás 11:30 horas, terá lugar a ofrenda floral ás xentes do mar no Porto de Aguete, coa posterior procesión ata a Igrexa de Seixo e a misa solemne.

Ás 12:00 horas será a misa na honra da Virxe do Carme coa coral Lembranzas na Igrexa Santa María do Porto e media hora despois, a agrupación Trompos os pés protagonizará un pasarrúas polo casco urbano de Marín que finalizará na Alameda.

Xa pola tarde, ás 18:30 horas desenvolverase a ofrenda floral á Virxe dos mariñeiros, que terá como punto de saída o Concello. Despois, ás 19:00 horas, producirase a procesión marítima acompañada polos Chaneiros e a Banda de Música de Marín. Por último, antes da verbena, a Alameda acollerá ás 21:00 horas o espectáculo de maxia infantil «Ledicias Plus», co Mago Paco.

As atraccións infantís en Praza de España estarán abertas ata mañá, Día do Neno, unha xornada na que estarán a prezos populares.

Reforzo do transporte público

Para asegurar uns festexos sen preocupacións, o Concello de Marín ampliou os horarios de autobús na liña Pontevedra-Marín os días 10, 11, 12, 13, 14, 15 e 16 de xullo, con saídas desde a Boa Vila cada hora desde as 00:00 horas ata as 04:00 e de Marín cada hora, desde as 00:30 ata as 04:30 horas.

O goberno local tamén puxo a disposición da cidadanía unha lista en Google Maps onde se pode consultar os aparcadoiros gratuítos situados no casco urbano, que suman máis de 900 prazas en total.

Tracking Pixel Contents