Stock Marín enche a Alameda de oportunidades
A cita, organizada polo CCA Estrela de Marín, regresa do 31 de xullo ao 2 de agosto con 21 establecementos participantes. Haberá un sorteo especial de 700 euros entre os consumidores

Ambiente nunha edición anterior da feira.
b.c. |
A feira de oportunidades Stock Marín regresa un ano máis á Alameda de Marín, do 31 de xullo ao 2 de agosto. Nesta edición participarán 21 establecementos, que ofrecerán ao público produtos con importantes descontos e oportunidades especiais.
O evento está organizado polo CCA Estrela de Marín e cofinanciado pola Xunta de Galicia e Comercio Galego, ademais de contar coa colaboración do Concello de Marín. O seu obxectivo é dinamizar a actividade comercial, achegar os establecementos locais á veciñanza e reforzar o consumo de proximidade.
O horario de apertura da feira será de 11:00 a 14:00 horas os tres días pola mañá, mentres que polas tardes o horario será de 18:00 a 22:00 horas venres e sábado e de 18:00 a 21:00 horas o domingo.
Accións complementarias
Ademais, as ofertas comerciais non serán os únicos atractivos de Stock Marín. Durante os tres días haberá diferentes accións de dinamización para facer da visita á Alameda unha experiencia máis amena para todos os públicos. Por exemplo, o sábado 1 de agosto está programado un reparto de palomitas polas compras, de 19:00 a 21:00 horas, para animar o ambiente familiar e festivo da campaña.
Este ano tamén se incorpora a Stock Marín a campaña COM-PENSA, impulsada pola Xunta de Galicia baixo o lema «Transformar o consumo para coidar o planeta». No marco desta acción e co obxectivo de promover hábitos de consumo máis sostibles e apoiar o comercio local, repartiranse bolsas reutilizables da iniciativa ‘Comercio Compensa’ por compras superiores a 10 euros ata fin de existencias.
Por outra banda, o domingo 2 de agosto, o último día do evento, celebrarase ás 19:30 horas un sorteo presencial de 700 euros para premiar a confianza da clientela máis fiel. A persoa gañadora disporá de 700 euros na súa tarxeta de fidelización de «Comercio de Marín» para canxear nos stands partincipantes nesta promoción, puidendo gastar 50 euros en cada stand. Ademais, segundo detalla a organización, o gasto efectuarase durante a feira de stocks.
Os establecementos que participan no sorteo son 14 en total: A mi Love, Acolá Trend, Bolboreta, Delirious, Deportes Xesta, El Armario de Alia, Inés Marcos, Librería Espacio Lector Nobel, Orballo da Ponte, Paíno & Maína, Suspiro Vintage, Tamara Onlinee, Tamara Piel e Toscana Store.
Para facilitar a información sobre a feira, os asistentes poderán consultar as ofertas e os comercios participantes a través dun código QR.
En defensa do comercio local
A entidade organizadora de Stock Marín, Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, naceo no ano 2006 coa misión de xestionar, promover, defender e coordinar os intereses comúns dos seus establecementos asociados, que suman máis de 140 na actualidade.
Hoxe, é a principal asociación deste ámbito en Marín e leva a cabo múltiples accións de dinamización comercial. Nestes últimos anos, impulsaron campañas como «O Nadal que premia o teu apoio», «Bonos Comercio de Marín», «Vive un Verán Estrela», «O Escaparate Estrela» e «Que é un comercio», obtendo estas dúas últimas o recoñemento por parte da Xunta de Galicia como das mellores accións de toda a comunidade.
- Bañeras de mármol y piezas de la balaustrada de hace un siglo entre los restos del derribo del antiguo balneario do Outeiro: la Xunta pide a la Policía Autonómica que acuda al inmueble
- Fallece con cinco días de diferencia el matrimonio centenario de Nigrán tras 78 años de casados
- La Policía Local de Vigo rescata a una joven arrastrada por la corriente unos 50 metros en la desembocadura del Lagares
- Murió tras un error de diagnóstico en las Urgencias del hospital de Ourense después de un accidente en una ambulancia
- Así afecta la presencia de E. coli en las playas de Vigo: esto es lo que pasa si te bañas
- Ya está el calendario escolar 2026-2027 en Galicia: fechas de inicio de curso, vacaciones y claves para la conciliación familiar
- El PP pide responsabilidades al gobierno local por los vertidos en las playas y el «caos en el balizamiento»
- Paco y Carmen, el matrimonio centenario de Nigrán que murió en unos días