Música e tradición para celebrar desde Bueu á patroa dos mariñeiros
A programación comezou onte cunha sesión de xogos no Estaleiro de Purro. Hoxe será o día grande das festividades

Presentación das Festas do Carme de Bueu 2026. | GONZALO NÚÑEZ
O Concello de Bueu non se perde a celebración das Festas do Carme. A vila acollerá ata o domingo 19 diversas actividades para todas as idades, organizadas en colaboración coa Asociación Bueu en Festas, a Confraría de PescadoresSan Martiño de Bueu e a Deputación de Pontevedra.
Despois dos xogos mariñeiros que se desenvolveron onte no Estaleiro de Purro para todos os públicos, hoxe, xoves 16 de xullo, terá lugar o día grande das festas, no que se celebrará a tradicional procesión marítima e o espectáculo de pirotecnia. A misa na horna da Virxe do Carme coa Coral Marusía será ás 12:00 horas na Igrexa Parroquial de San Martiño, onde haberá alfombras florais realizadas polo Colectivo Independente de Alfombristas de Bueu e a Asociación Cultural O Pampillo de Castropol. Tamén haberá tapices florais na contorna da Lonxa, elaborados pola Asociación Cunchas e Flores de Bueu.
Despois, sairá a procesión ata a lonxa coa Banda de Cornetas e Tambores de Cangas e Peis d’hos. Pola tarde, os oficios relixiosos serán na Lonxa coa música da Coral Polifónica de Bueu e un baile á Virxe coa agrupación Peis d’hos. Posteriormente, arrincará a procesión marítima coa Banda de Música de Bueu. O Concello puxo a disposición da cidadanía un catamarán con 250 prazas para acompañar á Virxe no desfile.
A partir das 22:00 horas, a orquestra Los Españoles amenizará a festa e o espectáculo pirotécnico comezará a amedia noite e se poderá ver dende a praia da Banda do Río.
Festividade das Dores e actos finais
Mañá, coincidindo coa festividade das Dores, está programada unha ruada coa charanga OT ás 10:30 horas. Ás 12:00 horas celebrarase a misa solemne na honra da Virxe das Dores, co Coro de Cela-Lestonnac. Tamén se inaugurará mañá a mostra «En Bueu, onde se non?», de Salvador Santos ‘Charri’, na que se recollen fotografías de personas que levan a cabo unha labor social na vila. A xornada culiminará ás 21:00 horas coa verbena no Centro Social do Mar, amenizada por La Oca Band.
O sábado haberá concerto de De Ninghures ás 22:30 horas, seguido de DJ no mesmo espazo. Esta actuación chega a Bueu da man do programa +Música de la Diputación de Pontevedra. As festas rematarán coa regata V Bandeira Concello de Bueu da Liga ACT no peirao da vila. A xornada rematará coa actuación da orquestra Escaparate.
Ademais, desde onte ata o luns 20 de xullo, a zona das Lagoas acollerá atraccións para os máis pequenos e pequenas.
Durante a presentación da programación festiva, realizada a principios de mes, a edil de Cultura, Carmen García, puxo en valor que se trataba dunha «proposta de actividades interxeneracional», na que se quere poñer en valor a historia e a cultura mariñeira da vila para todos os públicos.
- Portugal perfila los 12 trenes con los que unirá con Alta Velocidad Lisboa, Oporto y Galicia: más de 500 plazas en dos clases y sin cafetería
- La secuela más desconocida del fentanilo llega a los hospitales vigueses
- Muere en Ourense Marcos Rodríguez Pantoja, el hombre que vivió más de una década aislado con lobos en Sierra Morena
- Un equipo médico para un corazón de 100 toneladas: en las tripas de un titán del mar
- El Náutico de San Vicente vuelve a instalar una valla opaca para ocultar sus conciertos y reducir los problemas que causan
- Rescatan a un niño de 5 años que se estaba ahogando en una piscina del balneario de Mondariz
- Xonxa Otero y Paula Rivas: «Estamos moi felices por ser as primeiras mulleres en poder bailar a danza de San Roque»
- Ni una alerta roja por calor frena la devoción a San Roque: más de 16.000 personas disfrutan de la fiesta patronal