Bueu prepárase para a súa gran cita musical
O festival SonRías Baixas celébrase no recinto das Lagoas do 30 de xullo ao 1 de agosto. Os cabezas de carteis desta 23 edición son Alcalá Norte, Veintiuno, Ultraligera, Zahara, La M.O.D.A e La Pegatina

Ambiente no SonRías Baixas 2025 durante o concerto de Dani Fernández .
b.c. |
A tempada de festivais de verán en Galicia volverá ter no SonRías Baixas unha das súas grandes citas. O evento celebrará a súa vixésimo terceira edición entre o 30 de xullo e o 1 de agosto no recinto das Lagoas, en Bueu, consolidado como un dos festivais de referencia de Galicia e do noroeste peninsular.
Despois de superar en 2025 os seus mellores rexistros de asistencia e impacto económico, cun retorno estimado de 3,1 millóns de euros e preto dun milleiro de empregos directos xerados, o SonRías encara unha nova edición mantendo a filosofía que o converteu nun referente: un festival próximo, inclusivo e estreitamente ligado ao territorio que o acolle.
Ese compromiso tamén foi recoñecido pola industria musical. Na última edición dos Iberian Festival Awards, o SonRías Baixas recibiu tres galardóns entre seis candidaturas: Best Festival Photo, para o fotógrafo Javier Bragado por segundo ano consecutivo; Contribution to Sustainability e Best Hosting and Reception.
Tres xornadas, dous escenarios
O cartel deste ano reúne algunhas das propostas máis destacadas do panorama estatal xunto a unha importante presenza de artistas emerxentes e talento galego.
A programación distribuirase ao longo de tres xornadas nos escenarios Xacobeo 2027, principal do festival, e Turismo Rías Baixas.
A inauguración, o xoves 30 de xullo, contará con Alcalá Norte como un dos grandes reclamos da xornada, acompañado por Veintiuno e por propostas como Duendeneta Dilleis, Hoonine e Juventude.
O venres 31 será a quenda dunha programación marcada pola diversidade de estilos. Ultraligera, Zahara co seu espectáculo Rave e Barry B encabezarán unha noite na que tamén actuarán Chiquita Movida, a banda pontevedresa Rager, Kike Varela, EME DJ, Sobrezero e Ulex.
A última xornada, o sábado 1 de agosto, pechará o festival cun cartel de marcado carácter festivo. La M.O.D.A. e La Pegatina serán dous dos principais protagonistas, aos que se suma Biznaga, unha das últimas incorporacións ao cartel. A programación completarase con actuacións de Mr. Kilombo, Sonido Gallo Negro, Gara Durán, Alizza, Cool Nenas, NDLR, Quinkillada e Duendeneta Dilleis.
Como en edicións anteriores, o festival ofrecerá unha zona de acampada situada a poucos minutos a pé tanto do recinto de concertos como da praia, ademais dun servizo oficial de autobuses con rutas desde Vigo, Moaña, Cangas, Pontevedra, Marín e Seixo para facilitar os desprazamentos do público.
As entradas de día están á venda desde 33 euros e os abonos para as tres xornadas, por 69 euros. Os asistentes poden adquirir xa tamén as reservas para a acampada, que custa 15 euros para as entradas de día e 22 para os que acuden ao festival completos. Así mesmo, están dispoñibles os billetes do servizo de lanzadeiras.
Sobre o festival
SonRías Baixas está promovido pola productora PlayPlan, responsables tamén de BIGSOUND Pontevedra, Festival do Pasatempo e Fumega Fest. Conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo, así como coacolaboración de Galicia Calidade y Xacobeo 2027; a colaboración institucional do Concello de Bueu; e o patrocinio da Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas, a través daa marca Rías Baixas Fest.
- Portugal perfila los 12 trenes con los que unirá con Alta Velocidad Lisboa, Oporto y Galicia: más de 500 plazas en dos clases y sin cafetería
- La secuela más desconocida del fentanilo llega a los hospitales vigueses
- Muere en Ourense Marcos Rodríguez Pantoja, el hombre que vivió más de una década aislado con lobos en Sierra Morena
- Un equipo médico para un corazón de 100 toneladas: en las tripas de un titán del mar
- Rescatan a un niño de 5 años que se estaba ahogando en una piscina del balneario de Mondariz
- El Náutico de San Vicente vuelve a instalar una valla opaca para ocultar sus conciertos y reducir los problemas que causan
- Xonxa Otero y Paula Rivas: «Estamos moi felices por ser as primeiras mulleres en poder bailar a danza de San Roque»
- Ni una alerta roja por calor frena la devoción a San Roque: más de 16.000 personas disfrutan de la fiesta patronal