Silleda prepárase para unha intensa e longa fin de semana
As Festas de Verán 2026 ofrecerán catro días de concertos, verbenas, gastronomía e actividades para todas as idades

Presentación da programación oficial do Concello de Silleda para asúas Festas de Verán. / Concello de Silleda
Moncho González |
Silleda xa ten todo preparado para celebrar as súas Festas de Verán, que do 9 ao 12 de xullo encherán a vila de música, tradición e actividades para todas as idades. O programa combina concertos, verbenas, propostas culturais, gastronomía e animación familiar, consolidando unha das citas máis destacadas do calendario festivo da comarca.
As celebracións arrancaron este xoves co tradicional chupinazo, ás 21.00 horas na Praza Siñor Afranio, amenizado polo grupo Supermirafiori. A primeira gran verbena tivo lugar á medianoite de onte coa actuación da orquestra París de Noia, acompañada das sesións dos DJs Carlos López e Bacardi.
Para a xornada de hoxe esta programada a XXVI Festa do Lacón, organizada pola Asociación Cultural do Lacón. Durante todo o día sucederanse as actuacións de grupos de gaitas, acordeóns e charangas, a degustación gastronómica e a animación musical. Xa pola noite actuará o Mariachi Sol de Galicia e a verbena correrá a cargo da orquestra Panorama City e o DJ Unai.
A programación continuará o sábado 11 cunha espetada musical na Praza Siñor Afranio durante a tarde. Pola noite, a verbena reunirá ao Grupo Área 33 e á Orquestra La Misión, completándose coa sesión do DJ Marcos Kintana.
O domingo 12, último día das festas, haberá pasarrúas das bandas de música de Silleda e Bandeira, misa cantada pola Coral Polifónica Trasdeza, animación infantil co espectáculo Unha de piratas, concerto das bandas e a verbena de clausura coa orquestra Marbella e o DJ Bruno. A tradicional tirada de fogos artificiais porá o broche final ás celebracións.
Seguridade
Con motivo das festas, o Concello activará tamén un dispositivo especial de tráfico. A avenida do Parque permanecerá pechada á circulación desde o 8 ata o 13 de xullo para facilitar a montaxe e desmontaxe das infraestruturas festivas, mentres que durante os días de maior afluencia tamén haberá restricións puntuais noutras rúas do centro. Desde o goberno local recoméndase utilizar itinerarios alternativos e respectar a sinalización habilitada para garantir a seguridade de peóns e condutores.
- Tres apagones tras una avería eléctrica dejan sin luz a miles de vecinos y negocios en el centro de Vigo
- Los camiones del Combo Dominicano se atascaron en Trives pero la orquesta tiró de entrega y talento para mantener la gira: «Nos hicisteis disfrutar igual que siempre»
- El eclipse desde los cielos gallegos: un avión privado desde Suiza a Peinador, dos A400M militares franceses y decenas de avionetas en el interior
- «Ha sido una de las mejores experiencias de mi vida»: Óscar Pereiro conquista el Camino con su hija Catalina
- Roca Rey y José Tomás, dos figuras para dos «No hay billetes»
- El Concello de Cangas achaca la contaminación en la playa de Menduíña a la acumulación de grasa en el bombeo y revisa las arquetas en busca de algún vertido ilegal
- Muere un motorista de 47 años en Vigo al sufrir una salida de vía en una rotonda próxima a Peinador
- Muere el músico y diseñador gallego Víctor Coyote a los 68 años de edad en un accidente de bicicleta