Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Verán de concertos en Soutomaior: o grupo internacional Talco, De Ninghures e 9Louro actuarán de balde o próximo 10 de xullo

As actuacións celebraranse no Peirao de Arcade a partir das 20:30 horas

Completa a programación a discoteca portátil La Duendeneta, que animará o ambiente entre concertos e ata o final da noite

Concerto de The Rapants no Peirao de Arcade (Soutomaior) o pasado verán.

Concerto de The Rapants no Peirao de Arcade (Soutomaior) o pasado verán. / Concello de Soutomaior

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

O Concello de Soutomaior vivirá unha noite memorable o próximo venres 10 de xullo, coa celebración dos concertos gratuitos de verán que traerán á vila o mellor do panorama galego e á banda internacional Talco.

Será unha xornada destinada a disfrutar e bailar nun ambiente festivo e distendido no Peirao de Arcade. A música comezará a soar a partir das 20:30 horas da man da discoteca móbil La Duendeneta e pasarán polo escenario, ademais de Talco, os galegos De Ninghures e 9Louro.

Talento galego nos concertos de Soutomaior

Así, este ano destaca a diversidade musical e interxeneracional dos concertos do verán de Soutomaior, pero tamén a gran presenza de artistas galegos (e que fan a súa música en galego), dando así continuidade á programación do ano pasado, que contou coa presenza de The Rapants e Rebelióm do Inframundo.

Formación do grupo De Ninghures.

Formación do grupo De Ninghures. / fdv

Por unha banda, De Ninghures é un dos grupos máis recoñecidos do panorama actual. As súas cancións mesturan ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos e magrebís. Despois de inaugurar a velada a discoteca móbil La Duendeneta (que amenizará tamén os ratos entre concertos), eles serán os primeiros en saír ao escenario, ás 21:30 horas.

Outra das voces que está arrasando na actualidade en Galicia (e máis alá das nosas fronteiras) é 9Louro. O artista de Muros é un dos representantes do que xa se está a denominar "escena urbana galega", cun estilo que transita entre o pop urbano, o trap e a música electrónica. A súa esperada actuación no Peirao de Arcade será ás 00:30 horas.

9Louro

9Louro pechará os concertos do 10 de xullo en Soutomaior. / Juan Rodríguez Gómez

Desde Italia a Soutomaior

A cita musical do día 10 de xullo contará tamén coa presenza de Talco, unha banda de orixe italiana da actual escena internacional que se consolidou nos últimos anos como unha das más importantes de Europa. Fan ska e punk e teñen un son contundente, con moita presenza de ventos e letras reivindicativas. Sen dúbida, non deixarán indiferente a ninguén do público. O seu concerto dará comezo ás 23:00 horas.

Para completar a velada, a discoteca portátil La Duendeneta volverá a soar tras o concerto de 9Louro. O alcalde de Soutomaior, Manu Lorenzo, convida a todo o mundo a asistir aos concertos, e afirma que o Peirao de Arcade será «o epicentro dunha tarde noite inesquecible». «Queremos que o Peirao de Arcade sexa un punto de encontro para a veciñanza e para todas as persoas que nos visiten, nunha noite que combina música, ambiente e un escenario excepcional baixo as premisas da xestión sostible dos residuos, da inclusión, da diversidade e da tolerancia cero antes as conductas sexistas e violentas», declara.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lorenzo, e o concelleiro de Mocidade, Gonzalo Outeiro.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lorenzo, e o concelleiro de Mocidade, Gonzalo Outeiro. / FdV

Pola súa banda, o concelleiro de Mocidade, Gonzalo Outeiro, sinala que «animamos a todo o mundo a achegarse desde o inicio da programación para vivir a experiencia completa. O formato da xornada está pensado para desfrutar da música durante toda a noite e seguir facendo dos Concertos de Verán unha referencia na programación estival de Soutomaior».

Horario dos concertos de verán en Soutomaior (10 de xullo)

  • 20:30h : La Duendeneta
  • 21:30h: De Ninghures
  • 23:00h: Talco
  • 00:30h: 9Louro
  • Sesión final de La Duendeneta para despedir a noite (a disco móbil La Duendeneta tamén estará presente entre concerto e concerto)
Tracking Pixel Contents