Iván Lorenzo, presidente da Comisión de Festas San Paio 2026: «Queremos que todo o mundo atope o seu espazo nestas festas»
O regreso de grandes concertos, a aposta pola variedade musical e tamén pola tradición marcan unha edición con grandes expectativas

A comisión de festas e parte do equipo de goberno local durante a presentación. / BERNABE/JAVIER LALIN
Moncho González
A comisión de festas de San Paio afronta este ano o reto de manter o nivel dunha das celebracións máis importantes da comarca. Á fronte está Iván Lorenzo Rodríguez, acompañado por Puri Areán, José Ramón Blanco, José Luis Terceiro e Silvia García, un equipo que asumiu con gran ilusión a responsabilidade de organizar unhas festas pensadas para todos os públicos e nas que se aposta pola recuperación dos grandes concertos sen deixar de lado as orquestras e as tradicións que caracterizan a celebración estradense.
Como está sendo a experiencia de asumir a organización das festas de San Paio?
A verdade é que está sendo unha experiencia moi positiva e, sobre todo, moi enriquecedora a nivel persoal. É unha responsabilidade importante porque falamos dunha das festas máis destacadas da comarca, cunha gran tradición e cunhas expectativas moi altas por parte da veciñanza. Pero tamén resulta moi gratificante ver como, pouco a pouco, todo o traballo realizado durante estes meses vai collendo forma e como unha idea que ao principio parecía moi grande acaba converténdose nun programa completo pensado para que a xente poida desfrutar.
Este ano o cartel inclúe nomes como David Bustamante, Baiuca ou Ortiga. Que buscabades á hora de confeccionar a programación?
O obxectivo era ofrecer estilos musicais diferentes para chegar ao maior número posible de persoas. Quixemos recuperar un pouco a aposta polos grandes concertos que había anos atrás, pero sen esquecer a importancia das orquestras, que seguen sendo unha parte fundamental das festas.
Cal considera que é o aspecto máis diferencial desta edición?
O obxectivo era ofrecer estilos musicais diferentes para chegar ao maior número posible de persoas. Quixemos recuperar en certa maneira esa aposta polos grandes concertos que San Paio tivo noutras épocas e que moita xente botaba de menos, pero sen esquecer a importancia das orquestras, que seguen sendo unha parte fundamental da nosa forma de vivir as festas. A idea foi combinar artistas de gran repercusión con propostas máis actuais e con aquelas actuacións que forman parte da identidade destas celebracións.
Cal foi o maior reto á hora de organizar estas festas?
Precisamente esa recuperación dos grandes concertos e das grandes atraccións. Consideramos que era un paso importante para volver situar a programación nun nivel moi atractivo e ofrecer un aliciente máis tanto para a veciñanza como para as persoas que nos visitan doutros lugares. En calquera caso, o máis importante é que conseguimos unha programación ampla, variada e equilibrada, na que teñen cabida propostas moi diferentes e pensadas para públicos de todas as idades..
Como foi a resposta das empresas, colaboradores e veciñanza?
Moi positiva. Sempre é fundamental contar co apoio do tecido empresarial e comercial da Estrada, porque unhas festas destas dimensións non serían posibles sen esa implicación e esa colaboración. Desde o primeiro momento sentimos que había ganas de sumar e de axudar a que San Paio siga sendo un referente.
Tamén gustaríame ter unhas palabras de agradecemento para a anterior comisión de festas e, de maneira especial, para Manolo Gañete, que en todo momento estivo disposto a colaborar, a resolver dúbidas e a botarnos unha man no que fixo falta durante este proceso. Do mesmo xeito, queremos agradecer o apoio do Concello da Estrada, da Xunta de Galicia, da Deputación e de todas as persoas, empresas e entidades que, dun xeito ou doutro, contribúen a que unha celebración destas características poida saír adiante.
O programa inclúe actividades moi diversas. Era importante manter ese equilibrio?
Si. Queremos que todo o mundo atope o seu espazo nas festas. Hai propostas para persoas maiores, para a mocidade, para as familias, para quen busca tradición e tamén para quen prefire actividades máis actuais. Ese equilibrio foi unha das prioridades da comisión.
Se tivese que recomendar un único momento das festas, cal sería?
É complicado escoller un só porque cada persoa vive as festas dunha maneira diferente. Hai quen desfruta máis dos concertos, outros das procesións, das orquestras ou dos fogos artificiais. Creo que precisamente a riqueza de San Paio está nesa variedade.
Como lle gustaría que se recordase esta edición cando rematen as festas?
Gustaríanos que a xente quedase cun bo sabor de boca e que sentise que houbo actividades para todos os gustos. Traballamos para ofrecer unha programación completa e diferente, na que cada persoa poida atopar algo que lle guste.
Este é o primeiro ano desta comisión. Hai intención de continuar no futuro?
De momento imos pasar as deste ano! Despois xa veremos o que facemos. O que podemos asegurar é que estamos satisfeitos co traballo realizado e confiamos en que a resposta da xente sexa positiva.
Que mensaxe lle gustaría trasladar aos veciños e visitantes?
Que se animen a participar e a desfrutar das festas. Haberá ambiente durante todo o día, actividades para todas as idades e moitas oportunidades para compartir e pasalo ben. Iso é, ao final, o que representan as festas de San Paio.
- Los padres de la alumna con sumas erróneas en la nota de la PAU tras las revisiones denuncian «indefensión»: la corrección de la CiUG llega tras cerrar el primer llamamiento en varias comunidades
- Valença estudia trasladar la estación del AVE Vigo-Oporto a las afueras de la villa fronteriza
- Condenan a un vecino de Vigo a abandonar la vivienda por las continuas molestias al resto de la comunidad
- Inversores compran tres edificios en el centro de Vigo para dedicarlos a pisos turísticos
- Concierto de Juan Luis Guerra en Sanxenxo: el artista salda su deuda con Galicia en una fiesta de ritmos latinos ante 15.000 seguidores
- Juan 'Pegatinas': O San Benito máis triste de todos
- Luto en Lalín por la muerte del expresidente del Motoclub Kilómetro 0, Juan Carlos Blanco
- Tres accidentes casi simultáneos dejan dos heridos, uno de ellos grave, en el sur de la provincia de Pontevedra