23 de xuño, unha noite máxica na que Poio se multiplica
A gran sardiñada, a fogueira e a actuación dos Satélites converten a noite de San Xoán no momento de maior concentración de público destas festas

A noite do 23 na Seca congrega a numeroso público. / GUSTAVO SANTOS
Moncho González
Hai festas que se poden medir polo número de días que duran ou pola calidade do seu cartel musical. Pero dentro do San Xoán de Poio existe unha data que sobresae por enriba de todas as demais: a noite do 23 de xuño. En apenas unhas horas, a Seca transforma o seu aspecto habitual para converterse no escenario dunha das concentracións populares máis multitudinarias do municipio.
Todo comeza moito antes de que se acendan as luces do escenario. A preparación da zona da sardiñada, a instalación dos espazos de servizo, a coordinación dos equipos de seguridade e emerxencias ou os últimos detalles da gran fogueira forman parte dun traballo que durante días mobiliza a diferentes persoas e servizos para que todo estea preparado cando cheguen os milleiros de asistentes.
A sardiñada popular continuará sendo un dos grandes atractivos da noite. Nesta edición, o Concello decidiu reforzar o número de racións repartidas, dando resposta á elevada asistencia que cada ano rexistra este encontro gastronómico, convertido nun dos momentos de maior participación da programación.
Como principal novidade de 2026, antes do prendido da fogueira terá lugar “Fogo Fatuo”, un espectáculo da compañía Asacocirco que introducirá unha nova linguaxe visual na celebración. A proposta combina lume, movemento e posta en escena para crear unha transición entre a parte máis gastronómica da noite e o momento central da xornada: o acendido da gran fogueira da Seca.
Unha vez completado este ritual, a festa continuará ata altas horas da madrugada da man de Os Satélites, unha das formacións máis veteranas e recoñecidas do panorama das orquestras galegas. A súa presenza na noite do 23 non é casual. A organización reserva para a xornada con maior afluencia un espectáculo capaz de responder ás expectativas dun público moi diverso, con repertorio para varias xeracións e unha posta en escena de gran formato.
O 23 de xuño é tamén unha mostra da evolución que experimentou o San Xoán de Poio nas últimas décadas. O que nun día foi unha celebración concentrada arredor da fogueira converteuse nun evento capaz de reunir nun mesmo espazo gastronomía popular, grandes espectáculos, produción técnica e unha importante infraestrutura de servizos.
O resultado é unha noite que esixe meses de preparación e unha coordinación precisa para que todo funcione: desde o acceso ao recinto ata a limpeza posterior, pasando pola montaxe do escenario, a iluminación, o son ou os dispositivos de seguridade.
Cando as últimas cancións de Os Satélites soen na madrugada do 24 de xuño, o San Xoán non fará máis que coller impulso. Por diante quedarán tres grandes noites de verbena e un amplo programa de actividades, pero a do 23 volverá ser, un ano máis, a xornada na que a festa alcanza a súa máxima dimensión.
- Dos viajeras que perdieron un avión de Madrid a Bruselas por una avería del tren en Ourense no serán indemnizadas por el coste de los billetes adicionales para llegar a Bélgica
- Cierran tres negocios de Frutas Nieves en Vigo por el desahucio de un franquiciado, una situación inédita en sus más de 40 años
- La reconocida orquesta gallega París de Noia pierde a una de sus principales voces en la temporada de mayor actividad
- Trescientos pacientes del Chuvi reciben los primeros fármacos específicos para combatir las migrañas
- Gran espacio para aparcar, pero todavía sin limpiar
- «La dieta y el ejercicio son fundamentales en la menopausia y, para las que aun así tienen síntomas, hay tratamientos»
- La Asociación de Veciños de Tirán se posiciona contra la residencia de mayores de Moaña en O Carrachal
- María Corina Machado, de boda en Vigo