A 43ª Mostra de Cangas enche a vila de teatro a partir do 21 de xuño con máis dunha vintena de espectáculos: consulta o programa
O evento estenderase ata o 5 de xullo, con danza para crianzas, performance e teatro, reunindo a compañías galegas, estatais e internacionais
Entregarase no Auditorio Municipal o Premio Xiria ao Labor Teatral a Antonio Durán 'Morris' e o Premio Mulleres en Acción ao colectivo UTE-pías Feministas

Presentación da 43º Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. / MITCFC
Cangas do Morrazo transformarase durante dúas semanas na capital internacional do teatro coa celebración da 43 edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo (MITCF), que arrincará o próximo domingo 21 de xuño.
Este ano, a cita —que xa é un imprescindible no calendario cultural de Galicia e un dos eventos escénicos máis relevantes da comunidade— acollerá un total de 24 espectáculos de compañías galegas, estatais e internacionais, repartidos en sete escenarios diferentes.
«Programamos humor, excelencia e paridade», afirma a directora artística da Mostra, María Armesto. E é que, ata o 5 de xullo, será posible ver en Cangas espectáculos contemporáneos e innovadores, teatro de rúa, circense, obras clásicas e tamén obras populares.

Yaiza Villar e Carlos Villar, deseñadores do cartel da actual edición da Mostra. / FdV
Ademais, nesta edición serán representadas por primeira vez ante o público seis coproducións, nove estreas absolutas e sete estreas en Galicia. A preogeira será a directora de escena, dramaturga, intérprete e pedagoga Noemi Rodríguez, que fará a súa lectura o mércores 24 de xuño ás 21:00 horas, no Auditorio Municipal.
24 espectáculos do 21 de xuño ao 5 de xuño en Cangas
Como diciamos, a programación repartirase en sete escenarios diferentes. A billeteira do propio Auditorio estará aberta os días de función desde dúas horas antes de comezar cada espectáculo e tamén se poden mercar as entradas na web da Mostra.
A continuación pode ver os detalles de cada espazo e as obras que albergará cada un.
Auditorio Municipal
O Auditorio Municipal acollerá sendos espectáculos; entre eles, unha das estreas en Galicia, a obra Caperucita en Manhattan, da compañía Teatro de la Abadía, creado a partir da novela homónima de Carmen Martín Gaite.
- Mostra da Escola de Teatro de Cangas: luns 22 de xuño, 20:15 horas. A Escola de Teatro de Cangas tamén presentará a obra Frouma o luns 29 de xuño ás 21:00 horas no vestíbulo do Auditorio e Opera Pánica, ese mesmo día, ás 22:00 horas no Auditorio.
- El peor espectáculo del mundo...de momento!, de Zanguango Teatro: mércores 24 de xuño, 21:00 horas
- Ensaio Técnico, de Colectivo 84 e coproducido por CDG: xoves 25, 22:00 horas
- La loca historia del siglo de oro, de La Escalera de Tijera & Z Teatro: venres 26, 22:00 horas
- Caperucita en Manhattan, de Teatro de La Abadía: sábado 27, 22:00 horas
- Cariño malo, de Ministerio de la belleza: domingo 28, 22:00 horas
- Ubasute, de Berrobambán: xoves 2 de xullo, 22:00 horas
- THE ONE & the one, de Colette Gomette & Anna De Lirium: venres 3, 22:00 horas
- Hoy tengo algo que hacer, de Teatro del Barrio: sábado 4, 22:00 horas
- VIVA!, de La Loquace Cie: domingo 5, 21:00 horas
Sala de Exposicións do Auditorio Municipal
- Os de Freixo, de Doa Saúde Mental: lunes 22 de xuño, 19:00 horas
- O arcón de Noa, de Amarelo Cía: mércores 24 xuño, 19:30 horas
- Esto que no salga de aquí, de Pablo Fidalgo: xoves 25, 20:00 horas
- A tempestade, de Proxecto LUZAZUL: luns 29 de xuño, 20:00 horas
- Suite Ronsel 25, de Teatro en punto, coproducido por MITCFC: xoves 2 xullo, 20:00 horas
- Queixa (Roma ou Morte), de Briggite Vasallo: sábado 4 de xullo, 19:30 horas

Fotografía de 'Mais saaabor!', que estará na Alameda Vella de Cangas. / FdV
Alameda Vella de Cangas
- O buscador de illas, de Teatro de Ningures, coproducido por MITCFC: domingo 21 de xuño, 20:00 horas. Repítese o domingo 28 en Aldán (20:00 horas)
- Sherezade, Aladino e os tres beduinos, de Teatro Ghazafelhos, coproduce MITCFC: xoves 25, 20:00. Repítese o venres 26 ás 20:00 horas no Cruceiro do Hío
- Tavole, de Zirko Txosko: venres 26, 20:00 horas
- Crunch 2!, de Muu: sábado 27, 20:00 horas
- 5.0, de Sue Moreno: domingo 28, 20:00 horas
- Un mar de xogos, de Bico de Troupa: martes 30, 17:00 horas
- Mais Saaabor!, de Culturactiva Producións: parará primeiro o 1 de xullo ás 20:00 horas no Cruceiro do Hío e estará na Alameda Vella o venres 2, ás 20:00 horas
- Ñiquiñaque, de Espectáculos Valente: venres 3, 20:00 horas. Estará no Adro de Arbo o sábado 4, ás 20:00 horas
Capela do Hospital
Este espazo acollerá a peza Nela estaba a forza do mar, de Ana Abad de Larriva, coproducida pola MITCFC. Será o venres 26 de xuño, ás 20:00 horas.
O Adro Taberna Cultural
- Metodoloxías Carroñeras para Corpos Invertidos, de VACAburra: domingo 28 xuño, 20:00 horas
- X Torneo de Dramaturxia de Galicia, de Dramaturga e MITCFC: martes 30 xuño, 22:00 horas
- EXIT, de Iria Pinheiro & Manuel Gutiérrez: sábado 4 xullo, 23:59 horas
Comercio Son da Terra
Este espazo acollerá a peza Vostede, que quere?, de Teatro en punto, coproducida pola MITCFC. Será o domingo 5 de xullo, ás 19:00 horas.

Clausura da anterior edición da Mostra de Cangas. / Gonzalo Nuñez
Premio Xiria ao Labor Teatral
A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) acordou conceder o Premio Xiria ao Labor Teatral 2026 ao actor Antonio Durán ‘Morris’ (Vigo, 1959).
A organización da Mostra outorga este galardón en recoñecemento á súa dilatada traxectoria profesional como actor, tanto no eido da comedia como do drama, «cunha capacidade creativa excepcional que lle permite interpretar personaxes complexos ou populares e conmover aos públicos máis diversos».
O premio será entregado o sábado 4 de xullo, ás 22:00 horas, no Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela de Cangas.
Premio Mulleres en Acción
O colectivo UTE-pías Feministas, composto polas entidades Atalia, Arabías, Feitoría Verde, Illa Bufarda e a libraría Lila De Lilith, recibirá o Premio Mulleres en Acción 2026.
Nesta 15 edición, a organización da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas decide outorgar o premio a este colectivo por idear e levar adiante a iniciativa ‘Saúde, pracer, república e terra malva’. Entregarase o venres 3 de xullo no Auditorio Municipal, ás 22:00 horas.
En canto ás Xornadas Mulleres en Acción, aínda quedan varias citas por desfrutar nas próximas semanas: este venres, a Libraría Wells acolle un monográfico sobre Josefina Blanco Tejerina; e o venres 3 de xullo desenvolverase no Adro Taberna Cultural a presentación do proxecto premiado do colectivo UTE-pias Feministas e a presentación do ensaio La Fosa Abierta, de Briggite Vasallo.
Outras actividades da 43ª Mostra de Cangas
Ademais de toda a programación escénica e os premios, a Mostra acollerá diversas actividades, como eventos, presentacións e obradoiros. Pódense consultar a información completa destas propostas na páxina oficial do evento, mostrateatrocangas.gal.
- El Concello «encaja» el «Vigo Arena» en Teis: así es la propuesta de vanguardia que colocará la ciudad en el mapa de los grandes conciertos
- Tus heces por la ciencia: El Galicia Sur pide colaboración ciudadana para crear el primer observatorio de microbiota
- La Policía de Cangas ya puede puede multar en los núcleos de Aldán, Donón y Arneles
- Viejas virtudes, viejos defectos: el Celta empata en Braga
- Pilotos a ciegas y un tripulante asfixiado: urgen revisar el protocolo de seguridad por humo en algunos aviones tras el susto con un buitre en Madrid
- El miedo regresa a O Terrón tras otro incidente violento con el mismo protagonista
- Una boda con Obi-Wan Kenobi, Xena y dinosaurios hinchables
- El dueño del antiguo asilo de Cambados accede a dar una finca al Concello para una residencia