Poio prepárase para vivir un histórico San Xoán 2026
O Concello aposta este ano por unha programación de primeiro nivel do 22 ao 27 de xuño, na que combina o mellor da cultura popular, grandes espectáculos musicais na Seca e actividades pensadas para todas as idades

Presentación oficial dio San Xoán de Poio 2026. / FdV
Moncho González
Poio xa respira a maxia do San Xoán. O Concello vén de presentar a programación oficial dunhas festas que este ano prometen converterse nun referente absoluto do inicio do verán en Galicia. Do 22 ao 27 de xuño, o municipio despregará un cartel de primeiro nivel que conxuga espectáculos musicais de masas, citas gastronómicas imprescindibles e un fondo respecto polas tradicións máis arraigadas.
O alcalde de Poio, Ángel Moldes, acompañado polos concelleiros de Festexos e Cultura, Fran Dasilva e Natalia Sabarís, xunto a representantes do tecido asociativo local, subliñou o fondo significado destas datas : «O San Xoán forma parte do que somos como pobo. Son unhas festas que todos levamos dentro, ligadas ás nosas lembranzas, ás nosas familias e aos momentos compartidos coa veciñanza».
Por este motivo, o Goberno municipal apostou por deseñar unha axenda atractiva e de calidade para que «siga espertando orgullo entre os veciños e veciñas de Poio».
Un arranque cultural e de recoñecemento local
O punto de partida oficial será o luns 22 de xuño a partir das 21:00 horas coa lectura do pregón. Este ano, a honra recaerá en Juan Mariño, director da Escola de Música de Campelo-Poio, unha figura clave no mantemento da cultura local.
A xornada de apertura completaráse cunha homenaxe ao talento do municipio coa entrega dos Premios ao Deporte San Xoán-Pepe Otero, a actuación de Máis Cantos e a emblemática verbena do Campillo co grupo local Azabache.
Ademais, como antesala cultural, durante todo o mes de xuño o Casal de Ferreirós acolle a mostra "Mitoxénese" da artista local Sara Ramos.
A noite máis máxica: sardiñas, lume e novidades
O martes 23 de xuño chegará un dos momentos álxidos e máis agardados por veciños e visitantes: a tradicional sardiñada e o acendido da gran fogueira de San Xoán na Seca. Este ano, o Concello reforza a aposta ampliando o volume de sardiñas que se repartirán.

San Xoán de Poio. / GUSTAVO SANTOS
Ademais, a noite contará cunha novidade moi especial: xusto antes de prender o lume, a compañía Asacocirco ofrecerá o espectáculo pirotécnico "Fogo Fatuo", engadindo un plus de espectacularidade e misticismo a unha noite xa de por si máxica.
O cartel musical da Seca
Se algo vai facer vibrar a Poio este ano é o seu impresionante apartado musical. O gran escenario da Seca converterase no epicentro das mellores verbenas de Galicia, reunindo a algunhas das orquestras máis aclamadas do panorama estatal:
- Martes 23: Os Satélites
- Mércores 24: Ritmo Xove e Charleston
- Xoves 25: Marbella e Panorama
- Venres 26: Capitol e Kubo
Catro días de ritmos, luces e grandes espectáculos pensados para facer bailar a públicos de todas as idades.
O corazón de Poio
Máis alá dos grandes concertos, o San Xoán de Poio mantén a súa esencia grazas ao protagonismo absoluto das agrupacións locais, cuxo traballo agradeceu enormemente o Goberno local. Durante as festas non faltará o rito da recollida de herbas de San Xoán coas pandereteiras do Ronsel.
O talento musical do municipio tamén se deixará sentir coas actuacións de Vides Novas, a Escola de Música Tradicional de Poio, a Coral de Poio, o Coro Virxe da Renda, a Escola de Música de Poio e a Escola de Acordeóns de Campelo.
Fin de festa pensado para a rapazada
O broche de ouro do San Xoán en Poio chegará o venres 27 de xuño. Como xa vén sendo un clásico imprescindible do programa, os máis pequenos da casa serán os absolutos protagonistas coa gran festa infantil, que incluirá unha divertida festa da escuma e animación musical.

Festa infantil de San Xoán en Poio. / GUSTAVO SANTOS
Dende o Concello de Poio fan un chamamento á participación cidadá, invitando a achegarse a compartir, convivir e gozar dunhas festas que son un auténtico punto de encontro na comarca tanto para veciños e veciñas como para visitantes.
- El mercadillo de Cangas cerró hoy a su hora entre lamentos de los comerciantes
- La Cofradía de Pescadores de Aldán denuncia la presencia continuada de yates en el muelle, pese a estar probido
- Las titulaciones que cerraron con las notas de corte más altas del Sistema Universitario de Galicia: tres superan incluso a Medicina
- Muere un joven de Madrid tras impactar contra una furgoneta en Ourense
- Estudiantes ante la Delegación de la Xunta: «Xa que non podemos ensaiar no conservatorio superior, ensaiamos aquí»
- El Concello de Bueu ejecutará la compra de una finca para la construcción del nuevo depósito de agua en Cela
- Eterno Víctor Iglesias Viqueira
- La presión de los precios pincha la «burbuja» de vivienda en Galicia: las compraventas agravan su caída al 11% en mayo