Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O San Antonio de Rodeiro abre o verán festivo na comarca

A comisión de festas organizadora afronta a súa cuarta edición consecutiva

Ambiente no San Antonio 2025.

Ambiente no San Antonio 2025. / fdv

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Moncho González

Rodeiro xa respira ambiente de festa. As patronais de San Antonio regresan esta fin de semana convertidas, unha vez máis, na gran porta de entrada ao verán festivo na comarca de Deza. Durante tres intensas xornadas, veciños, veciñas e visitantes volverán encher as rúas da capital cambota para participar nunha celebración na que a música será a principal protagonista, e nun escenario que este ano conta cun aliado de excepción: o bo tempo.

As previsións meteorolóxicas anuncian temperaturas altas e ceos despexados para os días centrais das festas, unha circunstancia que invita a gozar ao máximo dunha programación pensada para todas as idades. A combinación entre un cartel musical de primeiro nivel e unhas condicións climatolóxicas favorables fai prever unha importante afluencia de público, tanto procedente do propio municipio como doutras localidades da comarca e da provincia.

San Antonio sempre foi unha das citas máis emblemáticas do calendario festivo dezá. Non só pola súa capacidade para atraer a visitantes, senón tamén porque marca simbolicamente o inicio dunha intensa tempada de verbenas, romarías e celebracións populares que se prolongará durante todo o verán.

A importancia destas festas vai máis alá do aspecto lúdico. Para Rodeiro supoñen tamén un importante motor económico e social. Os establecementos hostaleiros, os comercios e os negocios locais viven un incremento da actividade, mentres que as festas serven como punto de encontro para moitos veciños e veciñas que aproveitan a ocasión para regresar ao municipio e reencontrarse con familiares e amizades.

Sandra Diéguez, Sara Villanueva, María Moreiras e Sonia Fernández repiten este ano á fronte da organización. Son xa catro edicións consecutivas encargándose das festas de San Vicente e San Antonio, unha tarefa que obriga practicamente a traballar durante todo o ano. Nun contexto no que cada vez resulta máis difícil atopar relevo para as comisións festivas, o seu compromiso permitiu dar continuidade a dúas celebracións que reúnen cada ano a centos de persoas na parroquia.

Tracking Pixel Contents