Rodeiro reivindica o orgullo rural co seu Sabor Labrego
Desde o pasado 26 de abril, e ata este domingo 24 de maio, o Concello de Rodeiro celebra a terceira edición do seu Sabor Labrego cunha programación chea de gastronomía, tradición, gando e música

Ambiente na celebración do certame o ano pasado. / Bernabé
Moncho González
Sabor Labrego está de volta e vén máis forte ca nunca. Rodeiro celebra este 2026 unha nova edición dunha cita que xa se consolida como escaparate do produto local, da tradición gandeira e do orgullo rural. Baixo o lema “O sabor do país”, o municipio convértese durante varias semanas nun punto de encontro para veciñanza, visitantes, produtores, gandeiros, hostalaría e todas aquelas persoas que entenden o rural como identidade, cultura e futuro.
A programación desta edición xa deixou atrás momentos moi destacados. O pasado 26 de abril celebrouse a I Ruta Cambota, unha proposta pensada para os amantes do enduro, trail e quad, que combinou deporte, natureza, convivencia e un auténtico xantar labrego. O 2 de maio foi a quenda da II Fase do Campionato Galego de Andadura Federada, unha cita que reforzou a presenza do mundo cabalar dentro dun programa profundamente ligado ao territorio. Ademais, do 9 ao 17 de maio, a hostalaría local foi protagonista co II Camburguer, unha iniciativa que puxo en valor a carne de tenreira suprema a través de propostas gastronómicas creativas, saborosas e con selo propio.
Tras estas primeiras actividades, Sabor Labrego encara agora a súa recta final con dúas datas imprescindibles. O sábado 23 de maio celebrarase a Cata de Maridaxe, unha experiencia dirixida aos padais máis curiosos e sibaritas, na que os produtos de proximidade serán os grandes protagonistas. Será unha oportunidade para descubrir combinacións, sabores e elaboracións que falan da riqueza gastronómica de Rodeiro e das comarcas veciñas.
III Sabor Labrego
O domingo 24 de maio chegará o gran día co III Sabor Labrego, unha xornada pensada para gozar en familia e compartir arredor da tradición, da boa mesa e da cultura rural. Organizado polo Concello de Rodeiro a través da Tenencia de Alcaldía, Concellería de Economía, Educación, Deportes, Xuventude e Sector Primario, Concellería de Cultura, Turismo, Patrimonio, Comercio e Sanidade, a programación comezará a partir das 12:30 horas coa apertura da exposición alimentaria das comarcas do Deza, Chantada e Ulloa, un espazo no que coñecer de preto produtos locais, elaboracións artesás e propostas vinculadas ao sector primario. Ás 13:00 horas terá lugar a exhibición de gando, unha das actividades máis representativas da celebración, xunto coa lectura do pregón, que desta volta correrá a cargo de Alfredo Suárez Canal, conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia entre 2005 e 2009.
A programación continuará ás 14:00 horas coa entrega de recoñecementos a gandeiros e gandeiras, unha homenaxe necesaria ao esforzo diario de quen mantén vivo o campo e produce alimentos de calidade. Ás 14:30 horas celebrarase a agardada Festa do Chuletón, co Menú Sabor Labrego, e ás 18:30 horas a orquestra La Fórmula e DJ porán o broche musical a unha xornada chamada a reunir a centos de persoas.
- Un vigués pide el indulto para su hermana, condenada en A Lama a seis años de prisión y diagnosticada de TEA tras los hechos
- La familia de una joven que sufrió un traumatismo craneoencefálico grave reclama al Sergas ampliar la rehabilitación
- Una boda de altura, mucho baile, visita a Urgencias y una luna de miel sobre ruedas
- Giro del Supremo con los proyectos eólicos paralizados: el tribunal ya no garantiza el derecho a conectarse a la red
- Así será el futuro hotel balneario de As Caldas, con categoría 5 estrellas, vistas al Miño, servicios de salud termal, ocio y restauración
- Irlanda certifica que los parques eólicos pueden «convivir» con nasas o palangre pero lo descarta con redes de arrastre
- Radiografía de los centros comerciales de Vigo: entre la plena ocupación y la reinvención para buscar un punto de inflexión
- Un juez de Vigo da la razón a una vecina y anula una sanción por cambio de uso de trastero a vivienda sin licencia