Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A XIII edición dos Premios Martín Códax da Música inicia o seu camiño cara a gala do 27 de maio

O público e as persoas asociadas a Músicas ao Vivo poden votar ata o 24 de maio aos proxectos finalistas desta edición

A gala final celebrarase no Pazo da Cultura de Pontevedra

FESTA DE FINALISTAS 2026.

FESTA DE FINALISTAS 2026. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Pontevedra

A XIII edición dos Premios Martín Códax da Música entra xa na súa fase decisiva coa vista posta na gala final que terá lugar o próximo 27 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra. Organizados pola asociación Músicas ao Vivo co apoio de Bodegas Martín Códax, AGADIC da Xunta de Galicia, Concello de Pontevedra e Deputación de Pontevedra, estes galardóns continúan consolidándose como unha das grandes plataformas de recoñecemento da música feita en Galicia.

A edición deste ano mantén o seu compromiso coa diversidade e a profesionalización do sector musical galego a través de 15 categorías musicais, nas que se recoñecen proxectos destacados en estilos pop e indie; rock e punk; blues, funk e soul; metal e heavy; canción de autor/a; músicas urbanas; músicas do mundo e mestizaxe; electrónica; música clásica e contemporánea; jazz e músicas improvisadas; música tradicional; música folk; música infantil; orquestras, grupos e músicas de verbena e bandas de música popular.

Gala de premis 2025.

Gala de premis 2025. / Cedida

Ademais das categorías musicais, os premios volven contar coa categoría extraordinaria Artista Emerxente, destinada a poñer o foco en novos proxectos con especial proxección, así como cos Premios Organistrum, que recoñecen o labor de salas, festivais e proxectos de comunicación musical. A edición contará tamén cun Premio Honorífico Músicas ao Vivo, destinado a distinguir unha traxectoria de especial relevancia para a música galega.

En total, 48 proxectos finalistas optan aos distintos galardóns que se entregarán na gala final, poñendo en valor a creatividade, riqueza e diversidade do panorama musical galego actual.

Actualmente está aberta a segunda fase do proceso de votación, na que o público e as persoas asociadas a Músicas ao Vivo poden apoiar aos seus proxectos favoritos ata o 24 de maio a través da web oficial dos premios. O sistema mantén o modelo de votación en dúas fases: unha primeira realizada por un xurado profesional composto por representantes da formación, da industria, da comunicación e por músicas/os; e unha segunda aberta ao voto popular e asociativo, cunha ponderación do 50% para cada parte.

Compromiso institucional coa música galega

As entidades organizadoras e colaboradoras coinciden en destacar o papel dos Premios Martín Códax da Música como ferramenta de impulso ao talento, escaparate da diversidade creativa e motor de proxección para a música galega.

Botella 2026.

Botella 2026. / Cedida

Desde Bodegas Martín Códax salientan o seu compromiso continuado coa cultura galega e co fortalecemento do sector musical. Pola súa banda, tanto Concello como Deputación de Pontevedra subliñan a importancia de consolidar espazos de visibilidade e recoñecemento para a música feita en Galicia, mentres que desde AGADIC se destaca tamén o valor de implicar ao público xeral no proceso de votación para achegar o talento galego á sociedade.

A presidenta da Asociación Músicas ao Vivo, Sheila Patricia, lembrou tamén a homenaxe desta edición ao patrimonio inmaterial ligado ás lendas e ao paganismo, coincidindo simbolicamente co número 13, «forma parte da nosa cultura».

A gala final poderá seguirse tamén a través da plataforma agalega.gal e na canle de Youtube de Músicas ao Vivo. Toda a información sobre os premios e as votacións está dispoñible en premiosmartincodaxdamusica.gal

Tracking Pixel Contents