Un referente cultural e social para Vilagarcía de Arousa
Exposicións, presentacións literarias e eventos sociais fortalecen o papel do Centro Comercial Arousa como espazo multidisciplinar

Esposción de Arturo Dapena, Terras e Augas. / Centro Comercial Arousa
Moncho González
O Centro Comercial Arousa continúa reforzando o seu papel como un dos grandes puntos de encontro de Vilagarcía de Arousa, combinando a súa ampla oferta comercial cunha programación cultural e social cada vez máis consolidada. A través de exposicións, presentacións literarias, concursos, conferencias e actividades promovidas por diferentes colectivos, o centro aposta por converterse nun espazo aberto á cultura e á participación cidadá.
Un dos principais exemplos desta liña de traballo é a exposición “Terras e Augas”, do artista Arturo Dapena, unha mostra inspirada na paisaxe galega e na conexión emocional coa terra e co mar. A exposición pode visitarse durante todo o mes de maio e forma parte dunha programación artística estable que o centro xa ten pechada ata febreiro do próximo ano.
Ademais das exposicións, o Centro Comercial Arousa continúa desenvolvendo unha intensa actividade cultural. Nos próximos días acollerá novas presentacións literarias, entre elas as últimas novelas do escritor Manuel Losada, así como un libro infantil previsto para a próxima semana.
Dentro desta programación destaca tamén o VII Concurso Literario das Letras Galegas 2026 de Relato Curto, organizado coa colaboración da Mesa das Verbas e da Deputación. Nesta edición presentáronse un total de 63 relatos procedentes de distintos puntos da xeografía galega, consolidando o certame como unha das iniciativas culturais con maior participación da comarca.
O primeiro premio foi para Manuel Losada, de Boiro, polo relato E non pido perdón. O segundo premio recaeu en Carmen Meixús Fernández, de Vilagarcía, por O misterio da capela, mentres que o terceiro foi para Nirioxis Belén Rodríguez Pérez, de Pontevedra, por Candeas no meu portal. Ademais, Rocío Leira Castro, de Santiago de Compostela, recibiu un accésit pola obra Éxtase.
O acto de entrega de premios celebrouse onte na Sala Multiusos do Centro Comercial Arousa, un espazo que se converteu nun auténtico punto de encontro para asociacións, docentes, colectivos culturais e entidades sociais da comarca.
Toda esta actividade cultural convive cunha importante oferta comercial liderada por oito grandes operadores, entre os que destacan HiperFroiz, Bricocentro, Evofit, KiK, Tedi, Cambalache e Estrella Park, situado na terceira planta e convertido nun dos principais espazos de ocio do recinto.
Precisamente Estrella Park incorporou recentemente unha nova mesa de ping pong dentro da súa proposta Estrella Experience, unha iniciativa pensada para fomentar o ocio compartido e as actividades participativas entre familias e mocidade.
O Centro Comercial Arousa conta ademais con outros 27 negocios especializados en moda, complementos, óptica, servizos para mascotas, lavandería e arranxos de roupa, así como catro establecementos de restauración: Faster Meals, Gambrinus, Burger King e Cambalache.
Desde a dirección do Centro Comercial Arousa destacan a súa intención de seguir combinando comercio, cultura e vida social nun mesmo espazo, apostando por unha programación continua que achegue actividades de interese para públicos de todas as idades e converta cada visita nunha experiencia completa.
- Aparece, en perfecto estado, la joven que la Policía de Moaña buscaba desde la noche del martes
- Los estudiantes que hicieron el examen de Historia de España, en la que hubo problemas, pueden respirar tranquilos: los correctores serán «flexibles»
- De jugar en el Celta de Vigo a emprender juntos: Dos jóvenes gallegos impulsan cultura, tecnología y responsabilidad social con Zona Norte Podcast
- Buscan a una joven de 19 años de Moaña desaparecida desde el martes
- Alumnos de colegios privados en Galicia obtienen mejores expedientes y notas de acceso a la universidad
- Las K9 eléctricas llegarán más lejos: Stellantis planea una nueva evolución para las baterías de las furgonetas viguesas
- El peaje de la selectividad sobre el expediente en Galicia: el alumnado de sobresaliente se reduce a la mitad tras la prueba
- La exmujer del agente FIFA Toni Otero acepta dos años de cárcel y deberá devolver casi 400.000 euros