A Estrada prepárase para a Festa do Salmón máis agardada
A cita cumple 52 edicións e reúne a 18 establecementos na degustación popular, que servirán as máis de 5.500 racións previstas

A Praza da Constitución será o epicentro da degustación da LII Festa do Salmón no seu día grande. / BERNABE/JAVIER LALIN
Moncho González
A Festa do Salmón 2026 non será só unha gran cita gastronómica. A Estrada vive durante toda a fin de semana unha intensa programación cultural, musical e deportiva pensada para converter o municipio nun auténtico punto de encontro festivo. Concertos, folclore, artesanía, actividades tradicionais e espectáculos populares completan unha axenda pensada para todos os públicos.
A actividade da fin de semana arrancará xa hoxe sábado coa celebración do XV Raid Hípico do Salmón, proba puntuable para o Campionato Galego, que reunirá na praia fluvial de Liñares a destacados xinetes e cabalos nun entorno natural privilexiado. Ademais, esta edición incorporará por vez primeira o Raid Infantil, unha iniciativa pioneira que amplía a programación deportiva da festa e aposta pola promoción da hípica entre os máis novos. A cita deportiva compartirase cunha nova edición da exposición de bonsái da Estrada, instalada na Sala Abanca e aberta tanto en horario de mañá como de tarde, converténdose nun dos espazos máis singulares da programación.
O ambiente irá medrando ao mediodía cos tradicionais Cantos de Taberna na Zona dos Viños, unha proposta xa consolidada que levará música popular e animación ás rúas e locais hostaleiros do centro da vila.
Xa pola tarde-noite chegará un dos momentos culturais destacados da fin de semana co Festival Folclórico do Salmón no Teatro Principal, onde actuarán o grupo estradense Tequexetéldere e o histórico grupo Coros y Danzas Villa de Leganés.
A xornada do sábado pecharase cun dos pratos fortes musicais desta edición: o concerto de Mondra na Praza da Constitución. O artista galego, convertido nun dos nomes máis recoñecidos da nova música tradicional contemporánea, promete un espectáculo de gran intensidade para abrir a noite grande da Festa do Salmón.
O domingo 17 de maio, día central da celebración, arrancará cunha intensa actividade dende primeira hora da mañá. A Alameda municipal converterase nun dos grandes epicentros da xornada coa lectura do pregón do Día das Letras Galegas a cargo da xornalista Neves Rodríguez e coa actuación da Banda de Gaitas de Barbude, que achegará o son máis tradicional á mañá festiva.
Ás 12.00 horas terá lugar no Teatro Principal o acto institucional da Festa do Salmón, un dos momentos máis emblemáticos da programación. O pregón correrá a cargo do ex xogador internacional de baloncesto Fernando Romay, unha figura moi querida e coñecida polo público galego. Durante o acto realizarase tamén a entrega dos Salmóns de Ouro, distincións que este ano recaerán no propio pregoeiro, Ariadna Silva, Darío Loureiro, AGASP e Elvira Fernández, nunha homenaxe ao compromiso e á proxección de persoas e entidades vencelladas ao territorio. A Coral Polifónica Estradense será a encargada de poñer o acompañamento musical ao evento.
A programación continuará coa Feira de Artesanía na rúa Justo Martínez, outro dos clásicos da festa, onde diferentes artesáns mostrarán os seus traballos e creacións ao público visitante.
Ás 13.00 horas chegará un dos momentos máis esperados da fin de semana: a gran degustación popular de salmón na Praza da Constitución, que este ano contará coa participación récord de 18 establecementos hostaleiros e miles de racións previstas.
A música seguirá acompañando a xornada coa actuación da BigBand Carlos Barruso, que aportará ritmo e ambiente festivo ao centro da vila mentres continúan as degustacións e o movemento de visitantes polas rúas da Estrada. A festa non decaerá despois da degustación, xa que a programación continuará cun tardeo na rúa Serafín Pazo, prolongando o ambiente festivo durante toda a tarde no centro da vila.
Xa pola noite, a celebración culminará cunha das actuacións máis multitudinarias do panorama festivo galego: a orquestra París de Noia actuará na Praza de Galicia a partir das 20.00 horas, poñendo o broche final a unha edición que aspira a converterse nunha das máis exitosas e concorridas da historia da Festa do Salmón.
- Muere un presunto narco en un operativo contra el tráfico de drogas en Arousa
- La Diputación puede verse obligada a devolver la Pousada da Lanzada y su centro vacacional
- Buscan a un hombre de 43 años tras agredir a su expareja y secuestrar a su bebé en Ponte Caldelas
- Abel Caballero exige 9 millones de euros a la Xunta: «Si a Santiago lo apoyan con tres por capitalidad, a Vigo le tienen que dar nueve como ciudad más importante de Galicia»
- Un abogado irá a juicio en Vigo acusado de masturbarse ante una clienta por videoconferencia
- Nuevo operativo contra el narcotráfico en Arousa: registros en Vilanova, Vilagarcía y Ribadumia
- El Ministerio de Cultura reabre la investigación sobre la «casa barroca» de Combarro tras un vuelco documental
- Una nutria «enorme» sorprende a los bañistas en las playas de Coruxo