O parque de Mondigo, un reflexo da nova eólica galega
É o primeiro parque eólico adquirido por Recursos de Galicia, co apoio da Xunta. A veciñanza e as empresas locais beneficiaranse da súa produción

O parque eólico Mondigo sitúase nos concellos de Ribadeo, Trabada e Barreiros. / RDG
Sopran novos ventos na nosa comunidade. A sociedade público-privada Recursos de Galicia (RDG), impulsada pola Xunta, adquiriu por primeira vez un parque eólico, o parque de Mondigo, que servirá como punto de partida para un novo modelo de xestión enerxética no noso territorio.
O parque de Mondigo convértese así no paradigma da nova política eólica de Galicia, asentada sobre catro puntos principais: descontos directos na factura eléctrica para a veciñanza dos parques; democratización dos PPA (acordos de compra de enerxía entre produtores de enerxía renovale e consumidores ou comercializadoras); incorporación do interese local a través do diálogo constante cos veciños e os concellos e da apertura da propiedade dos parques á súa participación directa; e, por último, a repercusión do 100% da enerxía producida en Galicia, no propio territorio galego.
Todas estas novidades foron adiantadas nos últimos meses, pero o vindeiro día 19 de maio explicaranse de forma directa nunha reunión aos alcaldes e empresarios dos municipios onde se asenta o parque eólico Mondigo (Ribadeo, Trabada e Barreiros; os tres na Mariña de Lugo).
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, avanzaba a finais de abril que xa se está traballando en activar os descontos que recibirán os fogares máis próximos a Mondigo, englobados baixo o nome ‘Mondigo Beneficia’. Concretamente, ao redor de 500 fogares disfrutarán dun 80% de desconto no seu consumo de electricidade. A veciñanza foi informada mediante o envío dunha carta directa e tamén se habilitou a páxina web rdgmondigo.gal para consultar todos os detalles e tramitar a rebaixa na factura.
Así mesmo, estase a comezar o deseño dun plan industrial para estender as bonificacións ás empresas locais. «Se queremos que haxa industria nun territorio temos que saber crear as condicións, a industria non chega por casualidade, faino porque hai unha política económica clara», declarou Lorenzana.
Reversión do beneficio
Recursos de Galicia (RDG) mercou o parque eólico de Mondigo a Sinia Renovables, a filial 100% de Banco Sabadell, en febreiro deste ano. É un proxecto de nova execución, que comezou a finais de 2025 a producir electricidade.
Unha das principais decisións que tomou RDG foi abrir a propiedade do parque eólico aos concellos nos que este se empraza (Ribadeo e Trabada), así como ao de Barreiros, polo que discorre a liña de evacuación das instalacións. No seu conxunto, os concellos poderán incorporar ata un 10% do accionariado da sociedade do parque.
«En Mondigo aplicaremos a nosa política de reversión do beneficio no territorio e nas persoas», afirma Emilio Bruquetas, conselleiro delegado de RDG. Estas instalacións van permitir avanzar no cumprimento dunha das misións principais polas que foi creada esta sociedade público-privada: contar cun plan estratéxico para prover de electricidade competitiva aos galegos e estabilizar os custos para as as empresas galegas.
«Os nosos recursos, ao noso servizo»
Recursos de Galicia é unha sociedade pioneira en España creada para descarbonizar a economía, reforzar a autonomía enerxética, promover prezos competitivos e impulsar a relación enerxía-industria-sociedade, garantindo beneficios para o territorio e a cidadanía. En síntese, busca un desenvolvemento enerxético equitativo que impulse o progreso de Galicia. Así o di o seu lema: «Os nosos recursos, ao noso servizo».
- Muere un presunto narco en un operativo contra el tráfico de drogas en Arousa
- La Diputación puede verse obligada a devolver la Pousada da Lanzada y su centro vacacional
- Buscan a un hombre de 43 años tras agredir a su expareja y secuestrar a su bebé en Ponte Caldelas
- Abel Caballero exige 9 millones de euros a la Xunta: «Si a Santiago lo apoyan con tres por capitalidad, a Vigo le tienen que dar nueve como ciudad más importante de Galicia»
- Un abogado irá a juicio en Vigo acusado de masturbarse ante una clienta por videoconferencia
- Nuevo operativo contra el narcotráfico en Arousa: registros en Vilanova, Vilagarcía y Ribadumia
- El Ministerio de Cultura reabre la investigación sobre la «casa barroca» de Combarro tras un vuelco documental
- Una nutria «enorme» sorprende a los bañistas en las playas de Coruxo