Moaña lánzase á procura do tesouro
Durante dous días, os comercios da vila acollerán unha búsqueda do tesouro con enigmas e premios para todos os públicos

Cartel da «búsqueda do tesouro».
As rúas e escaparates de Moaña agochan esta fin de semana un segredo por descubrir. Entre pistas, palabras escondidas e pequenos enigmas, a vila transformarase nun gran xogo ao aire libre coa celebración da «Búsqueda do Tesouro do Weltanschauung», unha proposta aberta a todos os públicos que combinará diversión, enxeño e apoio ao comercio local. A actividade desenvolverase os días venres 8 e sábado 9, implicando a 22 establecementos participantes repartidos por distintos puntos do municipio.
As persoas participantes deberán resolver diferentes probas, pistas e acertixos agochados nos comercios adheridos á campaña. Para participar, será necesario recoller un mapa en calquera dos establecementos participantes e rexistrar posteriormente o código QR incluído nel, desde o que se poderán enviar as respostas de forma en liña. Segundo a organización, non existe unha orde obrigatoria para completar o percorrido, polo que cada participante poderá descubrir Moaña ao seu ritmo e dun xeito diferente.
O obxectivo será completar polo menos 10 das 22 probas dispoñibles para poder entrar no sorteo final de seis tarxetas regalo de 100 euros cada unha, sumando un total de 600 euros en premios para consumir no comercio local.
Entre os negocios participantes atópanse Ferretería O Muelle, Moda Infantil Vicky, La Papelería Moaña, Mi+Cota, Din y Don, Fotoestudio Landesa, Merca Precio, Mi Casa Moaña, Electrodomésticos Moisés Tien21, El Vestidor de Clara, Librería Alborada, Opticalia Moaña, Box Woman, NAS&NOS, Bechos, CRAVI MODA, Gamela de Papel, Maikel & Best, Centro Óptico Anteollo, Pincel e Maxia e Hortelán.
A entrega de premios celebrarase o sábado 9 ás 17.00 horas no palco situado no contorno da Praza de Abastos de Moaña, nun acto que contará ademais coa actuación musical de Mais Cantos.
A campaña está organizada por ACIMO e o Concello de Moaña, coa colaboración de diferentes asociacións comerciais e o apoio económico da Xunta de Galicia e Abanca. A iniciativa busca dinamizar o comercio local e animar á veciñanza e visitantes a descubrir os establecementos participantes dunha maneira lúdica e participativa.
- Sin tren entre Vigo y Santiago a causa de un hombre subido a la catenaria, en Vilagarcía
- Argentina autoriza la entrada masiva de pesqueros extranjeros por el temporal: flota gallega, a la capa para protegerse
- La factura del jabalí: resembrar una hectárea de maíz cuesta más de 900 euros
- El Celta, un paso más cerca de Europa
- Adrián Senar, CEO de Kreios Space: «En dos años necesitaremos 2.000 o 3.000 metros cuadrados más para empezar a producir»
- Cae parte del techo del parking del Eroski de la avenida Portanet, en Vigo
- Una autovía en pleno Vigo: 'pillado' a 124 km/h en una carretera limitada a 50 km/h
- El Concello de Vigo encarga la primera fase de la ampliación de Tribuna y pide colaboración económica: «No hay excusas»