Un destino de relax e natureza
A Arnoia garda todos os elementos para vivir unha escapada perfecta

Instalacións e vistas do Hotel Balneario de Arnoia. / FdV
O Concello da Arnoia é sinónimo de descanso, auga e natureza. Por iso mesmo, estase a posicionar como un enclave turístico referente na comarca.
Por unha banda, foi significativa a apertura o pasado ano do Hotel-Balneario de Arnoia; unhas instalacións que acollen 50 habitacións, tres piscinas interiores (unha delas, Alvea, das máis grandes de Galicia) e unha ampla oferta de tratamentos de beleza e benestar. As augas hipotermais do balneario están indicadas para a fibromialxia e a artrose; de feito, o complexo conta con 30 habitacións destinadas a persoas que precisan tratamentos intermedios ou rehabilitación.
Outra das xoias turísticas de Arnoia é o hotel Abadía-Caldaria.Ten capacidade para 50 hóspedes e dispón de 16 habitacións dobres, cada unha delas única; dous apartamentos individuais e unha habitación adaptada. A estas opcións de descanso e benestar hai que sumarlle a oferta gastronómica da vila. Por exemplo, está triunfando especialmente o restaurante A Lareira, recoñecido cun Solete da Guía Repsol.
E por suposto, se por algo destaca Arnoia, é pola súa contorna natural. Moi preto do Balneario atopamos o Sendeiro Termal e da Saúde da Arnoia, distinguido como Sendeiro Azul polo seu valor medioambiental e paisaxístico. A ruta percorre o trazado do río Arnoia, onde podemos observar rincóns de interese patrimonial como a Torre de San Roque.
Outros enclaves naturais que paga a pena visitar son os miradoiros, como o impresionante balcón do Monte dos Chaos. Ademais, este verán producirase un esperado eclipse solar que se poderá ver ao 90% desde Arnoia e que, seguro, atraerá a ducias de visitantes.
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- El antiguo concesionario Opel de la Avenida de Madrid será un hotel de 3 estrellas y 132 habitaciones
- La afición del Friburgo se rinde al «aura» de Balaídos y Vigo: «Estuve en muchos estadios y esto es una experiencia 10/10 »
- Un ourensano intenta pasar la ITV con un coche y una caravana vinculados a una estafa sufrida por un riojano
- Bertín Osborne actuará en la Festa do Galo, con María Mera de pregonera
- El Concello de Moaña contrata, por primera vez, un técnico para acelerar las tramitaciones en todos los departamentos
- Un desahucio sin inquilinos en Vigo que se prolongó año y medio: «Se fueron, dejaron de pagar el alquiler pero no pudimos entrar hasta ahora»
- Cazan al arrastrero portugués «Coimbra» por presunta pesca ilegal en uno de los caladeros estratégicos de la flota gallega