Pontevedra quere ser provincia referente do astroturismo
A Deputación lanza o produto «Baixo o ceo das Rías Baixas» ao abeiro dos tres eclipses solares que se poderán observar en 2026, 2027 e 2028

Observatorio de Forcarei. / Bernabé / Luismi
A Deputación de Pontevedra crea o produto turístico «Baixo o ceo das Rías Baixas» co obxectivo posicionar a provincia como un destino de referencia mundial do astroturismo, ao abeiro dos tres eclipses solares que se poderán observar desde aquí, este ano e en 2027 e 2028, en condicións «inmellorables».
«Moito se está a falar do eclipse do 2026 e da situación privilexiada da nosa terra como o mellor lugar do mundo para observar o fenómeno pero, ata o de agora, non se tiña dado ningún paso para crear un produto concreto para posicionarnos no mundo», destaca o presidente provincial, Luis López. «Somos pioneiros».
«Baixo o ceo das Rías Baixas» trátase dunha «proposta estruturada para converter o ceo da nosa provincia nun produto turístico estable que nos permita situarnos como destino de referencia mundial en astroturismo». Para artellar esta novidosa iniciativa, a Deputación de Pontevedra creará unha rede de puntos de observación dos eclipses solares que serán identificados polos 61 concellos da provincia.
Nestes puntos organizaranse quedadas de observación que se concibirán como experiencias compartidas, divulgativas, accesibles e non especializadas, nas que se fomentará a asistencia tanto da veciñanza como de visitantes. E, tal e como explicou o presidente, para que sexan totalmente seguras, distribuirase a través da Rede Info Rías Baixas un kit de observación dos eclipses, que consistirá en gafas homologadas e material divulgativo.
Ademais, impulsarase unha campaña de promoción conxunta coordinada desde a Deputación para divulgar tanto o acontecemento como a rede provincial de puntos de observación. «E todo, como non podía ser doutro xeito, convertendo aos concellos en axentes activos do produto. Eles serán os que identifiquen os puntos idóneos de observación que formarán parte da rede provincial e eles serán os protagonistas desta iniciativa pioneira», remarcou Luis López sobre «Baixo o ceo das Rías Baixas», unha iniciativa «aliñada coa Estratexia Rías Baixas 61, sostible e que contribúe á diversificación da oferta».
A principios do mes de marzo, segundo informou a Deputación, 37 municipios da provincia pontevedresa xa mostraran interese por sumarse á iniciativa.
Un gran acontecemento
O eclipse deste ano será o primeiro eclipse total de Sol visible na península en máis dun século, por iso é todo un acontecemento que espera atraer a un importante público internacional. Atravesará a Península Ibérica o 12 de agosto e na provincia de Pontevedrá será visible nun 99%. Isto significa que a luna chegará a tapar por completo o disco solar durante uns minutos. O fenómeno comenzará ás 19:30 horas, alcanzará o seu pico ás 20:30 e finalizará ás 21:20, dacordo coas previsións dos expertos.
A expectación é tal que a Subdelegación de Goberno en Pontevedra xa está coordinando un dispositivo especial de seguridade e mobilidade xunto a representantes de asociacións astronómicas, Xunta, Deputación, hostalaría, forzas de seguridade e outros organismos públicos.

Castelo de Soutomaior.
Visitas virtuais ao Castelo de Soutomaior
A Deputación está tamén avanzando na posta en marcha dunha plataforma de visitas virtuais ao Castelo de Soutomaior e á súa ruta das camelias, cun investimento de máis de 61.000 € financiados cos fondos da Unión Europea NextGeneration. Estase traballando na posta en marcha dunha visita virtual libre e dun tour de benvida, coa realización dun estudo para o deseño do percorrido e para a dixitalización dos espazos que formarán parte da visita virtual e coa elaboración dos contidos da vista e do tour de benvida.
- Un furancho de Redondela, multado con 45.000 euros por no dar de alta a sus trabajadores
- La historia de superación de Sandra y Antonio, de dormir en la calle a abrir un comercio de barrio en Ourense: «La primera noche dormimos en un parque»
- Vigo recibirá a los reyes Felipe y Letizia a finales de mayo por el Día de las Fuerzas Armadas, con seis jornadas de celebración
- Casi 20.000 hectáreas de Pontevedra y seis concellos más, declaradas para la caza libre
- El Paseo de Alfonso acoge el sábado la tercera edición de «A nosa memoria», un homenaje a Rubén Berto Covelo
- Muere Carlos López, jefe de Ginecología del Chuvi y descendiente de Ramón y Cajal
- Condenan a una mujer por violencia doméstica contra su marido en Cangas
- Portugal arranca los trabajos del AVE desde Oporto y coloca la «primera estaca»