O Colexio Eduardo Pondal, onde o teatro é unha ferramenta educativa
O alumnado deste centro educativo conmemorou o Día Escolar pola Non Violencia e a Paz cun proxecto teatral para educar en valores e fortalecer a convivencia

Alumnos do Colexio Eduardo Pondal representando unha obra de teatro. / Cedida
Cada 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar pola Non Violencia e a Paz, unha xornada sinalada no calendario de moitos centros educativos para reflexionar sobre convivencia, respecto e empatía. No entanto, no Colexio Eduardo Pondal teñen claro que esa reflexión non pode quedar reducida a palabras ou pancartas: precisa experiencias reais e vividas.
Este curso, o alumnado decidiu facer a súa propia lectura da paz a través do teatro. Foi a iniciativa dos estudantes o que convertíu o escenario nun espazo para pensar, sentir e compartir, transformando unha data conmemorativa nun proceso educativo colectivo que enriquece a convivencia de todo o centro.
«O teatro permítenos poñernos na pel dos demais», explican Jorge e Antón, uns dos participantes, que recoñecen no feito de interpretar a outros a oportunidade de entender mellor ás persoas que os rodean. Para eles, aprender a ver o mundo desde outra perspectiva é, en si mesmo, unha lección de empatía.

Alumnos do Eduardo Pondal. / Cedida
O teatro como lingua para construír a paz
Lonxe de consideralo un simple xogo ou unha representación lúdica, o alumnado defende que interpretar implica empatía real. «Na escola axiña poñemos etiquetas coma o ‘raro’, o ‘popular’ ou o ‘malote’, pero o teatro apaga ese prexuízo automático», afirma Jorge, sinalando que a escena obriga a comprender sen xulgar.
O teatro converteuse tamén nun espazo para xestionar emocións. Nesa etapa intensa que supón a adolescencia, o escenario funciona como un taller onde non só se representa, senón que se experimenta e se aprende a xestionar nervios, medo e inseguridades. «Se aprendes a recoñecer e controlar esas emocións alí arriba, é máis fácil que non te dominen no mundo real», engade Antón.
Este enfoque práctico e vivencial, no que o alumnado é protagonista das súas aprendizaxes, é tamén reflexo do xeito de entender a educación que caracteriza ao Colexio Eduardo Pondal.

Representación teatral dos alumnos no Colexio Eduardo Pondal. / Cedida
O día a día do centro
A experiencia do 30 de xaneiro non é un feito illado. No Eduardo Pondal, o teatro forma parte da práctica educativa habitual dende os máis pequenos ata os máis maiores. En Primaria, o alumnado tamén realiza teatro en inglés a través do proxecto Treating, unha actividade coordinada pola profesora nativa do centro e que se desenvolve integramente neste idioma.
Na ESO, dentro do módulo de enriquecemento 'Liña do Tempo', o alumnado investiga distintas épocas históricas e personaxes, elabora guións, deseña decorados e representa escenas ante a comunidade educativa, convertendo a aprendizaxe nun proceso activo e creativo.

Alumnos do Colexio Eduardo Pondal. / Cedida
O centro participa tamén na MOTESMO (Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo), un encontro que reúne arredor de 400 estudantes da comarca nun escenario sen competición, entendido como espazo común para compartir cultura. Así mesmo, o CITEAMOR permite ao alumnado dar un paso máis e actuar ante público diverso, asumindo a responsabilidade de «ser actores de verdade».
Outras iniciativas como o Túnel do Terror, organizado polo alumnado de 4º da ESO con traballo previo sobre a pintura de Laxeiro, ou o proxecto LOVA en Primaria —no que estudantes de dez anos crean a súa propia compañía de ópera, deseñan escenografía e mesmo financian a produción— evidencian que a expresión artística é unha constante na vida escolar.
Nos próximos meses, o alumnado participará tamén nas Xornadas de Teatro das Escolas asociadas da UNESCO, onde exercerán como guías da cativada máis nova. «Descobres que ser un bo líder non é dar ordes, senón dar apoio», reflexionan, resumindo unha aprendizaxe que vai máis alá do escenario.
Un modelo educativo vivo e participativo
O Colexio Eduardo Pondal é unha cooperativa educativa fundada en 1980, que oferta Educación Infantil (0-6 anos), Primaria e ESO en réxime de concerto coa Consellería de Educación. Dende a súa creación, aposta por metodoloxías activas, centradas no alumnado como protagonista do seu proceso de aprendizaxe.
No centro, a aprendizaxe non se limita a contidos ou exames, senón que abraza experiencias que fomentan a participación, a cooperación e a creatividade. Proxectos transversais como o teatro, as actividades comunitarias e as iniciativas culturais forman parte do día a día escolar.
Este curso, o uso do teatro para conmemorar o Día Escolar pola Non Violencia e a Paz exemplifica esa filosofía: non se trata de repetir un mesmo acto cada ano, senón de buscar linguaxes e propostas que axuden ao alumnado a comprender mellor o mundo e a convivir con maior respecto e empatía.
- Varios heridos y destrozos en el Twenty de Vigo en una pelea entre ultras del Celta y el Lyon
- Sorprendidos manteniendo relaciones sexuales dentro de un coche en el aparcamiento de un supermercado de Redondela
- La hélice del crucero «Spirit of Discovery» quedó al aire frente a la costa gallega: hubo un fallecido y más de 100 heridos
- Unos padres de Ponteareas ceden la representación legal de su hija con discapacidad a sus hermanos por falta de «competencias digitales»
- Locales de hostelería de Vigo ya exigen consumición mínima a los clientes para poder sentarse y limitan el número de carritos de bebé
- Las huelgas y el cambio de pacientes de Povisa lastran las listas de espera del Chuvi
- Cortes de tráfico en Vigo: el Celta - Lyon y la llegada de aficionados franceses alterarán la circulación
- Inhabilitado y condenado al pago de 913.000 euros un empresario de Vigo por llevar una fabricante de maquinaria a la quiebra