O Entroido máis saboroso, en Cuntis
A vila termal continúa coa súa maratón festiva de febreiro, tras o Tapalacón da fin de semana pasada. O 21 e 22 de febreiro celebrará unha nova edición da Festa do Lacón con Grelos

Participantes no desfile grupal do ano pasado. / FdV
Moncho González
O Entroido de Cuntis promete converter as rúas da vila termal nun escenario de cor, música e imaxinación. O domingo 15 de febreiro, a partir das 11.00 horas, terá lugar o tradicional desfile e concurso de disfraces, unha cita que se consolida como un dos grandes reclamos festivos do inverno na comarca.
O punto de saída será o pavillón municipal dos Deportes, desde onde partirán comparsas, grupos, parellas e participantes individuais nun percorrido pensado para que o público poida gozar da creatividade e do ambiente festivo. O Concello aposta de novo por un Entroido aberto á participación de todas as idades, cun formato que combina espectáculo na rúa e competencia polo mellor disfraz.
Un dos grandes atractivos desta edición será o reparto de 3.000 euros en premios, distribuídos entre distintas categorías. As comparsas contarán con tres premios principais de 500, 400 e 300 euros, mentres que os grupos optarán a galardóns de 250, 200 e 150 euros. Tamén haberá premios para parellas, con cantidades que van dos 120 aos 40 euros, e para participantes individuais, con premios entre 75 e 20 euros. Ademais, establécese unha categoría específica para carrozas, cun premio único de 400 euros.
Desde o Concello destacan a importancia de fomentar un Entroido participativo, no que o protagonismo recaia na veciñanza e na capacidade creativa dos colectivos locais.
O cartel desta edición presenta unha imaxe colorista e simbólica: un personaxe festivo que convida á diversión e ao humor, valores esenciais dunha celebración que en Cuntis vai máis alá do simple desfile. O Entroido convértese cada ano nun punto de encontro interxeracional, no que conviven disfraces elaborados con meses de antelación e propostas improvisadas cheas de ironía.
Conta atrás para o Lacón con grelos. Ademais, na semana seguinte ao Entroido, a vila acolle a Festa do Lacón con Grelos, declarada de interese turístico en Galicia, que serve para prolongar o espírito festivo coa exaltación do prato estrela desta tempada e co tradicional Enterro do Chapante —un ritual carnavalesco que lembra a comitiva fúnebre simbólica do Chapante, un personaxe asociado ao espírito destas datas nda localidade-.
No marco da cita gastronómica terá lugar o Xantar do Lacón con Grelos. Xa está aberto o prazo para reservar mesa, e os interesados deben apresurarse para non quedar sen praza. O período de reservas permanecerá aberto ata o mércores 18 de febreiro, ambos inclusive. As reservas poden facerse chamando ao 986 53 36 00, e o prezo do menú será de 23 € por persoa. As reservas deben realizarse en número par de persoas e non se venderán entradas o propio día do evento; só se poderá acceder con reserva previa.
- Endometriosis, la enfermedad del silencio: ¿qué es y a quién afecta?
- Agencias de viaje temen cancelaciones en verano debido al conflicto en Irán
- Interceptado un conductor de patinete eléctrico en Vigo bajo los efectos de cuatro drogas diferentes
- El IEO documenta dos nuevos ejemplares de peces globo potencialmente tóxicos en aguas de Cangas y Pontevedra que evidencian la «tropicalización» de Galicia
- El gerente del Área Sanitaria de Vigo: «Los médicos sin MIR están de apoyo administrativo y no pueden ver pacientes»
- Galicia se prepara para un fuerte incremento de la inflación por encima del 3% este mes por culpa de la guerra en Oriente Próximo
- Stellantis planea dar entrada a inversiones de fabricantes chinos para reorganizar su capacidad industrial en Europa
- La viguesa Marta Pardo, primera mujer en el TOP 10 mundial de Global Gurus, destaca en liderazgo y gestión