Colexio Plurilingüe Casa de la Virgen de Cangas, máis que un centro educativo: «Somos unha gran familia, medramos xuntos»
Abrangue desde a etapa de Infantil ata 2º de Bacharelato. No centro do seu proxecto educativo, o seguimento persoal e académico de cada estudante
Educación de calidade, acompañamento real e unha comunidade educativa que funciona como unha auténtica familia, os seus piares fundamentais

Casa de la Virgen é máis que unha escola, é un lugar onde «medrar, formarse e construír o seu futuro durante moitos anos». / FdV
Escoller un centro educativo é unha das decisións máis importantes para unha familia, porque non se trata unicamente dun espazo físico ou dun proxecto académico, senón do lugar no que os fillos e fillas van medrar, formarse e construír o seu futuro durante moitos anos.
No Colexio Plurilingüe Casa de la Virgen de Cangas, esta elección supón apostar por un modelo educativo que acompaña o alumnado desde a Educación Infantil ata 2º de Bacharelato, creando unha comunidade educativa real na que todas as persoas se coñecen, se coidan e avanzan xuntas.
Ao longo de todas as etapas educativas, o centro mantén unha liña pedagóxica coherente e estable, que permite que o alumnado medre nun contorno próximo, seguro e familiar. O profesorado, a orientadora e o equipo directivo coñecen a traxectoria persoal e académica de cada alumno e alumna, un aspecto clave que marca diferenzas no seu desenvolvemento.
Non se trata de comezar de novo cada poucos anos, senón de medrar dentro da mesma familia educativa, establecendo vínculos sólidos e unha relación de confianza constante coas familias.
Acompañamento integral
Este acompañamento integral vese reforzado pola presenza dunha orientadora do centro, psicóloga, que atende tanto ao alumnado como ás familias. O seu labor abrangue non só a orientación académica nas etapas finais, senón tamén o seguimento emocional, a detección temperá de dificultades e o asesoramento en momentos clave do crecemento persoal e educativo. Esta atención profesional e próxima permite responder ás necesidades individuais de cada alumno ou alumna cun enfoque preventivo e personalizado.

En Casa de la Virgen priorízase o seguimento emocional, a detección temperá de dificultades e o asesoramento en momentos clave do crecemento persoal e educativo. / FdV
Desde os primeiros anos, o colexio presta unha especial atención ao benestar e á aprendizaxe do alumnado. En Educación Infantil estreáronse recentemente novas aulas, concibidas como espazos acolledores, seguros e adaptados ás necesidades dos máis pequenos, favorecendo a autonomía, o desenvolvemento emocional e a aprendizaxe activa.
Desde esta etapa inicial e de maneira continuada ata 2º de Bacharelato, o alumnado conta cunha persoa auxiliar de conversa nativa, o que garante unha exposición natural e progresiva á lingua estranxeira ao longo de toda a escolaridade.
Nas etapas superiores, o centro mantén un elevado nivel de esixencia académica, sempre acompañado dun seguimento próximo e individualizado. En Bacharelato, o Colexio Casa de la Virgen prepara ó alumnado non só para a Proba de Acceso á Universidade (PAU), senón tamén para o acceso a ciclos formativos de grao superior e oposicións que requiren esta etapa educativa, ofrecendo unha orientación realista, rigorosa e adaptada aos intereses e capacidades de cada estudante. Este enfoque amplo permite que o alumnado afronte o seu futuro con criterio, seguridade e alternativas diversas.
Educación de calidade e con resultado
Os resultados académicos avalan este modelo educativo. Ao longo dos anos, varios alumnos e alumnas do centro situáronse entre os máis destacados das súas promocións, froito dun traballo constante, esixente e próximo, baseado no coñecemento profundo de cada persoa e nun acompañamento educativo continuado ao longo do tempo.

Alumnado do Colegio Casa de la Virgen de Cangas. / FdV
Con décadas de traxectoria educativa en Cangas e un forte vencello coa comarca do Morrazo, o Colexio Plurilingüe Casa de la Virgen combina tradición educativa, innovación pedagóxica e valores humanos, mantendo un proxecto sólido que sitúa a persoa no centro do proceso educativo.
Nun contexto marcado polos cambios e a incerteza, o centro continúa apostando polo esencial: unha educación de calidade, un acompañamento real e unha comunidade educativa que funciona como unha auténtica familia.
Porque educar non é só transmitir coñecementos, senón estar presentes en cada etapa do camiño, desde os primeiros pasos ata a entrada na vida adulta. Ese é o compromiso do Colexio Plurilingüe Casa de la Virgen co seu alumnado e coas familias do Morrazo.
- Madonna responde al Celta y zanja el misterio de su camiseta: «¡La llevo puesta y represento a tu equipo con todo mi espíritu!»
- La científica viguesa Sara Abalde regresa a Galicia con una prestigiosa Consolidator Grant para estudiar la comunicación individual entre células cancerígenas e inmunes
- Costas plantea eliminar aparcamientos y paseos para salvar Praia América
- La salud o la nota: cuando el esfuerzo por un 13 «asfixia» en Bachillerato
- Vigo cierra al tráfico Torrecedeira desde y hacia Praza da Industria por la reconstrucción de un pozo
- «Mi vida está dividida en dos, una parte aquí, en Pontevedra y, la otra, en Brasil»
- Muere José Antonio Suárez-Llanos, referente del sector pesquero gallego, a los 71 años
- Una carambola maldita