Comeza a conta atrás para a XXVII Festa do Lacón con Grelos de Cuntis
A cita será o 22 de febreiro. O sábado 21 haberá un concerto do mítico grupo español Cómplices, dentro da súa xira Intimos

Ambiente na carpa durante a celebración de 2025. / Iñaki Abella
Moncho González
Cuntis prepárase para vivir un dos seus momentos culturais e festivos máis esperados do ano coa XXVII Edición da Festa do Lacón con Grelos, unha cita que combina tradición, gastronomía e música nunha experiencia única. Este ano, a atención centrarase especialmente no gran concerto que terá lugar o sábado 21 de febreiro, un evento que promete converter a vila no epicentro da cultura e o lecer da comarca.
O prato forte da noite será a actuación do mítico grupo español Cómplices. Teo Cardalda e María Monsonís traen á vila a súa xira “Cómplices Íntimos”, un espectáculo deseñado para repasar os grandes éxitos que marcaron varias xeracións do pop español nun formato próximo e emocionante. Tal e como recolle o cartel promocional, trátase dunha experiencia “única, próxima e emocionante”, pensada para crear unha conexión directa cos espectadores e ofrecer unha noite memorable.
Para abrir a velada, actuarán os D’Crooners Band, un grupo que está a causar sensación en cada escenario que pisa. A súa música e enerxía garantirán un arranque espectacular, preparando o público para recibir a Cómplices cunha atmosfera cargada de ritmo e emoción.
O concerto celebrarase na carpa situada xunto ao Pavillón Municipal de Deportes de Cuntis (Rúa Pedro Campos). A apertura do recinto está programada para as 20:30 horas, e o comezo das actuacións será ás 21:15 horas. As entradas, xa dispoñibles a través da plataforma woutick.com, teñen un prezo accesible de 10 euros, co obxectivo de que ninguén perda a oportunidade de vivir esta cita única.
Para o alcalde de Cuntis, Manuel Campos, este evento supón o punto culminante dun “mes máxico” na vila, no que cultura, gastronomía e tradición se dan a man. Campos convidou a veciños e visitantes a achegarse e desfrutar dunha programación que inclúe non só este gran concerto, senón tamén o TapaLacón, as celebracións do Entroido e o día grande da Festa do Lacón con Grelos.
“Queremos que Cuntis sexa o epicentro da festa e a cultura este febreiro, e este concerto é a escusa perfecta para vir, desfrutar da nosa hospitalidade e da nosa gastronomía”, destacou o rexedor, facendo fincapé na combinación de música de primeira categoría e ambiente festivo que agarda a todos os asistentes.
Con Cómplices e D’Crooners Band sobre o escenario, a XXVII Festa do Lacón con Grelos consolidarase como unha das citas máis importantes do calendario cultural galego, combinando sabor, tradición e espectáculo musical nunha experiencia que ninguén debería perder.
Tapalacón
O Tapalacón de Cuntis afronta hoxe domingo a súa última xornada como antesala do Entroido cunha nova oportunidade para degustar propostas gastronómicas baseadas no lacón con grelos nos establecementos participantes da vila.
A ruta de tapas desenvolverase en horario de 12.30 a 15.30 horas, permitindo tanto á veciñanza como aos visitantes achegarse ás distintas elaboracións culinarias que combinan tradición e creatividade arredor do produto estrela da gastronomía local.
Participan nesta edición seis locais: A Tenda da Ponte, O Parladoiro, O Moncho, o Fogar do Pensionista, O Paseo e A Bolera, que ofrecen tapas a prezos populares e algunhas propostas gratuítas.
O Tapalacón convírtese así no aperitivo perfecto para a gran cita que nos agarda en Cuntis en dúas semanas.
- El Gobierno de Portugal aplica una rebaja «extraordinaria» de los impuestos a la gasolina por la guerra en Oriente Medio
- El enredo judicial en torno a la cúpula acristalada del Celta
- Lola Galovart, Valedora da Cidadanía de Vigo, herida grave y en la UCI por el accidente de la AP-9 del sábado
- Chayanne, segunda confirmación de los conciertos de Castrelos en Vigo
- El otro milagro de Madonna con el Celta: «Hola Borja Iglesias, quería pedirte un favor; yo soy del Dépor...»
- Madonna responde al Celta y zanja el misterio de su camiseta: «¡La llevo puesta y represento a tu equipo con todo mi espíritu!»
- De aldea vaciada a destino internacional: el proyecto en el rural de Ourense de Jonathan y Adrián
- La AP-53 se sitúa entre las autopistas de España que más tráfico ganó en 2025