Un programa de longo percorrido con máis de 70 actividades
Desde o pasado 15 de xaneiro e ata finais de xuño, o Concello de Lalín aposta por un calendario cheo de propostas para todos os públicos

Presentación da cita gastronómica en Santiago de Compostela. / Xoan Álvarez
Moncho González
A Feira do Cocido de Lalín volve demostrar que é moito máis ca unha cita gastronómica concentrada nunha fin de semana. No seu marco desenvólvese un amplo programa de actividades que se estende durante practicamente a metade do ano e que converte á capital de Deza nun auténtico escenario cultural, social e deportivo. Desde o pasado 15 de xaneiro, cando botou a andar o XXVII Mes do Cocido, e ata o 27 de xuño, están previstas máis de 70 actividades pensadas para públicos de todas as idades.
A programación inclúe concertos, representacións teatrais, exposicións, congresos, feiras sectoriais, probas deportivas, festivais de música, encontros moteiros e iniciativas vencelladas á tradición e á identidade cultural galega. O calendario combina eventos xa consolidados, como a Matanza Tradicional do Porco, o Rali do Cocido ou a Carreira do Cocido, con novas propostas que amplían a oferta lúdica e cultural do municipio.
O Entroido, o ciclo das Letras Galegas, o Orgullo LGBTI, os congresos temáticos e as exposicións no Pazo de Liñares e no Museo Municipal Ramón Aller, figuran tamén entre os principais atractivos dun programa que busca atraer visitantes durante varias semanas consecutivas. A esta oferta súmanse citas específicas para o público familiar, actividades infantís, espectáculos de rúa e programación musical para diferentes gustos e xeracións.
A estratexia do Concello pasa por consolidar a Feira do Cocido como un evento que transcende a xornada central do mes de febreiro e se proxecta no tempo como un motor turístico e económico. A prolongación da programación permite manter un fluxo continuo de visitantes, dinamizar a hostalaría e o comercio local e reforzar a imaxe de Lalín como capital gastronómica de Galicia.
Así, a Feira do Cocido preséntase non só como unha festa arredor dun prato emblemático, senón como un proxecto cultural e social de longo percorrido, capaz de mobilizar a veciñanza e atraer milleiros de persoas ao longo de máis de setenta propostas diferentes.
- Madonna responde al Celta y zanja el misterio de su camiseta: «¡La llevo puesta y represento a tu equipo con todo mi espíritu!»
- La científica viguesa Sara Abalde regresa a Galicia con una prestigiosa Consolidator Grant para estudiar la comunicación individual entre células cancerígenas e inmunes
- Costas plantea eliminar aparcamientos y paseos para salvar Praia América
- Unas 150 variedades de camelias atraen a multitud de personas a Porta do Sol
- La salud o la nota: cuando el esfuerzo por un 13 «asfixia» en Bachillerato
- Vigo cierra al tráfico Torrecedeira desde y hacia Praza da Industria por la reconstrucción de un pozo
- «Mi vida está dividida en dos, una parte aquí, en Pontevedra y, la otra, en Brasil»
- Muere José Antonio Suárez-Llanos, referente del sector pesquero gallego, a los 71 años