Lalín arrecende a cocido na víspera do seu día grande
A capital dezá celebra mañá a 58 edición da súa Festa de Interese Turístico Internacional. O cirurxán Diego González Rivas será o pregoeiro

Desfile de carrozas da edición pasada da Feira do Cocido. / BERNABE
Moncho González
Lalín ultima os preparativos para a celebración da LVIII Feira do Cocido, que terá lugar este domingo, día 8, e que volverá converter á capital de Deza no epicentro da gastronomía galega. A cita chega acompañada dun amplo programa de actos que combina tradición, música e animación de rúa, consolidando unha vez máis esta festa como unha das máis emblemáticas do calendario festivo de Galicia.
Patrimonio da humanidade
O alcalde de Lalín, José Crespo, anunciaba a comezos desta semana, na presentación da Feira do Cocido en Santiago unha iniciativa para que o cocido galego sexa recoñecido como patrimonio cultural inmaterial, destacando o seu papel como símbolo da cultura de Galicia e o impacto económico local e comarcal, especialmente no sector agroalimentario.
A feira, declarada Festa de Interese Turístico Internacional, inclúe xornadas gastronómicas, actividades culturais e turísticas, e promoción do produto local. O chef Álex Iglesias destacou durante o acto a calidade do produto, a tradición na súa elaboración e o protagonismo do grelo, promovendo unha gastronomía pausada e de encontro, ao estilo slow food.
Domingo, día grande
A xornada central da 58ª Feira do Cocido de Lalín contará cun intenso programa de actos que converterá a vila nun gran escenario festivo ao longo de todo o día. A celebración arrincará ás 10.30 horas na Casa Consistorial coa recepción oficial ao pregoeiro, o cirurxián galego de prestixio internacional Diego González Rivas, así como ás autoridades e representantes da Encomenda do Cocido, que celebrarán o seu Capítulo Xeral. O pregoeiro asinará no Libro de Honra do Concello e deixará a impresión das súas mans nun molde conmemorativo.
De maneira simultánea, a partir das 10.30 horas, a Charanga Verbeneros animará as rúas da vila cun pasarrúas musical que marcará o inicio da xornada festiva. Ás 12.00 horas terá lugar a apertura oficial da Feira e a visita institucional á Carpa do Cocido, situada no Campo da Feira, un dos epicentros da celebración.
O momento central da mañá chegará ás 12.45 horas coa lectura do pregón da 58ª Feira do Cocido, que correrá a cargo de Diego González Rivas na rúa Principal. A continuación, ás 13.00 horas, desenvolverase o tradicional Desfile da Feira do Cocido, no que participarán carrozas, charangas, comparsas e agrupacións musicais procedentes de distintos puntos de Galicia.
No desfile tomarán parte, entre outros, a Asociación Cultural Carballo da Manteiga, os Cabezudos de Laxeiro, Don Cocho, a Banda de Gaitas Os Dezas de Moneixas, a porca “Lalaina”, diversas asociacións veciñais e comparsas chegadas de Arcade, Marín, Tomiño, Vilagarcía e Pontevedra, ademais de grupos de danza e música tradicional.
Xa pola tarde, ás 17.00 horas, a Charanga Km. Cero volverá percorrer as rúas de Lalín co seu pasarrúas festivo. A xornada pecharase ás 18.30 horas na Praza da Igrexa coa actuación conxunta da Charanga Ardores e da Orquestra Tequila, poñendo o broche musical a un día no que tradición, gastronomía e festa volverán ir da man.
- La «plaga» de pulpo persiste en el sur de Inglaterra: más de 400 toneladas en solo dos meses, un 450% más que el año pasado
- El Concello de Vigo intensifica la intervención para ampliar la playa de Samil: la duna de Argazada creció más de un metro en cuatro años
- Jóvenes que escapan del alquiler en Vigo y se hacen propietarios: «Todo son precios desorbitados sin sentido»
- El astillero francés Piriou se adelanta a Freire por el pedido de dos oceanográficos para Indonesia
- Vigo exhibe dinamismo urbanístico al cobijo del nuevo PXOM: se han tramitado más de 3.300 proyectos desde su aprobación
- Salgueiros perde a un mozo comprometido, cofundador de Vai Nela
- La Policía evita que la pareja de O Real okupe otra casa en Touzal
- Luz verde en Vigo a una inversión superior al millón de euros para levantar un edificio de viviendas