Cocido en conserva: tradición adaptada ao nosos tempos
A filosofía de Embutidos Lalinense baséase en respectar o ritual do Cocido Galego como patrimonio cultural e gastronómico, mantendo intacta a súa esencia desde 1949

Instalacións de Embutidos Lalinense na súa tenda física de Lalín / Tono Seijas
M. González
Hai cousas que non deberían cambiar nunca, e o ritual dun bo cocido galego é unha delas. Se algo define a Embutidos Lalinense, empresa familiar radicada en Lalín dende 1949, é a búsqueda constante de que a tradición se adapte ao ritmo de vida actual. Especializados no proceso de salgado, curación e afumado das carnes do cocido, levan décadas perfeccionando os seus produtos para que a máxima calidade sexa unha realidade diaria na mesa, incluso para quen non dispón de moito tempo para cociñar. E así o validan clientes desde a cociña dunha aldea no rural de Galicia ata a dun restaurante con Estrela Michelin.
A conserva de Cocido Galego non é un prato precociñado, nin leva conservantes: é o resultado de anos de innovación aplicada ao produto artesán. Seleccionan os mellores ingredientes: carnes de primeira (lacón, chourizo, panceta), da horta galega (grelos de temporada e patacas) e garavanzos con denominación de orixe. O resultado final é un prato que sorprende pola súa fidelidade ao cocido de sempre. A conserva de Cocido Galego de Embutidos Lalinense, cun formato de case 2 kg de peso, pode atoparse tanto en tendas físicas como online.
Unha despensa infinita: Variedade con selo propio
A oferta gastronómica de Embutidos Lalinense non remata nos produtos para a elaboración do cocido. Máis de cen referencias en carne fresca, salgada, curada, embutidos, friames cocidos (cabeza prensada, orella, lacón, lacón con grelos), asados… aos que se suman produtos únicos no mercado como os laconcitos 100% Duroc ou o xamón Gran Reserva Amancio, conforman un catálogo guiado sempre por procurar a excelencia en cada produto.
Onde atopalos: De Lalín ao mundo
Embutidos Lalinense esténdese non só por toda a xeografía galega, senón tamén por todo o territorio nacional e por varios países europeos. Teñen dous puntos de venda propios con tendas en Lalín e Agruchave, e online a través da súa web.
Grazas a unha rede loxística eficiente, os seus produtos están presentes nas mellores charcuterías, tendas e superficies de toda Galicia. Conta tamén cunha forte implantación na hostelería galega.
A formación é outra das constantes na Gastroteca que a empresa ten en Agruchave, onde se imparten obradoiros e charlas relacionadas coa saúde e a gastronomía
- Varios heridos y destrozos en el Twenty de Vigo en una pelea entre ultras del Celta y el Lyon
- Sorprendidos manteniendo relaciones sexuales dentro de un coche en el aparcamiento de un supermercado de Redondela
- La hélice del crucero «Spirit of Discovery» quedó al aire frente a la costa gallega: hubo un fallecido y más de 100 heridos
- Unos padres de Ponteareas ceden la representación legal de su hija con discapacidad a sus hermanos por falta de «competencias digitales»
- Locales de hostelería de Vigo ya exigen consumición mínima a los clientes para poder sentarse y limitan el número de carritos de bebé
- Las huelgas y el cambio de pacientes de Povisa lastran las listas de espera del Chuvi
- Cortes de tráfico en Vigo: el Celta - Lyon y la llegada de aficionados franceses alterarán la circulación
- Inhabilitado y condenado al pago de 913.000 euros un empresario de Vigo por llevar una fabricante de maquinaria a la quiebra