O retiro que merecen: un novo fogar exclusivo para maiores no corazón da Lama
Idades do Seixo abre en febreiro un espazo residencial con só seis prazas, baseado na atención personalizada, a tranquilidade e a vida en comunidade

Idades do Seixo, un fogar residencial exclusivo en A Lama. / IDADES DO SEIXO
M. González
Hai momentos da vida nos que o que máis se valora é o acougo, o aire puro e sentirse coidado como na casa. No centro da Lama vén de nacer un novo concepto de atención para persoas maiores que aposta pola calidade fronte á cantidade. Trátase de Idades do Seixo, un fogar residencial exclusivo con só seis prazas, pensado para ofrecer unha convivencia tranquila, próxima e humana.
Lonxe das grandes residencias masificadas, este proxecto preséntase como un espazo onde cada persoa conta, onde os ritmos se respectan e onde a vida diaria se desenvolve nun ambiente familiar e seguro.

Idades do Seixo aposta pola calidade fronte a cantidade. / IDADES DO SEIXO
Un enclave natural no corazón da Lama
Situado entre as serras do Suído e do Candán, no propio núcleo da Lama, Idades do Seixo combina dúas vantaxes fundamentais: a proximidade aos servizos do pobo e unha contorna natural privilexiada que invita ao paseo, á desconexión e ao benestar.
«O noso obxectivo é crear un fogar, non unha institución», explican desde o centro. A filosofía do proxecto baséase en ofrecer un lugar onde os residentes poidan seguir vivindo con dignidade, mantendo a súa autonomía pero contando coa protección e coidado necesarios.

«O noso obxectivo é crear un fogar, non unha institución». / IDADES DO SEIXO
Atención personalizada e convivencia íntima
Un dos principais valores diferenciais de Idades do Seixo é a súa capacidade reducida: só seis persoas conviven neste fogar residencial. Isto permite unha atención case individualizada, adaptando menús, actividades e horarios ás necesidades e gustos de cada residente.
A casa foi deseñada pensando no confort e na seguridade, combinando comodidades modernas cun ambiente tradicional e acolledor. Cada espazo busca transmitir calma, confianza e sensación de fogar.
A alimentación tamén ocupa un lugar central no proxecto: cociña caseira, produtos de proximidade e dietas personalizadas forman parte do día a día.

A casa foi deseñada pensando no confort e na seguridade. / IDADES DO SEIXO
Un concepto baseado no agarimo e no respecto
Idades do Seixo nace cunha idea clara: poñer no centro ás persoas. Non se trata só de residir, senón de vivir con plenitude, rodeados de compañía, natureza e coidado profesional.

Compañía, natureza e coidado profesional. / IDADES DO SEIXO
«Aquí o outono non trae soidade nin o inverno arrefría o sentir; o que prevalece é o agarimo que axuda a vivir», sinalan desde a dirección do centro, que define o espazo como un refuxio fronte á présa e ao ruído.

Habitación en Idades do Seixo. / IDADES DO SEIXO
Xornada de portas abertas e prazas limitadas
O fogar residencial abrirá oficialmente as súas portas en febreiro e xa ten aberta a reserva de prazas. Ademais, durante este mes organizaranse xornadas de portas abertas para que familias e persoas interesadas poidan coñecer as instalacións e o proxecto de primeira man.
Como promoción de benvida, ofreceranse condicións especiais durante o mes de febreiro. Tamén se poderá visitar o Centro de Día Idades do Seixo, outro dos servizos do proxecto.

O fogar residencial abrirá oficialmente as súas portas en febreiro. / IDADES DO SEIXO
Información e contacto
Idades do Seixo preséntase como unha alternativa real para quen busca tranquilidade, seguridade e un trato próximo para os seus maiores.
📍 Localización: A Lama (Pontevedra)
📞 Teléfono: 670 865 623
🌐 Web
Porque chegar a maiores é un agasallo, e vivilo na casa, un dereito.
- Olalla, acogedora de dos hermanos con dedicación exclusiva: «Ni lo haces por ti ni por trabajo o vocación, es una forma de vida»
- Cómo construir un nido artificial para aves urbanas: la recomendación de la la Sociedad Española de Ornitología para convivir con los pájaros
- El metal de Pontevedra cierra un preacuerdo «histórico» con un alza salarial del 15%
- Vuelve la Farola y vuelve el Acrópolis
- Estudiante keniata llega a un pueblo de Ourense para revitalizar el rural con un 'hub' de innovación
- Cuando el marisqueo deja de ser rentable: «Dejo el mar muy a mi pesar porque no hay ingresos, no por madrugar, el frío o el calor»
- El metal se consolida a la vanguardia de toda España en subidas salariales: así pacta la industria en comparación con otros sectores
- ¿Quién se queda con el piso de la vecina en Galicia? La Xunta investiga más de 560 herencias sin testamento en cinco años