Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Cambados leva a súa esencia á Feira Internacional de Turismo

As ruínas de Santa Mariña recibiron o galardón de «Lugar Mágico de España» » O Concello mostrou dende Fitur ao mundo «todo o que nos fai únicos»

Equipo do Concello de Cambados en Fitur 2026.

Equipo do Concello de Cambados en Fitur 2026. / FdV

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Cambados non faltou á cita de referencia do turismo internacional, Fitur. Durante estes días, o Concello participou en sendos actos compartidos coa Mancomunidade do Salnés e coa Deputación de Pontevedra, sumando esforzos para «poñer en valor o noso territorio como destino de referencia».

«Seguimos traballando para que Cambados siga brillando, dentro e fóra de Galicia», explican desde o Concello. Fitur foi un bo escaparate para esta misión, onde Cambados contou cun espazo propio para a presentación da súa campaña turística.

Unha vila máxica

O encanto da vila xa está máis que demostrado coas distincións das que goza, coma a de «Cidade do Viño de España» ou a de «Pueblo Mágico de España», outorgada pola prestixiosa Asociación Pueblos Mágicos de España. Precisamente, na actual edición de Fitur Cambados recolleu o galardón «Lugar Mágico de España», que recaeu nas ruínas de Santa Mariña, e que outorga esta mesma organización.

«É un recoñecemento que nos enche de orgullo e que reforza o valor do noso patrimonio histórico e simbólico», declaran dende o Concello.

As ruínas de Santa Mariña cumpren cos requisitos desta distinción: son un lugar «auténtico e singular», integrado no entorno rural e de gran valor. De feito, no ano 2014 foi declarado coma o terceiro monumento funerario máis importante de España pola Asociación de Cementerios Significativos de Europa (ASCE).

«Todo o que nos fai únicos»

Ademais de vivir este «momento moi especial» no stand de Pueblos Mágicos de España, Cambados mostrou ao mundo en Fitur «todo o que nos fai únicos: patrimonio, paisaxe, gastronomía, cultura e identidade».

A vila é a capital do Albariño de Galicia e cada mes de agosto acolle a Festa do Viño Albariño, recoñecida como festa de interese turístico internacional. E nada combina mellor que unha copa deste viño que o peixe e o marisco, outros dos produtos estrela da zona.

A riqueza patrimonial de Cambados tamén é de gran valor. A historia do municipio está contada a través da pedra, con exemplos coma os sete pazos históricos que agocha no seu casco vello, datados entre os séculos XVII e XIX.

Tracking Pixel Contents