Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

As empresas do Morrazo convértense nos elfos do Nadal

FECIMO lanza a campaña máis agardada, que repartirá 8.000 euros en premios entre os clientes do comercio local

A perfumería Arumes, lista para o Nadal.

A perfumería Arumes, lista para o Nadal. / Cedida

O Nadal xa chama á porta… e no Morrazo chega acompañado dunha auténtica invasión de maxia e ilusión. Este ano, os elfos toman as rúas da comarca para lembrarnos que, detrás de cada momento especial, hai persoas que fan posible a ilusión.

En todas as historias de nadal, os elfos traballan en equipo, crean agasallos e axudan a Papá Noel a levar felicidade a todos os fogares. E no noso día a día… quen fai esa labor? Os nosos comercios. As nosas empresas. A nosa xente.

Os comerciantes do Morrazo son os verdadeiros elfos que, con entusiasmo e profesionalidade, acompañan cada compra: recomendan o detalle perfecto, envolven con cariño cada agasallo e imaxinan a expresión de sorpresa dos máis cativos ao abrilo. Sen eles, a maxia non existiría.

A campaña máis agardada regresa ao Morrazo

Coa ilusión de sempre e máis forza que nunca, FECIMO pon en marcha a súa tradicional Campaña de Nadal, “Ti es a nosa Estrela do Nadal”, unha iniciativa pensada para dinamizar o comercio de proximidade e agradecer a confianza das persoas que cada día apostan polo produto local. Mercar no Morrazo ten premio, e ademáis un premio ben grande.

En total, a campaña disporá de 8.000 € en premios para celebrar o Nadal no comercio local, con 5.000 € en premios directos durante toda a campaña e 3 premios de 1.000 € no Gran Sorteo Final (un por cada concello participante)

Todos os premios serán entregados en Tarxetas Regalo do Comercio Local, válidas exclusivamente nos establecementos adheridos. Un xeito perfecto de seguir apoiando a economía da comarca e fomentar o consumo de proximidade.

Como participar na maxia?

O procedemento é moi sinxelo. Entre o 9 de decembro de 2025 e o 8 de xaneiro de 2026, cada compra igual ou superior a 10 € nos comercios participantes dá acceso a premios directos nese mesmo intre, e tamén á participación automática no Gran Sorteo Final, con 3 premios de 1.000 euros en cada un dos concellos da comarca, Bueu, Cangas e Moaña.

Deste xeto, so será preciso gardar o boleto co código alfanumérico, entrar en www.comerciodomorrazo.com, premer no banner da campaña, introducir o código e descubrir se eres un dos premiados ao momento.

É importante ter en conta que, aínda que non toque ningún premio directo, todos os códigos rexistrados entran no Gran Sorteo Final, que terá lugar o vindeiro 9 de xaneiro.

Ambientación especial

Para facer desta campaña unha experiencia diferente, os comercios tamén recibiron, por parte de FECIMO, un lote especial de Nadal que inclúe cartelería e paquetería de regalo, cartas de desexos para Papá Noel e Reis Magos, mandís e gorros de elfo para que os comerciantes se convertan nos protagonistas da maxia. Os máis pequenos (e tamén os maiores) gozarán dunha atmosfera única que converterá cada compra nun momento especial.

Cartelería de FECIMO nun dos establecementos.

Cartelería de FECIMO nun dos establecementos. / FdV

Un Nadal con selo do Morrazo

A campaña está organizada por FECIMO, a través das asociacións ACIBU, ACICA e ACIMO, e conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comercio. Colaboran tamén a Deputación de Pontevedra eAbanca.

Tracking Pixel Contents