Redondela inaugura a tempada de Nadal cun amplo programa de actividades familiares nas parroquias
O acendido das luces este pasado sábado encheu a Praza do Concello de alegría e bo ambiente
O III Ciclo Infantil Interparroquial de Nadal contará con trece espectáculos desde o 19 de decembro ata o 4 de xaneiro

Acto de acendido das luces de Nadal de Redondela. / Pablo Hernández Gamarra
Chegou a época máis máxica do ano a Redondela. Este pasado sábado, as luces de Nadal prendéronse cun acto especial na Praza do Concello, dando así inicio oficial á programación cultural destas datas, pensada para as familias e a cativada.
A iluminación de Nadal non se limitan aos núcleos urbanos, senón que se estende polas 13 parroquias do municipio con figuras decorativas nas rúas, prazas, alamedas, xardíns e elementos singulares.
Ademais, as parroquias teñen un protagonismo especial nas actividades programadas para as próximas semanas: por primeira vez, o III Ciclo Infantil de Nadal Interparroquial contará con espectáculos en todas elas.

Ambiente na Praza do Concello durante o acendido das luces de Nadal. / Pablo Hernández Gamarra
O obxectivo do Concello é «achegar ás parroquias actividades culturais de calidade e en galego ao longo das vacacións escolares de Nadal».
III Ciclo Infantil de Nadal: actuacións e datas
O ciclo infantil celebrarase entre os días 19 de decembro e 4 de xaneiro e contará cun total de 13 espectáculos de maxia, teatro e música para os máis pequenos. Todas terán lugar ás 18:00 horas.

Familia posando cos adornos de Nadal en Redondela. / Pablo Hernández Gamarra
Este é o programa:
- 19 de decembro: o grupo de música redondelán As Tareixas, no Centro Cultural de Ventosela.
- 20 de decembro: Brais das Hortas, no Centro Cultural de Quintela co espectáculo “Zona de Obras”.
- 21 de decembro: Paco Nogueiras e o espectáculo “Son animal”, no Centro Cultural de Cesantes.
- 22 de decembro: Fantoches Baj coa obra “O castiñeiro do Apalpador”, na Sociedade Labrego Cultural do Viso.
- 23 de decembro: Peter Punk, no Centro Cultural de Saxamonde.
- 26 de decembro: o "Show de Fifo", no Centro Cultural de Negros.
- 27 de decembro: a compañía Títeres Alakrán co teatro de monicreques “Barriga Verde”, no Centro Cultural de Cedeira.
- 28 de decembro: o ilusionista Cayetano Lledó, no Auditorio da Xunqueira.
- 29 de decembro: Animar-T e o espectáculo musical “A Bailar no Nadal”, no Centro Cultural de Trasmañó.
- 30 de decembro: Ce Orquestra Pantasma no Centro Cultural de Reboreda.
- 2 de xaneiro: a compañía redondelá Tanxarina, no Centro Cultural de Cabeiro.
- 3 de xaneiro: espectáculo musical de Pakolas no Centro Cultural de Vilar de Infesta.
- 4 de xaneiro: “Os Bolechas” estarán o auditorio do Piñeiral do Crego en Chapela.
Visitas de Papá Noel en Redondela e Chapela
Do 17 ao 24 de decembro as nenas e os nenos poderán visitar a Casa de Papá Noel que, como en anos anteriores, quedará instalada na Alameda Castelao. Os horarios de visita serán de 17:00 a 19:30 horas todos os días, agás o día 24, que será en horario será de mañá, de 11:00 a 14:00 horas.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, no acendido das luces o sábado. / Pablo Hernández Gamarra
Papá Noel tamén se instalará en Chapela, na alameda Rosalía de Castro, do 20 ao 23 de decembro en horario de 17:00 a 20:00 horas.
Os cativos que o desexen poderán contactar con Papá Noel a través da pantalla. Poderán facelo a partir do 12 de decembro na páxina web www.nadalenredondela.com.
Festa Pre Fin de ano e Cabalgatas
Redondela despide o ano por anticipado cunha festa Pre Fin de ano o 30 de decembro. Será a partir das 21 horas no campo da feira con concerto e discoteca móbil.
As cabalgatas de Reis celebraranse, como é habitual en Redondela e Chapela, o día 5 de xaneiro a partir das 18.00 horas. O día 6, a vila vivirá un dos días máis grandes do ano coas tradicionais Rondallas e os Ranchos de Reis desde as 10.00 horas polas rúas do centro da vila.
Máis actividades

O edificio do Concello brillando coa súa decoración de Nadal. / Pablo Hernández Gamarra
A programación de Nadal complétase co concerto benéfico a favor de Cáritas o 27 de decembro o auditorio da Xunqueira.
Nos primeiros días de 2026, o 3 e 4 de xaneiro, celebraranse tamén os Festivais de Panxoliñas e Canto Tradicional.
Prema aquí para consultar a programación completa de Nadal do Concello de Redondela 2025!
Prema aquí para consultar a programación completa de Nadal do Concello de Redondela 2025!- Beatriz Fernández (27 años): «Tuve que renunciar a mucho y adaptar mi vida para conseguir ser jueza»
- Un ciclón llega a Vigo: vientos de más de 80 kilómetros por hora, lluvias fuertes y olas de hasta seis metros
- Retenciones en Vigo: varios autobuses de turistas portugueses complican el tránsito en Beiramar
- Estas son las tiendas y centros comerciales de Vigo que abren hoy, lunes 8 de diciembre
- El buque «Novaya Zemlya» descargará en Cuba tras el veto a hacerlo en España
- Vigo sella el contrato que le permitirá ejecutar su plan masivo de «humanizaciones» en 300 calles de la ciudad
- Vecinos denuncian la conversión de una discoteca en after hours
- El Concello de Vigo desembolsa ya casi 1.000 euros por vecino para sostener los servicios públicos