Rodeiro saborea o outono en petiscos
A localidade vive unha intensa fin de semana gastronómica cunha nova edición do Rodeiro de Tapas

Clientes, en uno de los locales del Rodeiro de Tapas. / FdV
Rodeiro xa está preparado para converterse, por tres días, no epicentro culinario da comarca. Do 28 ao 30 de novembro, o municipio celebrará unha nova edición do seu Rodeiro de Tapas, unha iniciativa que cada ano suma máis seguidores e que se consolida como un motor de dinamización social, cultural e comercial. Trátase dun percorrido polos bares e restaurantes locais que, a través de creacións de autor, reivindica a riqueza do produto galego e o potencial do sector hostaleiro do concello.
A actividade está organizada pola Concellería de Cultura, Turismo, Patrimonio, Comercio e Sanidade, que aposta por unha programación capaz de mobilizar veciñanza e visitantes ao tempo que impulsa aos negocios locais. Unha das claves do éxito do evento é a súa dimensión colaborativa: establecementos, empresas e administración traballan de maneira conxunta para crear unha experiencia máis completa que nunca.
Unha ruta con premio
A organización quere que o público se sinta parte do evento desde o primeiro momento. Por iso, todas as persoas que proban as tapas entran automaticamente no sorteo de comidas, estoxes de viño e produtos locais, agasallos achegados polas empresas colaboradoras da contorna.
Este sistema de participación reforza o espírito comunitario do certame: mentres a veciñanza goza dunha oferta culinaria variada, contribúe ao mesmo tempo a visibilizar o traballo de produtores e negocios da zona. A gastronomía convértese así nunha ferramenta de cohesión social e de promoción territorial.
Seis locais, seis propostas diferentes
A ruta está composta por seis locais, cada un cunha tapa propia e cun horario específico ao longo da fin de semana:
- Casa Achacán – “Xeración X”
Venres de 20:00 a 23:00; sábado de 13:00 a 15:00 e de 20:00 a 23:00; domingo de 13:00 a 15:00.
- Casa Sánchez – “Outono inyectado”. Venres de 19:00 a 23:00; sábado de 13:00 a 15:00 e de 19:00 a 23:00; domingo cos mesmos horarios.
- Gastrobar Desito – “Bereguela”. Venres de 19:00 a 23:00; sábado de 19:00 a 23:00.
- Maranteiro – “Sabor a outono”. Venres de 19:00 a 22:30; sábado de 19:00 a 22:30; domingo de 19:00 a 23:00.
- Bruxas e Coruxas – “Estrela de outono”. Venres de 19:00 a 23:00; sábado de 13:00 a 15:00 e de 19:00 a 23:00; domingo de 13:00 a 15:00 e de 19:00 a 21:30.
- Café Bar Centro – “O outono en dous sabores”. Venres de 19:00 a 23:00; sábado e domingo de 13:00 a 15:00 e de 19:00 a 23:00.
Cada proposta pretende condensar a esencia do outono nun só bocado, combinando produtos de tempada, creatividade e identidade local.
Con cada edición, o Rodeiro de Tapas amplía o seu alcance e reputación. O que comezou como unha pequena iniciativa local é hoxe un evento que mantén viva a economía da hostalaría, promove a cultura culinaria e reforza a identidade da vila nun momento do ano no que o outono ofrece unha paleta de sabores incomparable.
Ademáis, os diferentes horarios dos establecementos permiten organizar a ruta ao longo de todo o día: mediodía, tarde e noite. Esta franxa ampla facilita que cada persoa poida escoller o seu propio ritmo e completar o percorrido sen présas, nun ambiente agradable e festivo.
A organización lembra que a participación no sorteo é automática simplemente probando as tapas, polo que anima a todo o mundo a visitar os locais e deixar constancia da súa experiencia.
- El buque «Novaya Zemlya» descargará en Cuba tras el veto a hacerlo en España
- «Tuve que renunciar a mucho y adaptar mi vida para conseguir ser jueza»
- El emblemático Hotel Bahía de Vigo renueva su imagen: adiós a los azulejos azules y más de 5,4 millones de inversión
- Retenciones en Vigo: varios autobuses de turistas portugueses complican el tránsito en Beiramar
- El ourensano Diego Fuentes, futuro 'copadre': «Pensé que no tenía por qué ser peor que otro sistema porque al final se trata de conocer a alguien con quien establezcas una afinidad»
- ¿Por qué conviven vecinos y huéspedes en el Hotel Bahía de Vigo?
- Villa Elisa ya es propiedad municipal
- Punto y final a la burla de Cerdedo