Ponte Caldelas celebra a súa gran cita coa artesanía
Máis de 30 artesáns participarán na 9ª Feira de Artesanía da vila esta fin de semana

Postos na festa de artesania doutros anos. / Cedida
Ponte Caldelas prepárase para acoller, un ano máis, a súa xa consolidada Feira de Artesanía e Produtos Ecolóxicos, que celebra esta fin de semana —29 e 30 de novembro— a súa novena edición. A Praza de España, corazón social e cultural da vila, transformarase nun amplo punto de encontro tanto para artesáns como para visitantes e afeccionados aos produtos elaborados de maneira tradicional. Para iso instalarase unha gran carpa, que permitirá reunir nun mesmo espazo unha escolma de creacións únicas e que dará cabida a máis de 30 expositores procedentes de distintos rincones de Galicia.
Variedade artesanal
O horario da feira será de 11.00 a 20.00 horas, un amplo tramo no que o público poderá pasear comodamente polos diferentes postos e descubrir unha extensa gama de creacións artesanais. Entre elas figuran propostas tan diversas como roupa de lá elaborada de maneira tradicional, pezas de cerámica feitas a man, madeira tallada con técnicas propias da artesanía galega, ou vidro tallado con procesos minuciosos que amosan a habilidade dos expositores.
Tamén haberá espazo para complementos de bisutería, bolsos, marionetas, xoguetes de madeira, xabóns naturais, artigos de coiro, esculturas realizadas con area e mesmo debuxos inspirados na arte rupestre, así como unha pequena exposición de minerais, que permitirá achegarse a outras formas de artesanía e colección.
Actividades para todos os públicos
Ademais da ampla oferta expositiva, a feira incluirá ao longo das dúas xornadas un completo programa de actividades paralelas, pensado para dinamizar o evento e ofrecer propostas adaptadas a todas as idades. O público poderá gozar de música tradicional, que contribuirá a crear un ambiente festivo e cercano; obradoiros infantís, nos que os máis pequenos poderán experimentar co mundo da artesanía; demostracións de oficios, que permitirán ver en directo como traballan os artesáns; e pinchos gratuítos que se ofrecerán aos asistentes. Tamén haberá espectáculos de maxia, sorteos e outras sorpresas que se irán desvelando ao longo da fin de semana.
A organización desta novena edición corre a cargo da Asociación Das Miñas Mans, unha entidade con longa traxectoria na promoción do traballo artesanal, e conta coa colaboración do Concello de Ponte Caldelas, que apoia o evento ano tras ano. Co paso do tempo, esta feira converteuse nunha cita imprescindible na comarca do Verdugo-Oitavén, consolidándose como un escaparate destacado da artesanía galega e un espazo que pon en valor o traballo feito a man e as tradicións que perduran no territorio.
Con máis de 30 artesáns participantes e unha oferta tan diversa como orixinal, a 9ª Feira de Artesanía e Produtos Ecolóxicos promete encher Ponte Caldelas de creatividade, tradición e ambiente festivo durante toda a fin de semana, reafirmando o seu papel como encontro de referencia para os amantes da artesanía de calidade.
- Mueren una mujer de 51 años en un accidente de tráfico en Muíños y su marido tras recibir la noticia
- La Clínica Pintado se despide tras 70 años dando a luz a miles de vigueses
- Una cuidadora que volvía de trabajar y un obrero jubilado: un mortal accidente de tráfico que consterna a todo un pueblo
- Calamar, pota, potón: ¿Quién pesca el qué, dónde y en qué condiciones?
- «A los niños ya no se le caen los dientes»
- La rotura de un colector obliga a cerrar de forma urgente una calle del centro de Vigo durante 15 días
- Un buque ro-ro de 200 metros de eslora solicita asistencia a 8 millas de la ría de Vigo
- Davila 03/12/2025